O mundo mudou
Xoves Xuño 28th 2012,
Filed under: Sustentabilidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en O mundo mudou

The World Has Changed é o título deste vídeo de WWF (The World Wide Fund for Nature):



Dous tomates e dous destinos
Xoves Xuño 28th 2012,
Filed under: Sustentabilidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en Dous tomates e dous destinos

Dos tomates y dos destinos é unha curta de ficción na que dous tomates, un transxénico e outro natural, cítanse nun bar despois de coñecerse nun chat…

É unha produción da sección manchega de Veterinarios Sin Fronteras. Está baseada nunha idea orixinal de Aníbal Gómez e interpretada por Joaquín Reyes e Carlos Areces.



O lobo
Sábado Abril 28th 2012,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en O lobo

ARTIGOS DE MANUEL GAGO:

A última manda do oeste

Cazan ilegalmente lobo ibérico na Serra do Barbanza

 

Fonte dos artigos e das fotos: Código Cero

 



Arde o corazón do Eume
Domingo Abril 01st 2012,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Arde o corazón do Eume

Fonte do vídeo: V Televisión (1/04/2012)

O INCENDIO NALGÚNS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

O lume segue a arrasar o paraíso das Fragas do Eume (Praza Pública, 1/04/2012)

El fuego que arrasa el corazón de las fragas del Eume fue intencionado (La Voz de Galicia, 1/04/2012)

Las Fragas do Eume, pasto de las llamas (Galería de imaxes do incencio en La Voz de Galicia, 1/04/2012)

NOTICIAS RELACIONADAS COAS FRAGAS DO EUME:

A Xunta autoriza unha mina a ceo aberto ás portas das Fragas do Eume refugando a lexislación ambiental (Vieiros, 31/03/2010)

Unha mineira anglo-africana quere explotar un lugar colindante ás Fragas do Eume (Dioivo, 1/04/2012)

FOTOGRAFÍAS DAS FRAGAS DO EUME:

O paraíso arrasado: así eran as Fragas do Eume antes do lume (Galería de imaxes en Praza Pública, 1/04/2012)

Fotografías das Fragas do Eume feitas por Xoán Porto (Roteiro de Verdegaia polo corazón do parque natural das fragas do Eume. 20 de xuño de 2010)

Fonte das fotografías: xoanporto.com

 



The World is Where We Live
Luns Novembro 28th 2011,
Filed under: Sustentabilidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en The World is Where We Live

The World is Where We Live é o título deste vídeo de WWF (The World Wide Fund for Nature):

The world is where we live from WWF on Vimeo.



Earth Song. Clip censurado nos Estados Unidos de América
Luns Novembro 28th 2011,
Filed under: Documentos,Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Earth Song. Clip censurado nos Estados Unidos de América

Earth Song fala da desertización da selva, da destrución da vida no mar, do maltrato aos animais, da polución e da guerra.

Esta canción nunca foi lanzada como single nos Estados Unidos, historicamente un dos maiores contaminadores do planeta. Só se presentou como single en Europa e supuxo o maior éxito de Michael Jackson neste continente.

O seu video musical foi filmado en África, Amazonia, Croacia e Nova Iorque e foi transmitido mundialmente agás para os Estados Unidos, onde case nunca se emitiu.

Aquí podemos ver, pois, o que os medios estadounidenses non quixeron mostrar de Michael Jackson:

Máis información



O naufraxio do Prestige na prensa
Domingo Novembro 13th 2011,
Filed under: Documentos,Medios de Comunicación,Sustentabilidade
Comentarios desactivados en O naufraxio do Prestige na prensa

Na seguinte presentación podemos ver o tratamento que recibiu o naufraxio do Prestige no xornal La Voz de Galicia: Portadas do 14 de novembro de 2002 ao 18 de xaneiro de 2003:



Nunca máis un 13 de novembro de 2002
Domingo Novembro 13th 2011,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Nunca máis un 13 de novembro de 2002

NUNCA MÁIS!

Fonte: Lingua de Alcaián



A hora 11
Xoves Xaneiro 27th 2011,
Filed under: Documentos,Sustentabilidade,Vídeo documental
Comentarios desactivados en A hora 11

The 11th Hour é o título dun documental centrado na difícil situación medioambiental que vivimos. Foi producido e presentado por Leonardo DiCaprio e dirixido por Leila Conners e Nadia Conners.

A TVE emitiuno a semana pasada baixo o título La última hora.

Analizando as causas do problema do quecemento global, The 11th Hour recolle as seguintes declaracións:

“Gástanse 500 mil millóns de dólares en publicidade cada ano. Cando un neno chega á Universidade ou remata os seus estudos e chega ao primeiro ano de Universidade terá visto miles de horas de televisión. De media, catro horas e varios minutos por día. Como resultado, segundo un estudo, poderán identificar mil logotipos corporativos, pero menos de dez plantas e animais nativos da súa propia rexión. Así que non só nos convertimos en consumidores, senón en grandes ignorantes dos termos baixo os cales vivimos na Terra.”

David Orr (Catedrático. Environmental Studies Program. Oberlin College)

“Os estadounidenses están investindo o seu tempo traballando e gastando, é onde vai a maior parte do noso tempo. De media, un estadounidense vai de compras dun xeito ou doutro, cinco veces por semana. Durante o día pasamos a maior parte do tempo traballando para gañar cartos para poder ir mercar. E existe un gran abatemento ao ter que ir ao paso da economía global, ao ter que competir cos demais.

E mentres todo é máis grande, os nosos baños, as nosas casas, os nosos vehículos, as nosas cinturas, acábasenos o tempo. Temos menos das cousas que realmente nos importan.”

Betsy Taylor (Fundadora do Center for the New American Dream)

“En Estados Unidos as persoas están tan illadas pola nosa asombrosa concentración de riqueza. Os estadounidenses gastan máis cartos para coidar os seus xardíns do que a India recauda en impostos federais. O noso presuposto de Defensa, que é unha pequena porcentaxe do Produto Interior Bruto, é superior a toda a economía de Australia. Así que anestesiados pola nosa propia riqueza, esquecemos como vive a maior parte do mundo e, de feito, como se ve a maior parte do mundo..”

Wade Davis (Explorador Residente, National Geographic Society)

Estas declaracións podes escoitalas aproximadamente no minuto 7 do seguinte vídeo:



Comprar, tirar, comprar
Xoves Xaneiro 20th 2011,
Filed under: Sustentabilidade,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Comprar, tirar, comprar

Comprar, tirar, comprar from Aprofa on Vimeo.

Comprar, tirar, comprar (2010) é un documental dirixido pola alemá Cosima Dannoritzer que estuda o fenómeno da obsolescencia programada.

Falamos de obsolescencia programada para referirnos ao acurtamento da vida dun produto por parte do fabricante co fin de incrementar as vendas do mesmo, obrigando así ao usuario a comprar un novo produto moito antes do que os avances técnicos permitirían. Este fenómeno prodúcese desde os anos vinte do pasado século.

Este comportamento que dun xeito illado levaría a unha compañía á ruína, está na actualidade dominando o mercado de forma que o usuario acaba convencido de que para seguir a moda é preciso mercar sempre o último. Deste xeito, as persoas convértense en simples consumidoras convencidas de que cada vez precisan posuír máis bens para conseguir a felicidade e son conducidas a unha situación de insatisfacción continua. Porque a obsolescencia programada está intimamente ligada á publicidade que se encarga de manter o desexo social de renovación permanente dos símbolos de identidade e estatus social, é dicir, o consumismo.

Pero o máis perigoso da caducidade permanente é o feito de producir regufallos permanentes que non só non son reciclados, senón que son dispersados aleatoriamente pola natureza, como no caso das chamadas sopas de plásticos nos océanos, ou son enviados impunemente a países asiáticos ou africanos, como o caso de Ghana que aparece recollido neste documental, ben lonxe da vista dos consumidores.

OUTROS DOCUMENTOS DE INTERESE:

Encontro dixital coa directora

Nacidos para morrer antes, artigo de opinión de Xosé Manuel Pereiro publicado o día 15/01/2011

FONTES:

Comprar, tirar, comprar, entrada no blog A profa

Obsolescencia y entropía, entrada sobre o tema na web decrecimiento