Ponte en galego!
Venres Decembro 21st 2012,
Filed under: A lingua falada
Comentarios desactivados en Ponte en galego!

 

PONTE EN GALEGO! é o nome do programa radiofónico que o EDLG do IES Breamo emite en directo desde RADIO FILISPIM 93.9 FM, a radio libre e comunitaria da Comarca de Trasancos!

ESCOITA AQUÍ O PROGRAMA Nº 1

Trátase da brillante estrea desta nova xeración de xornalistas de quince e dezaseis anos no programa número 1 de PONTE EN GALEGO!

Neste espazo, emitido o xoves 20 de decembro, Carme Castro falounos sobre o grupo eumés Faltriqueira e entrevistou a Ana Leira, unha das súas compoñentes, na sección Son de aquí. Ainhoa Ruiz e Cristian Pérez Regueira presentáronnos unha nova e pouco coñecida palabra galega nas súa sección Dicionario vivo, dedicada a recuperar léxico esquecido. En Galego nun click Sara Rodríguez deunos consellos para comprar en galego este Nadal. Carlos Mosquera e Antonio Lozano comentáronnos o desenvovemento da Polafía organizada en Pontedeume pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, entrevistaron ao escritor lucense Isidro Novo, faláronnos da organización da cabalgata de Reis en Pontedeume e fixéronlle unha entrevista a Jovita Ayerbe, animadora sociocultural do Concello.

Fonte: As Gabarras



Carta-feira logho vén
Venres Xullo 13th 2012,
Filed under: A lingua falada,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Carta-feira logho vén

Hoxe é luns, mañán é martes,

carta-feira logho vén,

de mañán en oito días

é a semana que vén.

Copla recollida en Compostela, etc.

Quarta-feira Logo Vem, filme da Gentalha do Pichel que reivindica as denominacións tradicionais dos días da semana.

As formas tradicionais dos días da semana, construídas coa palabra feira (segunda-feira, terza-feira, cuarta-feira, quinta-feira e sesta-feira) continúan vivas do norte ao sur da Galiza, aínda que só entre as persoas máis vellas das nosas comarcas.

O documental, de algo máis de 10 minutos, reivindica a recuperación das denominacións tradicionais. Tamén nos mostra como a xente pasou de usar “quinta-feira a jueves” e só introduciu as novas denominacións nos últimos anos a través do ensino e os medios de comunicación.

 

Fonte: Dioivo (12/07/2012)



Lingua. Capítulo 25 de Mobilízate
Martes Maio 17th 2011,
Filed under: Sociolingüística,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Lingua. Capítulo 25 de Mobilízate

En Galicia conviven dúas linguas e o que debería ser unha riqueza cotiá convértese moitas veces nunha fonte diaria de conflitos. Neste programa especial para as letras galegas, avógase pola normalización do galego cos colectivos que traballan arreo pola súa inclusión dentro dun sistema que aínda pensa en castelán. Demóstrase que é posible defender unha lingua sen atacar as liberdades de ninguén e que cando nos mobilizamos coa palabra os nosos actos están cargados de razón.

Programa emitido o 15 de maio de 2011 en V Televisión



Estudantes de Ciencias da Información da USC
Domingo Maio 23rd 2010,
Filed under: Sociolingüística,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Estudantes de Ciencias da Información da USC

Estudantes dunha das clases de Xornalismo da Universidade que quixeron compartir cadansúa historia lingüística, ao máis puro estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man como nos talk-shows, para eufalo.tv:



Linguas cruzadas
Xoves Febreiro 11th 2010,
Filed under: Sociolingüística,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Linguas cruzadas

En que fala a mocidade galega e por que? Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.