BENVIDA

Dámosche a benvida a este blog que pretende ser un instrumento máis para traballar na aula de Lingua en secundaria.  De feito, só quere ser un arquivo de parte do material do que dispoñemos na rede para facilitar a aprendizaxe da nosa lingua (cursos, dicionarios, etc.) e, á vez, de textos, documentos sonoros, gráficos e  audiovisuais relacionados cos contidos propios da materia de Lingua Galega, mais tamén con temas transversais do currículo, como a coeducación, o respecto ao medio ambiente, á diversidade cultural, etc.

Os contidos específicos de Literatura Galega tratarémolos principalmente no blog LITERALINGUA e en AULA DE LITERATURA, polo que apenas se incluirán nesta bitácora.

Por último, só engadir que, dado que este é un blog de aula,  os comentarios serán administrados pola profe (María).

Agardámoste, pois, cando queiras, na nosa AULA DE LINGUA.

Licenza de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0 Unported de Creative Commons.