O castro de Viladonga
Martes Outubro 11th 2016,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en O castro de Viladonga

Presentación e historia do Castro de Viladonga

Vídeo con demostracións virtuais da aparencia do Castro de Viladonga na antigüidade con reprodución do estilo de vida dos séculos segundo e primeiro antes de Cristo.



Galicia castrexa e romana
Martes Outubro 11th 2016,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Galicia castrexa e romana

Galicia terra única. Capítulo 1. Lugo. Galicia castrexa e romana.

 



Oliver Laxe
Luns Xuño 28th 2010,
Filed under: Cine,Videoentrevista
Comentarios desactivados en Oliver Laxe

O cineasta Oliver Laxe entrevistado no Play-Doc de Tui para o programa “Planeta Cine”, fala da súa visión de Galicia, do seu cine e dos seus proxectos:

París#1 (Oliver Laxe, 2007)

Presentación do filme para o programa da TVG “Onda curta” durante o Indielisboa 2009. París#1 foi rodado en Galicia, nos Ancares, en formato Super 16mm:

Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010)

Tres fragmentos da película Todos vós sodes capitáns, a súa primeira longametraxe, rodada en Tánger en darisha, o árabe de Marrocos, e que vén de recibir en Cannes o prestixioso premio da Federación Internacional de Críticos de Cine, Fipresci:

ARTIGOS DE PRENSA

París#1 na prensa:

“Dende a distancia pódese aprehender mellor a esencia das persoas filmadas” Vieiros (06/04/2009)

Todos vós sodes capitáns na prensa:

Oliver Laxe presenta “Todos vós sodes capitáns”, único filme español en Cannes Fotogramas (19/05/2010)

A acollida dos capitáns estractos de críticas na prensa internacional

O galego Oliver Laxe gaña o premio da crítica en Cannes

A crítica de Cannes premia o director galego Óliver Laxe

A imaxe ontolóxica publicado en Galicia Hoxe (23/05/2010)

Oliver Laxe: “Debo decidir que cineasta quero ser” publicado en Xornal de Galicia (06/07/2010)



A historia de ser muller. Historia de Galicia con perspectiva de xénero.
Mércores Abril 14th 2010,
Filed under: Muller e historia
Comentarios desactivados en A historia de ser muller. Historia de Galicia con perspectiva de xénero.

Historias de Galicia Capítulo 11: “A historia de ser mulleres”

María Pita (A Coruña 1556-Cambre 1643) // A muller no agro (século XIV):

Os traballos das mulleres e os traballos dos homes na Idade Media // As obreiras da fábrica de tabacos da Coruña // As pioneiras do traballo intelectual no século XIX:

O acceso das mulleres ao ensino na Segunda República, no século XX:

Pódense ver máis capítulos de Historia de Galicia en Televisión á carta.



E se a vasca levase algo de razón?
Xoves Abril 08th 2010,
Filed under: Opinión
Comentarios desactivados en E se a vasca levase algo de razón?

Marcelino Fernández Mallo

Artigo de opinión de Marcelino Fernández Mallo publicado en Vieiros (02/03/2010)

O que máis me sorprendeu da infausta frase da vasca ultraespañolista foi a falta de conexión aparente entre pregunta e resposta. Quero dicir que, pretender descualificar co termo “gallego” a un suxeito non nacido en Galicia, implica ter moi gravada tal asociación na mente. Ó meu entender, o miolo da historia atópase no proceso de gravación, no método mediante o cal tal asociación penetra nun cerebro en principio neutral.

Mesmo despois chegou a contrarréplica, se cadra aínda máis intempestiva cá declaración orixinal. Entón un decátase de que algo de maior fondura está a operar, algo que merece ser analizado lonxe da visceralidade. E o primeiro que lle chimpa á cabeza son as imaxes da vasca ultraespañolista a carón da Gloria Lago e os seus mariachis monolingüístas entre os que atopamos, por exemplo, a Alfonso Rueda e a Corina Porro, actual Conselleiro da Presidencia e anterior alcaldesa da cidade máis populosa do País. Compartirán Alfonso Rueda e Corina Porro a opinión da súa compañeira de manifestación? E fóra de Galicia, que cren: haberá moitos que compartan tal pensamento? De onde lles virá idea tan fatídica?

Se cadra, do propio goberno… Recordemos que é Núñez Feijóo quen goberna en Galicia tralo exercicio electoral soberano do pobo galego: Núñez Feijoo, o mesmo que impediu a promulgación dun Estatuto de primeiro nivel para Galicia, quen retirou o noso País do grupo de cabeza na configuración do Estado para postergalo no pelotón das Comunidades sen dereitos históricos nin vocación de autogoberno. E a carón de quen goberna este home? Pois duns conselleiros que, coma el, renegan abertamente, sen prexuízos, dos riscos diferenciais de Galicia e dos seus sinais de identidade. Ademais do mencionado, velaí Jesús Vázquez, Javier Guerra, Beatriz Mato, Roberto Varela… son galegos inda que non o pareza tendo en conta a súa acción de goberno. Actúan en contra da cultura galega, da lingua galega, da bandeira galega, ata da toponimia e antroponimia galegas… de todo canto supoña un factor de autoidentificación ó tempo que promoven pautas e códigos aliñantes con outras realidades que se queren seguir impoñendo como propias. Complexo? Asimilación? Autonegación? Trátase do goberno escollido polos galegos, cidadáns libres dispostos a apoiar unha e outra vez as propostas sometidas ós “superiores intereses da nación española”. Porque este goberno galego non foi ningún accidente senón, polo contrario, o herdeiro “natural” doutros gobernos galegos deseñados a partir dunha filosofía de submisión ás directrices do poder central.

Submisión que se estende a moitos outros niveis. Ei-la destrución do medio natural galego para o beneficio de compañías madrileñas, norueguesas, vascas ou catalanas. Ei-las empresas galegas que, tralo seu asentamento no mercado, terminan desprazando os seus centros de decisión ou produción cara a Madrid ou Barcelona. Velaí os membros galegos do goberno español actual, Elena Salgado, José Blanco, Francisco Caamaño, Antón Louro, liderando dende as esferas centralistas a operación para privar a Galicia dun poder financeiro autóctono… Seica o concepto “galego” ten, para moitos de nós, máis un contido romántico e folclórico e non tanto presente e real.

Sentimos carraxe cando nos ofenden ou desprezan dende fóra mais adoitamos manternos impasibles ante tantas aldraxes internas. Cabréanos, por exemplo, que IKEA non valore o coñecemento da lingua galega para os seus empregados na Coruña e si outros idiomas. Porén, admitimos sen resistencia que no último servizo municipal constituído, a “Casa del Agua”, ninguén sexa quen de prestar unha atención en galego; nin sequera os caixeiros automáticos do aparcadoiro, capaces de operar en castelán, inglés, francés, portugués e catalán. Así os mandaron e así os aceptamos. Non será que nos ignoran porque nosoutros mesmo nos ignoramos antes?

Saltemos de ámbito para lembrármo-lo trato ben preferente outorgado a UPyD nas últimas eleccións autonómicas polo xornal galego que goza do 50% de cota de mercado en Galicia, o cal lle deu cobertura de alternativa real sen ningún argumento fóra dunha manifesta “sintonía” natural. Non esquezamos tampouco que o principal editorialista dese xornal amosou a súa indisimulada simpatía polos preceptos defendidos por esta señora, desde a recuperación da política centralizadora ata a aniquilación dos riscos culturais propios pasando pola zuna contra todo nacionalismo non español; nin que o ínclito embaixador vaticano, alcalde “eterno” da segunda cidade de Galicia, declarou repetidamente a súa afinidade coa galegofóbica deputada euscalduna.

As súas declaracións representan unha probable paranoia digna de terapia e tratamento. E sen embargo, un escóitaas e pensa da dobre moeda que Galicia representa, a dobre faciana dun País en crise de identidade permanente. E a min, confésoo, unha desas metades non me gusta nadiña. Mira que se a muller leva algo de razón…



‘Gallego’ segundo Rosa Díez
Martes Abril 06th 2010,
Filed under: Anti-galego
Comentarios desactivados en ‘Gallego’ segundo Rosa Díez

DECLARACIÓNS DE ROSA DÍEZ, PRESIDENTA DE UNIÓN PROGRESO Y DEMOCRACIA, NUNHA ENTREVISTA EN CNN+:

Rosa Díez: ‘Zapatero podería ser gallego no sentido pexorativo da palabra’ (24/02/2010)

REACCIÓNS ÁS DECLARACIÓNS DE ROSA DÍEZ:

Los partidos gallegos exigen que Rosa Díez se disculpe y ella pide “sentido del humor” en 20minutos.es (25/02/2010)

Zapatero responde a Rosa Díez: «No soy gallego, pero me sentiría muy orgulloso de serlo» La Voz de Galicia (25/02/2010)

Rosa Díez, persoa non grata nas redes sociais publicado en Vieiros (25/02/2010)

RÉPLICAS DE ROSA DÍEZ:

Rosa Díez: “Hai moito candidato a censor solto” publicado en De Luns a Venres (03/03/2010)

OUTRAS REACCIÓNS:

Discusión entre Julia Otero e Arcadi Espada en Onda Cero sobre as declaracións de Rosa Díez:

Desde o humor, velaí como trataron este asunto na revista Retranca:

A continuación como o viron Buenafuente e Berto na cadea de televisión La Sexta:



‘Gallego-ga’ segundo a Real Academia Española
Martes Abril 06th 2010,
Filed under: Anti-galego,Dicionario e ideoloxía
Comentarios desactivados en ‘Gallego-ga’ segundo a Real Academia Española

A que segue é a definición da Vixésimo segunda edición do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española publicada no ano 2001:

gallego, ga.

(Del lat. Gallaecus).

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.

3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.

4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.

5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).

6. adj. El Salv. tartamudo.

7. m. Lengua de los gallegos.

8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.

9. m. C. Rica. libélula.

10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.

11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

A continuación a definición enmendada no ano 2009 para a Vixésimo terceira edición do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española que se publicará no ano 2013:

gallego, ga.

(Del lat. Gallaecus).

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.

3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.

4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.

5. adj. El Salv. tartamudo.

6. m. Lengua de los gallegos.

7. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.

8. m. C. Rica. libélula.

9. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.

10. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

NOTICIAS RELACIONADAS

El Congreso pide a la RAE que revise la definición de ‘gallego’ como ‘tonto’ y ‘tartamudo’ publicado en El País (28/03/2007)

Evolución do termo “gallego” no DRAE publicado no blog da Asociación Cultural Garipano (02/04/2009)

ARTIGOS DE OPINIÓN SOBRE ESTE ASUNTO:

No diario costarricense La Nación, o filólogo Fernando Diez Losada (de orixe galega) publicou os seguintes artigos sobre este tema:

¿Gallego/tonto: costarriqueñismo?
La tribuna del idioma: Acepción de “gallego”, al Congreso.
Academia, gallegos y suecos.
Xunta Galega vs. Academia.
Academia/gallego: final feliz.
La palabra “gallego” dejará de ser sinónimo de tonto.

La RAE mantiene en su web “tonto” como definición de gallego Faro de Vigo (10/07/2009)

CAMPAÑAS DA REDE

Contra a definición do termo “gallego” no dicionario da RAE, naceu a web GALEGO, definición de calidade XA!

Tamén se fixo unha campaña contra esa definición na famosa web Vivamos Como Galegos



Estereotipos sobre os nosos veciños
Martes Abril 06th 2010,
Filed under: Anti-galego
Comentarios desactivados en Estereotipos sobre os nosos veciños

Ben falado! Capítulo 91 (Emitido o 24/11/2008)

A lingüista polaca Wiktoria Grygierzec estuda os estereotipos e prexuízos que alimentamos sobre os nosos veciños fronteirizos e como as relacións entre galegos, portugueses e casteláns se ven reflectidas na lingua.



Achegamento á definición de GALEGO-A nos dicionarios españois desde o século XVIII
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Anti-galego,Dicionario e ideoloxía
Comentarios desactivados en Achegamento á definición de GALEGO-A nos dicionarios españois desde o século XVIII

Imaxe procedente do blog Clic á Lingua (25/02/2010)

Xa falamos aquí da polémica definición do Diccionario de la Real Academia Española que inclúe a acepción de “tonto”, pero a pouco que nos acheguemos á historia da definición de GALEGO-A  nos dicionarios españois vemos que esta nunca foi moi obxectiva nin exhaustiva, pois mesmo as acepcións máis utilizadas do termo (“persoa natural de Galicia” e “lingua dos galegos e galegas”) non apareceron recollidas nos dicionarios até o século XIX.

Eis algúns dos cambios importantes desde o século XVIII:

Ata o século XVIII galego é “cousa pertencente a Galiza”.

Nas edicións do XIX avánzase e galego xa é “o natural de Galicia e o pertencente a aquel Reino”.

Desde 1884 o galego aparece como dialecto.

En 1936 introdúcese un elemento moi despectivo, galego igual a mozo de corda, algo así como criado ou escravo. Esta definición mantívose ata o ano 1970, retirada curiosamente por Camilo José Cela.

No ano 2001, na última edición impresa do Diccionario de la Real Academia Española, a vixésimo primeira, inclúese a acepción de tonto e tatexo co argumento de que se emprega en Costa Rica e no Salvador, aínda que os oriundos destes dous países sudamericanos teñan que facer memoria para decatarse de que existen tales usos, relegados a unha utilización residual e anecdótica.



A imaxe estereotipada dos galegos e galegas na cultura castelá procede dos séculos XVI e XVII
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Anti-galego
Comentarios desactivados en A imaxe estereotipada dos galegos e galegas na cultura castelá procede dos séculos XVI e XVII

A inmensa maioría dos autores da literatura castelá que escribiron sobre Galicia non a coñecían directamente e basearon o seu coñecemento na impresión que lles causaron os galegos e galegas que emigraron a Castela e que exercían os oficios máis humildes. De aí que a caracterización principal do galego na literatura castelá  fose de criado, ata o punto de que “criado” e “gallego” chegaron a ser case sinónimos.

Segundo o investigador Xesús Caramés Martínez, este tópico literario podería ser o resultado dun cambio social ocorrido durante o século XV. A partir sobre todo de fenómenos socioeconómicos a figura dos galegos e galegas comezou a tomar forma dentro da literatura castelá. A emigración masiva da poboación galega a terras castelás sería o punto de referencia para crear esa imaxe negativa. En Castela, “gallego” e “incultura” chegaron a identificarse e mesmo falar galego era «algo vergonzoso» para as clases privilexiadas de Galicia como sinala o estudoso José Luís Pensado. Mais esta imaxe estereotipada da xente natural de Galicia nos chamados Séculos Escuros do galego non só era habitual na España do Século de Ouro, senón tamén no Portugal daquel tempo.

EXEMPLOS NOS REFRÁNS CASTELÁNS

“¿Rogaste a gallegos? Ya no puedes venir a menos.”

“No fíes en perro que cojea ni en amor de gallega.”

“Antes puto que gallego”

EXEMPLO NUN REFRÁN PORTUGUÉS

“Mil galegos não faz um homem.”

EXEMPLOS NA LITERATURA ESPAÑOLA

La Celestina de Fernando de Rojas: Calixto indígnase porque lle chaman parvo e pregúntase se vai resultar agora que o tratan de mozo galego.

Lararillo de Tormes: O protagonista sae adiante “a pesar de los gallegos y la adversa fortuna”.

Vida de Estebanillo González: O protagonista cre que é medio cabalo “por lo que me toca de Galicia”.

Lope: “Ni perro negro ni mozo gallego”.

Lope e Tirso: “Si el refrán miras/ de “antes moro que gallego”.

Gracián: “Al ver un cuitado se acierta un gallego”.

Bartolomé Molina, 1550:

“Galicia, rabo de Castilla,

servidumbre de Asturias,

albañar de Portugal.”

Bartolomé de Villalba, 1577:

“Erízame el cabello el pensamiento

de nombrar al gallego riguroso;

lobo de apodo es y fraudulento,

y qué continuo es cruel y sanguinoso.

En holgar y robar tiene contento,

holgazán, fementido, y muy goloso,

haragán, como el lobo carnicero

y lo que de él siento no refiero…”

ARTIGOS DE PRENSA QUE SE PODEN CONSULTAR

O arquetipo do galego torpe foi creado no século de ouro español, artigo de Camilo Franco, (La Voz de Galicia, 05/03/2005)

Os refráns fixaron e propagaron o arquetipo de galego inculto, artigo de Camilo Franco (La Voz de Galicia, 07/03/2005)

“Castelao, Góngora e Rosa Díez”, artigo de Mauricio Castro  (GZnación 25/02/2010)

BIBLIOGRAFÍA

José Luis Pensado Tomé, El gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos, La Voz de Galicia, 1985

Xesús Caramés Martínez, A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá, Galaxia, 1993