Facemos un videoclip?
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Cultura libre,Música,Videocreación
Comentarios desactivados en Facemos un videoclip?

carta-axuste

Hai moita música Creative Commons en galego en O TOXO RABUDO NETLABEL.

Tamén hai páxinas desde onde se poden descargar fotos moi boas Creative Commons para facer videoclips ou para os vosos traballos:

PHOTOPIN FOTOS LIBRES

25 BANCOS DE IMAXES DE BALDE

Lembrade que para usar imaxes ou música doutras persoas debedes ter permiso para o seu uso público e indicar ao final do voso traballo quen son as autoras ou autores.



Wikipedia
Xoves Abril 04th 2013,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en Wikipedia

 

WIKIPEDIA: A ENCICLOPEDIA LIBRE COLABORATIVA

Obxecto dixital para coñecer as principais características da Wikipedia, utilizalo como un recurso de busca e investigación, e aprender a buscar imaxes en Wikicommons e gardalas no disco.

Material confeccionado por Jesús Arribi Vilela.



A propiedade intelectual
Xoves Abril 04th 2013,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en A propiedade intelectual

Imaxe: ClaudioG

 

PROPIEDADE INTELECTUAL. LICENZAS DO SOFTWARE

Obxecto dixital para comprender a diferenza entre un produto informático libre e gratuito, importancia do software libre no desenvolvemento de internet, e identificar os tipos de licenzas máis importantes.

Este material foi confeccionado por Jesús Arribi Vilela.

 



Copiad, malditos!
Xoves Abril 14th 2011,
Filed under: Cultura libre,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Copiad, malditos!

Blog ¡Copiad, copiad, malditos! (derechos de autor en la era digital)

Documental ¡Copiad, copiad, malditos!:

¡Copiad, malditos! (DOC/58’/ES/HD720p 16:9) from elegant mob films on Vimeo.



Contidos abertos
Domingo Xuño 27th 2010,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en Contidos abertos

WEBS GALEGAS DE CONTIDOS LIBRES:

A Regueifa Plataforma

C’mmons baby



Copyleft vs Copyright
Domingo Xuño 27th 2010,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en Copyleft vs Copyright

QUE É O COPYLEFT?

Copyleft segundo a Galipedia

Copyleft segundo a Fundación CopyLeft

Tipos de licencias Copyleft

WEBS SOBRE COPYLEFT:

Fundación CopyLeft

 

Creative Commons

 

X.net



Os autores e o copyright
Domingo Xuño 27th 2010,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en Os autores e o copyright

Nós creamos, nós decidimos.
Por un reparto xusto dos dereitos de autor e reforma das entidades de xestión.

Extracto da Carta pola Innovación, a Creatividade e o Acceso ao Coñecemento. FCForum

TEXTOS PARA A REFLEXIÓN:

Podemos ver as diferentes posturas que sobre os dereitos de autor e a súa xestión sosteñen Cándido Pazó e Carlos Santiago nos seguintes artigos:

“O baño, a auga suxa e o neno” de Cándido Pazó e “Confesións dun arrepentido” de Carlos Santiago.

Ambos artigos están publicados nas páxinas 3 e 4 da revista Escaramuza , editada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.



A sociedade civil e o copyright
Domingo Xuño 27th 2010,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en A sociedade civil e o copyright

A sociedade civil tamén ten algo que dicir sobre os dereitos dos cidadáns e dos artistas na era dixital:

Carta pola Innovación, a Creatividade e o Acceso ao Coñecemento. FCForum



Os dereitos de autor nas perruquerías
Domingo Xuño 27th 2010,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en Os dereitos de autor nas perruquerías

ESGAE contra as perruquerías (noticia de CNN+):

A SGAE cobra ás perruquerías por escoitar a radio, e tamén lles cobra ás radios por emitir o mesmo contido, aplicando tarifas xerais que non teñen en conta se o material difundido pertence ou non ao seu repertorio. Cobra por todo, e por riba dúas veces.

Hai algunha alternativa?

Esta é a proposta feita polo grupo de música Hamster Loco:

Música para peluquerías:



Declaracións do ministro de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal sobre a piratería
Domingo Xuño 27th 2010,
Filed under: Cultura libre
Comentarios desactivados en Declaracións do ministro de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal sobre a piratería

A continuación podemos escoitar as declaracións do Ministro de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal, Mariano Gago, nas que defendeu as consecuencias positivas da piratería de Internet a gran escala, como o enorme incremento de valor para os produtores que ven os seus contidos distribuídos por todo o mundo. Gago angadiu que non é unha sorpresa, xa que a piratería sempre foi unha fonte de progreso e globalización.

A presión desde o lobby da industria de contidos forzou a Mariano Gago a retirar as súas declaracións publicamente. Porén as súas declaracións están fortemente apoiadas polos feitos históricos e contemporáneos.

Tan só dous séculos atrás, nas nacións europeas chamábaselles aos americanos “yankees”, cun sentido pexorativo. Como consecuencia do seu rexeitamento deliberado e a gran escala das patentes e copyright europeos, os novos Estados Unidos de América conseguiron un aumento drástico de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Ademais, grazas aos custes reducidos dos libros europeos, dos que non se pagaba copyright, EEUU consiguiu loitar contra o analfabetismo da poboación a un ritmo máis rápido que en Europa.

Durante o último século, os cineastas americanos mudáronse a California para evitar pagar as custosas cuotas das patentes de Edison, e fundaron Hollywoodland. A consecuencia foi que a industria cinematográfica americana se convirtiu rapidamente na industria cinematográfica máis desenvolvida e poderosa do mundo, e aínda o é.

Hoxe en día, o intercambio a gran escala en Internet é beneficioso para o mercado e conseguiu crear e soster negocios completamente novos, como gran cantidade de estudos realmente independientes amosan. Tamén incrementou o acceso ao coñecemento, particularmente entre os máis desavantaxados e nas economías en desenvolvemento.

Fonte: exgae