Os prexuízos lingüísticos
Mércores Abril 02nd 2014,
Filed under: Sociolingüística
Comentarios desactivados en Os prexuízos lingüísticos

Presentación de diapositivas feita por alumnado de 4º ESO e publicada no blog A Tababarra Dixital a partir dun artigo do profesor da UDC Xosé Ramón Freixeiro Mato.



O perigo dunha historia única
Luns Decembro 12th 2011,
Filed under: Documentos
Comentarios desactivados en O perigo dunha historia única

“As historias importan, moitas historias importan. As historias usáronse para expropiar e calumniar, pero as historias tamén poden dar poder e humanizar. As historias poden destruír a dignidade dun pobo, pero tamén poden reparar esa dignidade perdida. (…) Cando rexeitamos a historia única, cando nos damos conta de que non hai unha soa historia sobre ningún lugar, recuperamos un tipo de paraíso.”

Palabras da novelista nixeriana Chimamanda Adichie

Fonte: Aí falaches!



Falas menos galego que un telettubi
Venres Xuño 25th 2010,
Filed under: Documentos,Opinión,Sociolingüística
Comentarios desactivados en Falas menos galego que un telettubi

Artigo de Séchu Sende publicado en O Noso Nadal Galego e Verde (12/2009)



A lingua materna
Mércores Xuño 23rd 2010,
Filed under: Documentos,Sociolingüística
Comentarios desactivados en A lingua materna

Acabo de atopar no fondo dun caixón unha cinta de casete con distintas gravacións de cando eu era pequeno, un rapaciño de 6 ou 7 anos, a principios da década dos 70. Se non fose por iso de seguro que a escena que paso a describir estaría perdida nos ventos do esquencemento.
Eu estaba enfermo, na cama, creo lembrar que era verán, do que si estou seguro era de que facía calor e tiña unha visita. Máis ben era unha visita da miña nai, tratábase de Maruxiña a do ichavo, unha amiga súa, non era raro que viñera polo piso e pasara a tarde, como aquel día.
Comenza a gravación.
– Vou fregar estas cousas e xa veño -di miña nai marchando. Silencio.
– AAATCHÍS -era Maruxiña, que botou un sonorísimo espirro.
– Estás boa! -contéstalle miña nai desde a cociña.
– Si, deben ser as corrientes, estiven fregando a casa e abrín todo para que ventilara, e como eu son tan pouca cousa xa me colle todo enseguida, chega cun airiño e…AAATCHÍS.
-ESTÁS BOA – agora contesteille eu a todo berrar. A fin de contas non debía estar tan malo e tiña ganas de leria. Óense risos.
– Ai, rapaciño! -replícame miña nai achegándose á habitación. No se dice así, hombre. Como le contestas así a Maruxiña? Se dice: “estás buena”.
E remata o conto.
Cal é a miña lingua materna?
Cal é a lingua que a miña nai pensaba que era a miña lingua materna?

Fonte: Carta Xeométrica (09/06/2010)



O auto-odio
Mércores Xuño 23rd 2010,
Filed under: Documentos,Sociolingüística
Comentarios desactivados en O auto-odio

Eu, como non teño formación en sociolingüística tampouco podo elaborar tratados sobre o auto-odio só podo contar o que vexo. Isto aconteceume o sábado pasado.
Joaquín é un home bo de natural, mais é un desgraciado. Basta con botarlle unha ollada para identificalo. Viste con roupa vella e sucia porque é o borrachiño oficial do barrio. Na entrada da panadería métese cun neno:
– Dasme un caramelo?…. Así, bonito, moitas gracias, bonitos… Mmmmmm está moi rico –dixo comendo a gominola.
Xa dentro do establecemento:
– Que vai ser Joaquín?
– Mira, dame un deses.
– O que?, un molete?
– Si, si.
– E como o queres, con pirucho ou sen pirucho? A ver, dime Joaquín.
– E canto custa?
– Un euro.
– E se é con pirucho?
– Tamén un euro. Valen o mesmo.
– Entón dame o pirucho e véndelle o molete a outro!
Todos rimos. O panadeiro dalle unha barriña pequena: “regálocha”, e Joaquín marcha agradecido cun soriso baixo o bigote, gardando o pan no peto da chaqueta.
O panadeiro fala con outra cliente:
– Este hace así simpre, no tiene mal. Ya ves, tiene mucha retranca…. Es muy gallego.
Por fin tócame a min o turno.
-E que vai ser, o de sempre? –pregúntame o panadeiro.
– Non, hoxe quero un molete…
Pénsoo un pouco e continúo:
– Pero que sexa con pirucho.

Fonte: Carta Xeométrica (21/06/2010)



Falar. Un relato de Sechu Sende
Venres Marzo 26th 2010,
Filed under: Sociolingüística,Videocreación
Comentarios desactivados en Falar. Un relato de Sechu Sende

NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.

Sara Vázquez e Anxo Fole Lamas, alumnos do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba foron os gañadores en 2008 do concurso ” Mobilízate pola lingua” organizado pola Mesa de Lugo para fomentar a reflexión sobre a dificultade de vivirmos en galego.



Unha rapaza coma min
Xoves Febreiro 11th 2010,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Unha rapaza coma min

“A Girl Like Me” (2005) é unha curtametraxe documental dirixida por Kiri Davis. Podemos comprobar como para as adolescentes norteamericanas que aparecen neste documental diante da cámara, a cor é muito máis que a pel.

Esta interesantísima curtametraxe foi subtitulada en portugués polo equipo de Bem-Me-Quer, para que profesores e demais educadores o poidan utilizar na aula cos seus alumnos e alumnas estimulando o debate e a reflexión sobre o tema.



Os nenos e os estereotipos
Xoves Febreiro 11th 2010,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Os nenos e os estereotipos