Dous tomates e dous destinos
Xoves Xuño 28th 2012,
Filed under: Sustentabilidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en Dous tomates e dous destinos

Dos tomates y dos destinos é unha curta de ficción na que dous tomates, un transxénico e outro natural, cítanse nun bar despois de coñecerse nun chat…

É unha produción da sección manchega de Veterinarios Sin Fronteras. Está baseada nunha idea orixinal de Aníbal Gómez e interpretada por Joaquín Reyes e Carlos Areces.



Ecoagroturismo
Venres Maio 07th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Ecoagroturismo

Unha oferta diferente de turismo rural é o ecoagroturismo, é dicir, o turismo rural ecolóxico.

ECEAT – European Centre for Ecological and Agricultural Tourism

Os propietarios de aloxamentos ECEAT participan activamente na conservación do medio ambiente, coidando a biodiversidade, o entorno natural e o patrimonio histórico-cultural.

Apostan pola agricultura ecolóxica e levan unha xestión ecolóxica do aloxamento, cumprindo os criterios seguintes :

– Evitar xerar lixo e reciclaxe do mesmo.

– Uso de produtos locais e ecolóxicos para as comidas.

– Limpeza con produtos biodegradábeis.

– Uso responsábel dos recursos naturais.

– Uso de enerxías renovábeis.

– Uso de materiais de bioconstrución.

– Programas de educación medioambiental.

– Recuperación de razas animais e/ou especies vexetais autóctonas.

Arqueixal. Ecoagroturismo



Unha das escasas ofertas de ecoagroturismo en Galiza é a de ARQUEIXAL/ECOAGROTURISMO:

Na parroquia de Santiago de Albá, Comarca da Ulloa, no corazón da Galiza, encóntrase esta granxa familiar, que ademais de adicarse á produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico, recuperou un conxunto de antigas casas rurais para poder recibir xente e dar a coñecer o seu modo de vida, respectuoso co medio-ambiente. Arqueixal ofrece benestar ao visitante e, á súa vez, promove un medio rural e agrario sustentábel desde un punto de vista ecolóxico, económico e social.

Pousadoira. Turismo rural e agricultura ecolóxica.

Outra das ofertas de ecoturismo en Galicia é Pousadoira:

Pousadoira é o proxecto de recuperación e posta en valor dunha explotación agrícola familiar de Galicia, coa casa e as suas terras noutro tempo productivas e que sustentaban unha familia. Ao mesmo tempo é un proxecto de vida e traballo no medio rural, que sigue evolucionando a cada paso con novas ideas e actividades.

Reitoral de Chandrexa


Outra oferta de turismo rural e agroecoloxía é a da Reitoral de Chandrexa:

A casa é unha antiga Reitoral, construida en pedra e madeira de castiñeiro e restaurada respectando o contorno pero buscando a máxima comodidade. Na restauración tivéronse en conta criterios de bioconstrución para os materiais aillantes, vernizes e pinturas e está amoblada con mobles antigos restaurados.



Transxénicos 2
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Transxénicos 2

JOSEP PÀMIES: EL PAYÉS DE LA STEVIA en Proyecto Matriz



Transxénicos 1
Venres Marzo 19th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Transxénicos 1

ACTIVIDADES

Que son os alimentos transxénicos?

Como afectan os transxénicos ao medio ambiente?

Cales son os posibles perigos que entrañan os transxénicos para a nosa saúde?

Como afectan os transxénicos á agricultura?

Indica tres produtos alimentarios que ti consumas e que conteñan transxénicos.

PÁXINAS DE CONSULTA

Os transxénicos na web de ADEGA

Lista Vermella e Verde, elaborada por Greenpeace e actualizada cada ano, na que se indican aqueles produtos que conteñen transxénicos ou son sospeitosos de incorporalos e aqueloutros que non os utilizan nos seus ingredientes ou aditivos.



Os hortos urbanos na Coruña
Venres Marzo 19th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Os hortos urbanos na Coruña

Hortas na cidade dos barrios

Hortas na cidade dos barrios é unha iniciativa para a recuperación de hortas e terreos abandonados no val de Feáns para poñelos de novo en uso, na que participan o Colexio de Arquitectos da Coruña, o estudio MMASA, o colectivo Desescribir e o Concello da Coruña.

Este é o vídeo da iniciativa:

Podes atopar toda a información sobre esta iniciativa e outras semellantes no blog hortasnacidadedosbarrios.wordpress.com.

Máis información sobre hortos urbanos en Galicia no blog da Asociación Galega de Horticultura Urbana www.hortaurbana.info.



Granxas escola
Mércores Febreiro 24th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Granxas escola

PÁXINAS DE GRANXAS ESCOLA:

Barreiros. Granxa escola

ARTIGOS PUBLICADOS EN XORNAIS E WEBS:

“A granxa escola El Kiriko promove un xeito de recuperar e aprender a cultura rural” Publicado na web do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)



O horto urbano
Mércores Febreiro 24th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en O horto urbano

PÁXINAS DE INTERESE SOBRE OS MINI HORTOS URBANOS:

Asociación Galega de Horticultura Urbana

Mini Huerto Ecológico

Leopoldo Group Design

ARTIGOS PUBLICADOS EN XORNAIS E WEBS

“Capital Growth” Publicado no blog Mini Huerto Ecológico (11/01/2009) sobre os hortos urbanos en Londres.




A agricultura ecolóxica
Mércores Febreiro 24th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en A agricultura ecolóxica

RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS DESPOIS DE CONSULTAR AS PÁXINAS INDICADAS MÁIS ABAIXO

Que é a agricultura ecolóxica?

Que ten de positivo a agricultura ecolóxica para consumidores e consumidoras?

Que ten de interese para labregos e labregas?

Como afecta a agricultura ecolóxica ao medio ambiente?

Relación entre a agricultura ecolóxica e o desenvolvemento rural.

PÁXINAS DE INTERESE SOBRE AGRICULTURA ECOLÓXICA:

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

Sitio sobre agricultura ecolóxica da Comisión Europea para o desenvolvemento agrícola e rural. (Non ten tradución ao galego, pero si ao portugués)

Fundación Galicia Verde

PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DA AGRICULTURA ECOLÓXICA:

Agroalimentaria do Eume

Horta + Sá. Tenda de agricultura ecolóxica na Coruña

Árbore. Cooperativa de Consumo Consciente

Labregos Daiquí. Sociedade Cooperativa Galega

ARTIGOS PUBLICADOS EN XORNAIS E WEBS

“Recuperación de variedades autóctonas (Agricultores de Pontedeume e Miño propóñense rescatar os tomates e pementos do país seleccionando para iso as mellores sementes de cada froito)” Reportaxe publicada no xornal La Voz de Galicia (22/10/2006)

“Xapón explica en Ourense as claves do seu éxito na agricultura ecolóxica” Artigo publicado en Galiciaé (08/10/2008)

“Levoso convértese na meca galega da ecoagricultura” Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia (09/10/2009)