Volver a casa por Nadal. Xabarín & Xababanda
Luns Decembro 24th 2012,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Volver a casa por Nadal. Xabarín & Xababanda

Panxoliña pop interpretada polo Xabarín & Xababanda, recomendada por Luís Lago (3º ESOB). Grazas, Luís! E Bo Nadal a tod@s!

 

Neve nas montañas

tres magos que veñen e van

panxoliñas doces

cantamos porque é Nadal.

 

En primavera hai que voar,

nadar na praia no verán,

pasar o outono en Nova Iorque,

volver a casa por Nadal.

 

Chegou o tempo de soñar,

sen deixarmos de xogar,

nun mundo cheo de paz,

fogares cheos do amor.

Quen colleu o mando da televisión?

 

En primavera hai que voar,

nadar na praia no verán,

pasar o outono en Nova Iorque,

volver a casa por Nadal.

 

Todo o tempo sen parar,

volver a casa por Nadal.

 



O cometido. Chouteira
Luns Decembro 24th 2012,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en O cometido. Chouteira

“O cometido” é unha panxoliña interpretada por Chouteira e publicada en Cantigas de Nadal, un cd recompilatorio editado por BOA Music en 1998.

Recomendóunola Sara Rodríguez (3º ESO B) e vén que nin pintada para estes tempos de crise… Grazas, Sara!!! E a ver se entre tod@s somos quen de darlle unha volta a tanta inxustiza e o mundo se volve un lugar máis amable!!!

 

Foron tres magos de Oriente
a cumprir o cometido,
alagóuselle a patera 
na metade do camiño,
apareceu ao rescate
unha lancha de aduanas.

E de guatemala para guatepeor,
non escapa ninguén
de tanto control (bis)

E fixéchela ben e fixéchela boa
non nos deixan en paz
nin en Noiteboa.
E fixéchela boa e fixéchela ben
que nos deixen en paz
para o ano que vén.

A Virxe e máis o virutas
miran onde se deitar,
non hai sitio nas pousadas
e ocupan un portal.
Dous anxiños de paisano
van facer o desaloxo.

E de guatemala para guatepeor,
non escapa ninguén
de tanto control (bis)

E fixémola ben...

Por entrementras os magos
seguen en comisaría,
con problemas de papeis
fartos de ver a policía.
Aquí no canto da Europa
non é todo cousa linda.

E de guatemala para guatepeor,
non escapa ninguén
de tanto control (bis)

Letra da panxoliña en .pdf para imprimir


Nadal de Luíntra. Berrogüetto
Luns Decembro 24th 2012,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Nadal de Luíntra. Berrogüetto

“Nadal de Luíntra” é unha panxoliña interpretada por Berrogüetto e publicada en Cantigas de Nadal, un cd recompilatorio editado por BOA Music en 1998.

 

Cara a Belén camiña 
unha nena ocupada, 
fermosa, en canto a ela 
San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén 
e pediron pousada, 
responderon de adentro 
con voz alborotada:

Quen chama á miña porta?
Quen á porta me chama? 
Somos Xosé e María 
que pedimos pousada.

Se traen cartos que entren, 
e se non que se vaian. 
Cartos non traerei 
máis ca un real de prata.

Ises son poucos cartos,
pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba,
María o consolaba.

Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada.
Que máis cartos ti queres
que isto que me acompaña.


Letra da panxoliña en pdf. para imprimir


…unha pouca roupiña
Luns Decembro 24th 2012,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en …unha pouca roupiña

 

Imos levar unha pouca roupiña,

tres polas, dous galos mais unha galiña,

un añiño, dúas pombas sen pel,

seis rulas ao xeito e un tarro de mel.

 

Ai, meu neno, meu rei, meu meigiño,

non tes un alberge, non tes un leitiño,

sen arrimo nas pallas estás,

ai, meu queridiño, que frío terás!

 

Letra: Tradicional.

Música: Tradicional.

Arranxos: Paulo Nogueira e Magoia Bodega.

Intérpretes: 

Xosé Luís Rivas (Mini): voz. Paulo Nogueira: pandeiro.

Esta panxoliña está incluída no CD recompilatorio O quiquiriquí, que a Asociación de Gaiteiros editou en 2007.