Hemisferios. 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo
Martes Marzo 07th 2017,
Filed under: Música,Videocampaña
Comentarios desactivados en Hemisferios. 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo

8 voces de mulleres galegas para o 8 de Marzo. Distintas propostas musicais. Distintas xeracións. Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Pilocha, Carmen Rey, Belem Tajes, Silvia Penide e Sonia Lebedinsky. A letra e a música é da máis nova de todas elas, Alba María.

Reuniron o seu talento e a súa forza vocal, puxérono para dar pulo á causa feminista neste 8M, a proposta das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña como forma de comemorar o Día Internacional das Mulleres.

Fonte: Sermos Galiza (07/03/17)



As inventoras de onte e de mañá
Martes Marzo 07th 2017,
Filed under: Muller e historia,Videocampaña
Comentarios desactivados en As inventoras de onte e de mañá

#MakeWhatsNext é unha iniciativa de Microsoft, que quere fomentar a vocación científico-técnica nas rapazas e acabar co cliché de que as ciencias e a tecnoloxía son ‘cousa de homes’.



iFala
Sábado Maio 21st 2016,
Filed under: Música,Videocampaña
Comentarios desactivados en iFala

iFala from Illa Bufarda on Vimeo.

Video para Ora Galega con motivo da celebración do centenario das Irmandades da Fala.
Letra, composición e interpretación musical: Poetarras
Idea, guión, gravación, edición e posprodución de vídeo: Illa Bufarda
Gravación e posprodución de audio: Pablo Lamosa
Axudante de produción na rodaxe: Natalia Veiga

 

Letra:

Son tradicional
sacho nas patacas, bebo directamente da vaca
Espiritual
vou de xira coa Santa Compaña se estou de resaca
Son conceptual
creo que estamos ante unha lingua afrodisíaca
E son inmortal
Cen anos despois as Irmandades contratacan

Hai sombras, hai dramas, hai sondas, hai chagas, hai meigas, hai eivas, ai, para
Hai tolos, hai bravas, hai soños, hai ganas, hai pobo, hai todo, iFala

Son a normalización
deixemos para as latas de sardiñas a conservación
Autodeterminación
esta é a cuestión a miña zona as miñas decisións
Son a exaltación
esta terra é tan fermosa que ao admirala caio na masturbación
Son revolución
Irmandades da Fala representadas nesta xeración

Hai sombras, hai dramas, hai sondas, hai chagas, hai meigas, hai eivas, ai, para
Hai tolos, hai bravas, hai soños, hai ganas, hai pobo, hai todo, iFala.



Querido papá. Campaña viral contra as violencias machistas
Domingo Decembro 20th 2015,
Filed under: Feminino-Masculino,Videocampaña

A ONG norueguesa Care Norge vén de lanzar unha campaña que, baseada nun vídeo de 5 minutos, pretende denunciar as violencias machistas “que moitas nenas e mulleres afrontan durante a súa vida”. “A mensaxe da película -di a orgnaización- é que os homes son, poden e deben ser un modelo positivo e renunciar á violencia”, tanto ás agresións físicas como aos micromachismos. Nesta ligazón podes acceder a unha tradución automática ao galego do texto no que Care Norge explica a súa campaña
© Care Norge

Grazas á Coordinadora Galega de ENDL pola súa tradución ao galego.



O teu mellor amigo é quen mellor te coñece
Luns Maio 25th 2015,
Filed under: Videocampaña
Comentarios desactivados en O teu mellor amigo é quen mellor te coñece

The Man and the Dog é o nome deste anuncio que conseguiu máis de 400.000 visitas en menos de dous días.

Forma parte dunha campaña da Fundación Arxentina de Trasplante Hepático.

Fonte: El País (22/05/2015)



Presume de lingua
Domingo Maio 17th 2015,
Filed under: Publicidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en Presume de lingua

Presume de lingua o 17 de maio e despois tamén!

O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.



Making-of do videoclip TERRA
Xoves Xullo 03rd 2014,
Filed under: Música,Videocampaña
Comentarios desactivados en Making-of do videoclip TERRA

Despois dunha semana na rede e máis de 3500 visualizacións, o EDLG do IES de Chapela fai público o making-of do videoclip TERRA no que se poden ver os traballos de preparación e gravación e a implicación de toda a comunidade educativa do seu IES.

Parabéns ao EDLG e a toda a comunidadge educativa do IES da Chapela por tanto traballo e tan ben feito! E grazas por compartilo!

 

 

Fonte: O Berete



“Terra” dos Dakidarría en lingua de signos
Mércores Xuño 25th 2014,
Filed under: Música,Videocampaña
Comentarios desactivados en “Terra” dos Dakidarría en lingua de signos

Grazas ao EDLG do IES de Chapela (Redondela), podemos gozar deste videoclip no que o tema TERRA, dos DAKIDARRÍA, é levado á lingua de signos .

TERRA é un canto de amor a Galiza, ás súas aldeas, barrios, vilas e cidades, ao seu mar e ao seu campo… á Terra. O canto ceibe dun pobo que chama a mocidade activa a berrar e a facer camiño. Unha música que como o vento rebelde que vén de lonxe, clama por unha sociedade aberta que saiba ESCOITAR, APRENDER e COMPARTIR. Foi este o lema que engaiolou á comunidade educativa do IES Chapela e que conseguiu xuntar as enerxías do IES Audiovisual de Vigo no proxecto “Escoitando a Terra”, seleccionado neste curso como “excelente” pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Cando un grupo de alumnas e alumnos do IES Chapela propuxo ao EDLG do Centro a realización dun videoclip en Lingua de Signos, todo confluíu. A música, Galiza, a lingua galega, os dereitos das persoas xordas. TERRA pretende achegar á mocidade de Chapela e da comarca de Vigo unha lingua que día a día perde falantes entre a xente nova, mais tamén quere visibilizar a realidade dun sector da poboación que non oe, pero que escoita, e sobre todo quere ser escoitado. Na defensa da nosa lingua, por unha sociedade que teña en conta as nosas diferenzas en busca da igualdade, aquí está TERRA.

Na gravación implicáronse activamente máis de 250 persoas. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais… que quixeron neste VIDEOCLIP apoiar os dereitos das persoas xordas e dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro… precisa de nós.

FONTE: Canle de YouTube do EDLG A Chapela



O chocolate e as mulleres
Venres Marzo 08th 2013,
Filed under: Feminino-Masculino,Publicidade,Sustentabilidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en O chocolate e as mulleres

Tras a marca é unha campaña de Oxfam que ten como obxectivo que as grandes empresas alimentarias apoien ás familias agricultoras e coiden mellor do planeta.

Este vídeo diríxese ás mulleres consumidoras das marcas de chocolate máis poderosas:



O mundo mudou
Xoves Xuño 28th 2012,
Filed under: Sustentabilidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en O mundo mudou

The World Has Changed é o título deste vídeo de WWF (The World Wide Fund for Nature):