Camiño á escola
Xoves Outubro 20th 2016,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Camiño á escola

Sur le chemin de l’école é un documental realizado por Pascal Plisson no ano 2013. Nel amósase como en catro lugares diferentes do mundo os nenos e nenas viven experiencias moi diferentes para asistir ás súas escolas, demostrando o valor que ten a educación para eles.

Non hai tanto tempo no mundo occidental tamén era así, aínda que agora, como destaca o primeiro fotograma deste documental, “esquecemos con frecuencia que a escola é unha sorte”.

Máis información na web Camino a la Escuela.

cheminecole

 



Os dereitos de gays e lesbianas son dereitos humanos
Martes Decembro 06th 2011,
Filed under: Videocampaña
Comentarios desactivados en Os dereitos de gays e lesbianas son dereitos humanos

Campaña contra a homofobia da Asociación Internacional de Gays e Lesbianas – ILGA – Europe:



Traballo infantil
Sábado Xuño 12th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Traballo infantil

“215 millóns de nenos traballan para sobrevivir”

“A metade faino “nas peores formas de explotación” e desde os cinco anos”

Titular e subtitular do Galicia Hoxe de hoxe.

E xorde unha pregunta: Tamén traballan as nenas para sobrevivir? Polo títular de prensa que acabamos de ler poderiamos pensar que as nenas non, pero por desgraza tamén traballan e en todo tipo de traballos.

A explotación infantil é un fenómeno planetario e, aínda que afecta especialmente aos países en vías de desenvolvemento, tamén están implicados nel os países industrializados e  tod@s somos responsables por permitir que siga existindo e por mirar para outro lado.

ARTIGO DE PRENSA

“215 millóns de nenos traballan para sobrevivir” artigo publicado en Galicia Hoxe (12/06/2010)



Os dereitos da infancia
Sábado Xuño 12th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Os dereitos da infancia

A Convención sobre os Dereitos do Neno (ou CDN) é un tratado internacional das Nacións Unidas sobre os dereitos do neno, que posúe 54 artigos que recoñecen que todas as persoas menores de 18 anos teñen dereito a ser protexidos, desenvolverse e participar activamente na sociedade, establecendo que os nenos e nenas son suxeitos de dereito.

Foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1989 e é o tratado internacional que reúne ao maior número de estados partes. Foi ratificada por todos os estados do mundo,  agás Somalia e Estados Unidos de América, este último fundamentalmente debido á prohibición da aplicación da pena de morte a nenos. (Galipedia)

Estanse a cumprir os dereitos dos nenos e nenas?



Que é a compra pública responsábel?
Venres Xuño 11th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Que é a compra pública responsábel?

Sabías que o gasto das administracións públicas equivale ao 18% do PIB da Unión Europea. Isto supón unha elevada capacidade de incidencia sobre o mercado, coa responsabilidade ambiental e social que conleva. Por iso as iniciativas a favor da compra pública responsábel están medrando desde hai algúns anos, pois mudar os criterios de compra e contratación pode convertilos en ferramentas de transformación cara á sustentabilidade ecolóxica e a xustiza.

Un exemplo: Guía de Compra Pública Responsábel de Uniformes e Produtos Téxtiles.

Outro exemplo: Comercio Xusto

Fonte: Consomes ou Devoras?

NOTICIA RELACIONADA

“O Concello de Ferrol súmase á compra pública responsábel” artigo publicado en Vieiros (11/06/2010)



Consomes ou devoras?
Venres Xuño 11th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Consomes ou devoras?

Consomes ou devoras? é o nome dunha web sobre consumo responsábel, é dicir, un consumo xerador de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social.

Infórmate sobre este tipo de consumo na Guía de consumo responsábel elaborada por Verdegaia.

Tamén podes descargala en pdf: Guía de consumo responsábel en .pdf