Xornada de folga na CRTVG
Mércores Decembro 14th 2011,
Filed under: Medios de Comunicación
Comentarios desactivados en Xornada de folga na CRTVG

       

Os/as traballadores/da CRTVG que secundaron a folga do 10 de outubro de 2011 en contra da LEI DOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS, elaboraron un informativo reivindicativo manifestando a súa postura e publicárono en YouTube.

Como consecuencia dese informativo, os presentadores Ana Pérez e Alfonso Hermida foron represaliados pola canle pública de Galicia sendo afastados do programa especial da noite electoral do 20 de novembro.

1ª parte do ESPECIAL INFORMATIVO dos traballadores da CRTVG en folga:

2ª parte do ESPECIAL INFORMATIVO dos traballadores da CRTVG en folga:

Máis información en Galicia Confidencial
Máis información en El Mundo



Reporteiros Sen Fronteiras. Campaña para apadriñar a liberdade de información
Mércores Decembro 14th 2011,
Filed under: Medios de Comunicación,Videocampaña
Comentarios desactivados en Reporteiros Sen Fronteiras. Campaña para apadriñar a liberdade de información

Campaña de RSF “Apadriña a liberdade de información” na que xornalistas famosos apadriñan un colega encadeado para darlle voz.



Earth Song. Clip censurado nos Estados Unidos de América
Luns Novembro 28th 2011,
Filed under: Documentos,Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Earth Song. Clip censurado nos Estados Unidos de América

Earth Song fala da desertización da selva, da destrución da vida no mar, do maltrato aos animais, da polución e da guerra.

Esta canción nunca foi lanzada como single nos Estados Unidos, historicamente un dos maiores contaminadores do planeta. Só se presentou como single en Europa e supuxo o maior éxito de Michael Jackson neste continente.

O seu video musical foi filmado en África, Amazonia, Croacia e Nova Iorque e foi transmitido mundialmente agás para os Estados Unidos, onde case nunca se emitiu.

Aquí podemos ver, pois, o que os medios estadounidenses non quixeron mostrar de Michael Jackson:

Máis información