– As linguas no mundo

AS LINGUAS NO MUNDO

(U.D. Sociolingüística para 2º ciclo de ESO)

 

ALGUNHAS ACLARACIÓNS TERMINOLÓXICAS NECESARIAS

 

DOCUMENTO 1:

CONSULTA OS SEGUINTES ENLACES:

UNHA REALIDADE PLURILINGÜE

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA (DICCIONARIO DE TÉRMINOS CLAVE DE ELE)

PAIS E NAIS DENUNCIAN A SUPRESIÓN DO PROGRAMA DE INMERSIÓN EN CONTEXTOS CASTELANFALANTES

BILINGÜISMO

BILINGÜISMO E DIGLOSIA

BILINGÜISMO UNILATERAL

COOFICIALIDADE ASIMÉTRICA

ACTIVIDADE A PARTIR DOS ENLACES DE DOCUMENTOS 1:

  1. 1. Despois de consultar os enlaces anteriores, define PLURILINGÜISMO, LINGUA MINORITARIA, LINGUA MINORIZADA, INMERSIÓN LINGÜÍSTICA, BILINGÜISMO, BILINGÜISMO UNILATERAL, DIGLOSIA e COOFICIALIDADE ASIMÉTRICA.

 

DOCUMENTO 2:

VE O VÍDEO: PRINCIPAIS FENÓMENOS DAS LINGUAS EN CONTACTO

(Vídeo dirixido por Luciano Fernández) (Duración: 16’40”)

ACTIVIDADE A PARTIR DO VIDEODOCUMENTO 2:

  1. 1. A que conceptos da sociolingüística se fai referencia no vídeo?

 

A DIVERSIDADE DE LINGUAS NO MUNDO

 

DOCUMENTO 3:

VE O VÍDEO:  IN LANGUAGE WE LIVE (VOICES OF THE WORLD)

(Documental danés dirixido por Janus Billeskov Jansen e Signe Byrge Sørensen) (Duración: 60 minutos)

ACTIVIDADE A PARTIR DO VIDEODOCUMENTO 3:

  1. 1. Indica cinco razóns que xustifiquen a necesidade de protexer as linguas.
  2. 2. Os prexuízos lingüísticos son exclusivos dos galegofalantes e castelanfalantes? Razoa a resposta.

 

DOCUMENTO 4:

CONSULTA A PRESENTACIÓN:  O GALEGO O NOSO MEDIO NATURAL. ECOLINGÜISMO

[para os primeiros niveis:  Ecolingüismo (en .pdf)]

ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 4:

  1. 1. Que relación existe entre a situación dos ecosistemas naturais e a das linguas do mundo?
  2. 2. No mundo natural, con que se asocia a asimilación lingüística?
  3. 3. O ecolingüismo explica o paralelismo entre o perigo de extinción dunha especie e a minorización dunha lingua? Ou entre o perigo de extinción dunha especie e a substitución dunha lingua? Razóao.
  4. 4. Por que son importantes as linguas de poucos falantes para o plurilingüismo?
  5. 5. Cantas lingua existen na actualidade?
  6. 6. Cantas linguas desaparecen cada ano?
  7. 7. Cantas especies de flora e fauna se perden ao día?
  8. 8. Das linguas do mundo que porcentaxe está libre da ameaza de desaparición?
  9. 9. Segundo a UNESCO, que linguas están en perigo de extinción na península ibérica?

 

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

 

DOCUMENTO 5:

VE O VÍDEO: LINGUA MINORITARIA

(Autores: Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez) (Duración: 2’25”)

ACTIVIDADES A PARTIR DO VIDEODOCUMENTO 5: 

  1. 1. Intención do vídeo.
  2. 2. Que tres ideas destacarías das enunciadas no vídeo?

 

DÚAS LINGUAS MINORITARIAS: O CASO GALÉS E O CASO BRETÓN

 

DOCUMENTO 6:

VE O VÍDEO: EUROPEOS: AS LINGUAS MINORITARIAS DE EUROPA

(Documental de Euronews) (Duración: 8 minutos)

ACTIVIDADES A PARTIR DO VIDEODOCUMENTO 6:

  1. 1. Como é o ensino do galés en Gales?
  2. 2. Comenta a situación do ensino do bretón na Bretaña Francesa. Que dous tipos de ensino se dan?
  3. 3. Compara a política lingüística que se aplica ao galés coa política lingüística que se lle aplica ao bretón.
  4. 4. Compara os usos sociais de ambas linguas.

 

DOCUMENTO 7:

CONSULTA A WEB: LINGUA MÓN. CASA DE LES LLENGÜES

ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 7:

    1. 1. Cantos falantes de catalán hai en Cataluña? Cal é o seu status legal?
    2. 2. Cantos falantes de catalán hai en Valencia? Cal é o status legal do catalán en Valencia?
    3. 3. Cal é o número de falantes de galego na Galiza?
    4. 4. Cantos falantes de portugués hai en Portugal? E no Brasil?
    5. 5. Cantos falantes hai de español?
    6. 6. Cantos falantes hai de galés?  Cal é o status legal do galés?
    7. 7. Cantos falantes hai de bretón?  Status legal do bretón.
    8. 8. Cantos falantes hai de danés?  Status legal do danés.
    9. 9. Cantos falantes hai de inglés? Cal é o seu status legal nos Estados Unidos de América?
    10. 10. Cantos falantes hai de árabe?
    11. 11. Cantos falantes hai de chinés mandarín? Cal é o seu status legal?
    12. 12. Cantos falantes hai de chinés cantonés? Cal é o seu status legal?

 

TRABALLO DE SOCIOLINGÜÍSTICA SOBRE LINGUAS MINORIZADAS

 

DOCUMENTO 8:

CONSULTA:  LINGUAS EN CONTACTO: AS LINGUAS MINORIZADAS (introdución, guión e bibliografía do traballo de investigación sociolingüística proposto polo profesor Román Cerqueiro Landín)

ACTIVIDADES A PARTIR DO DOCUMENTO 8: 

  1. 1. Elaboración dun traballo de sociolingüística en grupo seguindo os seguintes pasos:
  2. — Unha vez adxudicada a cada grupo a lingua que será obxecto da investigación,  procurarase e seleccionarase a información na rede a partir do guión común e bibliografía específica na rede.
  3. — Elaboración dunha presentación de diapositivas seguindo as pautas para a realización de presentacións académicas da profesora Pilar Ponte.
  4. — Exposición oral de cada traballo na aula co apoio da presentación de diapositivas, tendo en conta as recomendacións e táboa de avaliación para a exposición oral do profesor Román Cerqueiro Landín.

 

Licenza de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0 Unported de Creative Commons.