– TRABALLAMOS EN EQUIPO?

VIAXEIRA

Trátase dunha actividade grupal e individual que pretende darlle ao alumnado unha visión xeral sobre a situación das mulleres, da situación da lingua e da poesía dos últimos 200 anos.

TURISTAS DE PALABRA

Webquest de Rosa Salgueiro para traballar a expresión escrita, dirixido a 3º ou 4º de ESO ou á Diversificación Curricular.

A webquest simula un intercambio turístico: o alumnado ten, primeiramente, que informarse sobre Brasil, Arxentina, China e Irlanda para escoller o destino da súa viaxe; posteriormente, deberá elaborar un folleto de viaxe sobre Galiza para os turistas cos que vai realizar o intercambio.