Papás e mamás.
Sábado Decembro 07th 2013,
Filed under: Feminino-Masculino,Videocreación
Comentarios desactivados en Papás e mamás.

Mamás Y Papás – Mummies & Daddies (2008)

Moisés Romera e Marisa Crespo dirixiron e produciron esta impresionante curtametraxe en 2008.

Elenco:
Nerea Gómez no papel de Nena
Pepa Gómez no papel de Mamá
Carlos Tormo na voz de Papá



O bardo usa o seu puño de ferro
Mércores Abril 14th 2010,
Filed under: Feminino-Masculino,Videocreación
Comentarios desactivados en O bardo usa o seu puño de ferro

Videocreación de Susana Rodríguez Fariña premiada no Concurso para a Antoloxía Poetízate convocado polo Club de Lectura “Colegas das palabras” do IES Julio Prieto Nespereira.

Susana Rodríguez Fariña, que asina este traballo como Sus, realizou un extraordinario traballo adicado á súa avoa, a partir do poema “O bardo” de Carlos Negro publicado na antoloxía Poetízate.

Parabéns Sus!

Fonte: Blog Colegas das palabras



Falar. Un relato de Sechu Sende
Venres Marzo 26th 2010,
Filed under: Sociolingüística,Videocreación
Comentarios desactivados en Falar. Un relato de Sechu Sende

NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.

Sara Vázquez e Anxo Fole Lamas, alumnos do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba foron os gañadores en 2008 do concurso ” Mobilízate pola lingua” organizado pola Mesa de Lugo para fomentar a reflexión sobre a dificultade de vivirmos en galego.



Exame ás 10
Domingo Febreiro 28th 2010,
Filed under: Medios de Comunicación,Videocreación
Comentarios desactivados en Exame ás 10

En 1999 Antonio Caeiro realiza cos seus alumnos do taller de vídeo do instituto Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, esta curtametraxe sobre a manipulación dos medios de comunicación, creando unha historia que casualmente cobrou vixencia once días despois da súa estrea, cando dous rapaces de Coloumbine (Denver) a fixeron realidade.

Por outra banda, esta curta foi obxecto de polémica porque na canle de TV Antena 3 acusaron os seus autores de facer apoloxía da violencia.

Exame ás 10 foi galardonado nos certames de Soria, Valencia, Vilagarcia, Viana, Irún e Madrid.



Algo incrible está esperando a ser descuberto…
Martes Febreiro 23rd 2010,
Filed under: Videocreación
Comentarios desactivados en Algo incrible está esperando a ser descuberto…

Esta curta foi realizada por alumnos e alumnas do IES A Basella de Vilanova de Arousa. Se queredes ver máis curtas dirixidas por Xabier Marqués, profe de inglés en Vilanova e gañador do primeiro premio “Curtas Na Rede” en 2007 pola súa curta “Z”, só tedes que entrar na Canle de Xabier Marqués en YouTube.