Discurso da nena Natalia López López
Martes Novembro 28th 2017,
Filed under: Documentos,Vídeoconferencia
Comentarios desactivados en Discurso da nena Natalia López López

Este é o discurso completo da nena Natalia Lizeth López López na entrega de premios do Certame fotográfico Un flashazo ciudadano centrado no tema Multiculturalismo en el Estado de Nuevo León, organizado en 2013 pola Comisión Estatal Electoral de Nuevo León, México.

Natalia é unha nena orgullosamente indíxena con moito que dicir sobre o amor ás raíces e a importancia da pluralidade cultural e o plurilingüismo.



Conferencia de Juan Carlos Moreno Cabrera
Xoves Xuño 24th 2010,
Filed under: Sociolingüística,Vídeoconferencia
Comentarios desactivados en Conferencia de Juan Carlos Moreno Cabrera

Nacionalisme lingüístic espanyol from LLUÍS SALAS on Vimeo.

Conferencia impartida por Juan Carlos Moreno Cabrera, catedrático de Lingüística Xeral na Universidad Autónoma de Madrid, na “Jornada 10 Anys de Filologia Catalana a la UOC” (Universitat Oberta de Catalunya) co título “A Lingüística e o nacionalismo lingüística español”.

Nesta conferencia o profesor da Autónoma analiza e desmonta seis mitos do nacionalismo español:

1. O abolengo documental do español.

2. As virtudes do castelán primitivo.

3. A conversión do castelán en español.

4. A dialectalización do castelán moderno.

5. O español como lingua común.

6. O español global.

Máis información no seu ensaio “Lengua/nacionalismo en el contexto español”, UAM, 29/06/2010



Conferencia de Luís Villares
Xoves Xuño 24th 2010,
Filed under: Sociolingüística,Vídeoconferencia
Comentarios desactivados en Conferencia de Luís Villares

Luís Villares from Queremos Galego on Vimeo.

Luis Villares , xuíz titular do Xulgado da Fonsagrada e portavoz de Xuices para a Democracia en Galiza . Entre outros aspectos tratou nesta conferencia a “liberdade lingüística” tal e como a entenden os agresores do galego, e argumentou a insconstitucionalidade de propostas como a segregación do alumnado por razón de língua.