Nós feiramos de segunda a sexta
Xoves Febreiro 15th 2018,
Filed under: Videocampaña,Vocabulario

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) van desenvolver ao longo do 2018 unha campaña para promover os días da semana tradicionais: domingo, segunda feira, terceira feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado.

A iniciativa, chamada “Nós feiramos de segunda a sexta”, vai destinada principalmente aos máis pequenos e aos medios de comunicación dixitais. Dará comezo oficialmente o 19 de febreiro cunha conferencia de prensa.

A campaña tamén contará co apoio audiovisual da banda de música infantil Mamá Cabra, que compuxo a canción “Na segunda feira” dirixida aos nenos para facilitarlles a aprendizaxe dos días da semana.

As denominacións dos días da semana tradicionais resistiron como maioritarias ata ben entrado o século XX, pero foron caendo no esquecemento cando na escola se comezaron a promover outras formas adaptadas do castelán. “Aproveitando o feito de aínda estaren vivas as formas tradicionais da maior parte do territorio (aínda que só en persoas moi vellas), e de estaren admitidas pola norma oficial do galego, queremos darlles un impulso e evitar a súa desaparición”, afirman os promotores.

Desde a Real Academia Galega informan de que recollen as dúas formas como correctas e e que non teñen establecida ningunha recomendación de prioridade de uso.

Fonte: Televisión de Galicia (30/01/2018)



Fauna e flora
Martes Maio 18th 2010,
Filed under: Vocabulario
Comentarios desactivados en Fauna e flora

Os paxaros de Galicia

Animais invertebrados

Animais do mar

As plantas

A vida nos ríos galegos

Outros recursos para Coñecemento do Medio



Flora e paisaxe do Courel
Luns Maio 17th 2010,
Filed under: Vocabulario
Comentarios desactivados en Flora e paisaxe do Courel

Dende a Biblioteca do IES de Arzúa chega unha homenaxe á poesía de Novoneyra, o Poeta do Courel, a través da flora e a paisaxe courelás, realizada co alumnado do Ciclo de Agraria.

Fonte: MATERIAIS DIDÁCTICOS LETRAS GALEGAS 2010 da CGENDL



A xeografía do Courel
Luns Maio 17th 2010,
Filed under: Vocabulario
Comentarios desactivados en A xeografía do Courel

Presentación que se achega á xeografía courelá (relevo, clima, economía, hidrografía, os solos, etc.) dende a poesía de Uxío Novoneyra, realizada pola Biblioteca do IES Seoane de Monteporreiro (Pontevedra):

LETRAS GALEGAS 2010



Gastronomía
Domingo Maio 16th 2010,
Filed under: Vocabulario
Comentarios desactivados en Gastronomía

ALIMENTOS E UTENSILIOS:

Coñece os alimentos e utensilios

NO MERCADO:

De compras no mercado do Calvario

NO PRATO:

Receitas explicadas ante as cámaras para o programa Bótame na pota:

O marmitako de Andrea

Queixadas ao mencía

Máis receitas:

Cociña galega na Biblioteca de Fillos de Galicia

Receitas da Cooperativa “A Xoaniña”

Receitas na Lareira.net

NO RESTAURANTE:

Petiscos

Cociña caseira nun ambiente acolledor

Garum bistró

A carta do GARUM bistró é unha carta de temporada, procurando explotar os produtos más frescos da praza de abastos que se atopa a escasos metros do local. Ademais a cociña que se oferta é bastante polivalente, reinterpretando pratos tradicionais, creando combinacións un tanto sorpresivas, experimentando sabores e texturas.

ACTIVIDADES

1. Expón unha receita en formato multimedia (vídeo, pps, etc.) dun prato que se cociñe na túa casa.

2. Elabora a carta dun restaurante ideal incluíndo nela algún prato tradicional e algún prato vexetariano.




Sofraxe, empeña, virilla …
Domingo Maio 16th 2010,
Filed under: Vocabulario
Comentarios desactivados en Sofraxe, empeña, virilla …



Sofraxe
: s m. Parte da perna ou do brazo oposta ao xeonllo ou ao cóbado.

Empeña
: s f. Parte superior do pé correspondente ao metatarso.

Virilla: s f.Parte do corpo onde se unen o muslo e o abdome. Éngoa.

Nádega: s f. Masa carnosa da parte inferior e posterior do tronco, entre a coxa e a cintura do corpo humano, constituídas polos glúteos, que serven para a elevación e o sostemento da pelve, a extensión, a abdución e a rotación do fémur e a abdución e a rotación da coxa

Caluga
: s f. Parte onde a cabeza queda unida ao pescozo pola parte posterior.

Calcañar: s m. Parte posterior do pé, sobre a que se apoia ao andar.

Fonte: Blog do ENDL do CEIP Campolongo