Afiador da realidade. Caxade
Martes Xuño 02nd 2015,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Afiador da realidade. Caxade

Alonso Caxade, ligado á música desde cativo, compartiu proxectos con músicos de estilos moi diversos até que comezou o seu traballo máis persoal no ano 2012 con Caxade.

Nese ano viu a luz o seu primeiro videoclip  Dança dos Moscas. Logo virían Gente Pota e Sr. Xorda.

En novembro de 2013 editou, no selo cooperativo “Discos da Máquina”, o seu primeiro traballo discográfico A Dança dos Moscas coa banda formada por Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o proprio Alonso Caxade (voz e acordeón).

A Dança dos Moscas esgotou nun só mes a súa primeira tirada e conseguiu o aplauso da crítica e do público. Converteuse na grande revelación da tempada e valeulle a Alonso Caxade ser escollido o mellor artista nos Premios Opinión 2014, entre outras moitas nominacións e premios.

A música de Caxade é, segundo se recolle na súa web, “folk-pop cum arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e singela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico”.

Eis unha actuación de Caxade en Atardecer no Gaiás, o 13 de xullo de 2013, pouco antes de que se editase o seu primeiro disco:


Vídeo realizado por Edición Rusa para a Cidade da Cultura de Galicia.

Fonte: Caxade



Teu nome por mar e terra. O Terser Home
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Música,Videocreación
Comentarios desactivados en Teu nome por mar e terra. O Terser Home

Canción de aCadaCanto (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) debuxada polo Terser Home (Carlos Lago) en mil e pico post-its.
A letra é de Carlos Rivero Troncoso.



Teu nome por mar e terra. aCadaCanto
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Teu nome por mar e terra. aCadaCanto

Canción de aCadaCanto (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) a partir dun poema de Carlos Rivero Troncoso.

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curação.



Terra. Dakidarría (formato karaoke)
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Terra. Dakidarría (formato karaoke)

Fonte: Cancións en galego



Facemos un videoclip?
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Cultura libre,Música,Videocreación
Comentarios desactivados en Facemos un videoclip?

carta-axuste

Hai moita música Creative Commons en galego en O TOXO RABUDO NETLABEL.

Tamén hai páxinas desde onde se poden descargar fotos moi boas Creative Commons para facer videoclips ou para os vosos traballos:

PHOTOPIN FOTOS LIBRES

25 BANCOS DE IMAXES DE BALDE

Lembrade que para usar imaxes ou música doutras persoas debedes ter permiso para o seu uso público e indicar ao final do voso traballo quen son as autoras ou autores.



Unha presiña de cancións
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Unha presiña de cancións

TÍTULOS colocados por orde alfabética e por estilo:

DANCE
Sen ti por Dj Son1c Feat. Isis (2010)

POP
Amélia de Caxade (2013)
Camiños de Lamatumbá (2008)
Canto de serea de Magín Blanco e Burgas Beat (2008)
Capador de extraterrestres de Caxade (2013)
Coplas de estrelas de aCadaCanto (2012)
En Leonberg por Manu Clavijo (2011)
Mar maior dos namorados de aCadaCanto (2012)
Maxicamente vello de Roi Casal (2011)
Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)
No mar de Carmen Rey e Pablo Díaz (2009)
Por verte sorrir de Hugo Torreiro (2009)
Rumba das apertas de Magín Blanco, Guadi Galego, Ugia Pedreira e Uxía Senlle (2010)
Segunda división de Ataque Escampe (2011)
Tempestades de sal de Sés (2011)
Unha mañá de setembro de Sés (2013)

POP ELECTRÓNICO
Espida de credo de Fanny + Alexander (2009)
Vou para pior de Projecto Mourente (2012)

RAP
A piques de estoupar de Som do Galpóm
Baila de Som do Galpóm (2013)
Benvido a Mordor de Dios Ke Te Crew (2011)
Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)
Herdeiros da ditadura de Ruxe-Ruxe (2014)
Inconforme de Som do Galpóm
Ninguén de Dios Ke Te Crew e Quempallou (2007)
Non importa de Aid (2009)
Por ti de Aid (2010)

ROCK
Afundido no lixo (tributo a Skacha) de Ruxe-Ruxe (2011)
Chove de Zënzar (2012)
Rock and Roll de Ruxe-Ruxe (2008)
Soños de Ruxe Ruxe (2015)
Tempos malos de Ruxe-Ruxe (2014)
Tiven un bar de Zënzar (2010)
O galego de Zënzar (2013)

SKA
Terra de Dakidarría (2013)

SOUL
Se non podo ir a onde ti estás de Sés (2013)
Tempos de muller por Wöyza (2008)



O teu mellor amigo é quen mellor te coñece
Luns Maio 25th 2015,
Filed under: Videocampaña
Comentarios desactivados en O teu mellor amigo é quen mellor te coñece

The Man and the Dog é o nome deste anuncio que conseguiu máis de 400.000 visitas en menos de dous días.

Forma parte dunha campaña da Fundación Arxentina de Trasplante Hepático.

Fonte: El País (22/05/2015)



Presume de lingua
Domingo Maio 17th 2015,
Filed under: Publicidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en Presume de lingua

Presume de lingua o 17 de maio e despois tamén!

O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.



Que pasa cando un presentador de televisión leva o mesmo traxe todo o ano?
Martes Novembro 18th 2014,
Filed under: Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en Que pasa cando un presentador de televisión leva o mesmo traxe todo o ano?

Pois na realidade, non pasa nada.

O presentador australiano Karl Stefanovic fixo o experimento para demostrar que, mentres a súa compañeira é xulgada e, ás veces, duramente criticada por como viste, el levou o mesmo traxe azul de imitación de Burberry en antena durante todo un ano, sen que ninguén se dese conta ou sen que a ninguén lle importase.

“As mulleres son xulgadas de xeito máis duro e máis intensamente polo que fan, polo que din e polo que levan posto”, dixo Stefanovic á  axencia Fairfax Media.

KarlStefanovic

Fontes:

El País (17/11/2014)

The Sydney Morning Herald (15/11/2014)

 

 

 

 

 

 



Matriarcas. Guadi Galego
Martes Novembro 18th 2014,
Filed under: Muller e historia,Música
Comentarios desactivados en Matriarcas. Guadi Galego

“Matriarcas” é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego, Lúas de outubro e agosto que sairá á venda o vindeiro 25 de novembro.

Neste traballo audiovisual realizado por Karlos Abal, Guadi Galego rodeouse das mulleres da súa vida. Algunhas mestras, outras actrices e algunha música; algunhas coñecidas e outras anónimas, moitas nais mais non todas… as mulleres que convoca Guadi Galego para as súas “Matriarcas” son, nas súas palabras “mulleres reais que reflicten a resistencia na vida cotiá”.

 

Vía: Carme Vidal en Sermos Galiza