Marea de mulleres
Luns Xaneiro 22nd 2018,
Filed under: Vídeo documental

Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do seu oficio e das súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas.

Marea de mulleres é unha curtametraxe realizada polo  alumnado de 4º da ESO do CPI As Mirandas, de Ares, entre os meses de outubro de decembro de 2017, ao abeiro do programa «Vidas mariñeiras», e estreada nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano.

O sábado 13 de xaneiro de 2018 foi presentada na Coruña, na sala do Centro Galego de Artes da Imaxe.

 

 

Dirección:
Uxía Amorín Gómez, Icía Bermúdez Fornos, Vera Candal Jacob, Vanessa Carpente Martínez, Aitana Feal Vilar, Adrián Fernández Filgueiras, Lara Fonte Allegue, Miriam Giraldo Herrera, Paula López Vilasánchez, Isabel Maceiras Varela, Carmen Martínez Dragó, Yasmina Martínez Oufquir, Paula Mesías Fernández, Julia Roade Conejo, Verónica Rodríguez Martínez, Borja Souto Prego, Judith Zabala Martínez

 

Fonte: Vidas mariñeiras



De corazón, mariñeiro
Luns Xaneiro 22nd 2018,
Filed under: Vídeo documental

A través das palabras de Vituco, da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, mergullámonos na ría de Ferrol para coñecer algunhas das especies que a habitan, ao tempo que coñecemos o traballo que desenvolve o seu equipo científico, entre o que se atopa a eumesa Xela Cunha Veira, ex-alumna do IES Breamo de Breamo.

De corazón, mariñeiro é unha curtametraxe realizada polo alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI A Xunqueira, de Fene, entre os meses de outubro de decembro de 2017, ao abeiro do programa «Vidas mariñeiras», e estreada nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano.

O sábado 13 de xaneiro de 2018 foi presentada na Coruña, na sala do Centro Galego de Artes da Imaxe.

 

 

Dirección:
Ángelo A. Cazorla Villarroel, Paula Leite Pico, Sofía Moure Dopico, María Pérez Seoane, Alicia Prieto López, Marta Seco Ameneiro, Caio Augusto Severiano Artiaga, María Souto Rodríguez

 

Fonte: Vidas mariñeiras



Entre o río e o mar
Luns Xaneiro 22nd 2018,
Filed under: Vídeo documental

Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume.

Entre o río e o mar é unha curtametraxe realizada polo alumnado de 3º de ESO do IES Breamo, de Pontedeume, ao abeiro do programa «Vidas mariñeiras», entre os meses de outubro e decembro de 2017. Foi estreada nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano e o sábado 13 de xaneiro de 2018 foi presentada na Coruña, no Centro Galego de Artes da Imaxe.

 

 

Dirección: Belén Carballeira Ageitos, Vítor Castelos Pérez, Lucía Cots Vera, María López Álvarez, Cástor Regueira Dosil, Sara Rubido Varela e Emilio Sánchez Ródenas.

Fonte: Vidas mariñeiras



Voces dunha paisaxe
Martes Decembro 05th 2017,
Filed under: Vídeo documental

Voces dunha paisaxe, IES Manuel Murguía (Arteixo), Cinema en curso 2015-2016 from Cinema en curs on Vimeo.

Voces dunha paisaxe é unha curtametraxe documental realizada no curso 2015-16 por alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo, dentro do programa Cinema en curso.

Desde unha perspectiva coral e tamén íntima, a curta achéganos á transformación dun espazo rural en suburbial, destapando a ferida na paisaxe e na xente.



Camiño á escola
Xoves Outubro 20th 2016,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Camiño á escola

Sur le chemin de l’école é un documental realizado por Pascal Plisson no ano 2013. Nel amósase como en catro lugares diferentes do mundo os nenos e nenas viven experiencias moi diferentes para asistir ás súas escolas, demostrando o valor que ten a educación para eles.

Non hai tanto tempo no mundo occidental tamén era así, aínda que agora, como destaca o primeiro fotograma deste documental, “esquecemos con frecuencia que a escola é unha sorte”.

Máis información na web Camino a la Escuela.

cheminecole

 



O castro de Viladonga
Martes Outubro 11th 2016,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en O castro de Viladonga

Presentación e historia do Castro de Viladonga

Vídeo con demostracións virtuais da aparencia do Castro de Viladonga na antigüidade con reprodución do estilo de vida dos séculos segundo e primeiro antes de Cristo.



Galicia castrexa e romana
Martes Outubro 11th 2016,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Galicia castrexa e romana

Galicia terra única. Capítulo 1. Lugo. Galicia castrexa e romana.

 



E ha de vir o apalpador
Luns Decembro 24th 2012,
Filed under: A lingua falada,Documentos,Vídeo documental
Comentarios desactivados en E ha de vir o apalpador

Documental da Gentalha do Pichel de recollida antropolóxica sobre a figura do Apalpador, unha das nosas tradicións laicas coas que se celebra o solsticio de inverno. Porque en palabras dos seus autores, “o Apalpador é um invento, um invento milenar que emana das memórias graníticas da nossa terra”.

 

 

Vaite logo, meu minín,

marcha agora pra a camiña,

que vai vir o Apalpador

apalparche a barriguiña.

 

Mañá é día de cachela,

que haberá gran nevarada

e ha de vir o Apalpador

cunha maga de castañas.

 

 



Carta-feira logho vén
Venres Xullo 13th 2012,
Filed under: A lingua falada,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Carta-feira logho vén

Hoxe é luns, mañán é martes,

carta-feira logho vén,

de mañán en oito días

é a semana que vén.

Copla recollida en Compostela, etc.

Quarta-feira Logo Vem, filme da Gentalha do Pichel que reivindica as denominacións tradicionais dos días da semana.

As formas tradicionais dos días da semana, construídas coa palabra feira (segunda-feira, terza-feira, cuarta-feira, quinta-feira e sesta-feira) continúan vivas do norte ao sur da Galiza, aínda que só entre as persoas máis vellas das nosas comarcas.

O documental, de algo máis de 10 minutos, reivindica a recuperación das denominacións tradicionais. Tamén nos mostra como a xente pasou de usar “quinta-feira a jueves” e só introduciu as novas denominacións nos últimos anos a través do ensino e os medios de comunicación.

 

Fonte: Dioivo (12/07/2012)



Aragonés
Venres Xuño 22nd 2012,
Filed under: Documentos,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Aragonés

Archivo Audiovisual do Aragonés:

Fonte: Google quere salvar tres linguas en perigo de desaparición en Españaraza (Praza Pública, 22/06/2012)