LINGUA GALEGA. REFLEXIÓNS na etapa “Feijoo” 2012
Xoves Maio 17th 2012,
Filed under: Opinión,Sociolingüística,Vídeo documental

Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas e Marcelino Fernández Mallo, 10 voces das actuais letras galegas, reflexionan en alto sobre a situación, pasado e presente do idioma galego na era Feijóo.

A LiNGUA GALEGA. REFLEXIÓNS na etapa “Feijoo” é unha reportaxe de Rosabel Candal e Xosé Bocixa.

Fonte: Dioivo



María Reimóndez, premio Dora Vázquez 2012
Xoves Marzo 08th 2012,
Filed under: Opinión
Comentarios desactivados en María Reimóndez, premio Dora Vázquez 2012

María Reimóndez recolle o premio Dora Vázquez 2012 no Centro tecnolóxico de Arteixo e le o artigo polo que foi premiada, “Desobediencia”:



As leis antidescargas
Luns Marzo 05th 2012,
Filed under: Cultura libre,Opinión
Comentarios desactivados en As leis antidescargas

 

TEXTO 1:

Megaupload 2012: asalto ao tren do futuro (artigo de Tati Mancebo)

Fonte: Praza Pública (31-I-2012)

ACTIVIDADE:

Cal é a intención de Tati Mancebo ao escribir este texto?

Argumentos que utiliza a autora para defender a súa opinión.

TEXTO 2:

A propiedade intelectual ou o feudalismo da cultura (artigo do “Gardador de xanelas”)

Fonte: Blog Xanelas (26-I-2012)

ACTIVIDADES

Argumentos do autor que non utilizase Tati Mancebo no seu artigo.

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN

Busca na rede información sobre famosos e famosas que se posicionasen a favor ou en contra das descargas de balde.



O ensino público na picota
Martes Setembro 27th 2011,
Filed under: Opinión



A xeración dos videoxogos
Sábado Febreiro 12th 2011,
Filed under: Didáctica,Opinión
Comentarios desactivados en A xeración dos videoxogos

Fonte: Colegas das palabras



Falas menos galego que un telettubi
Venres Xuño 25th 2010,
Filed under: Documentos,Opinión,Sociolingüística
Comentarios desactivados en Falas menos galego que un telettubi

Artigo de Séchu Sende publicado en O Noso Nadal Galego e Verde (12/2009)



Fábula del castellanoparlante
Domingo Xuño 06th 2010,
Filed under: Documentos,Opinión,Sociolingüística
Comentarios desactivados en Fábula del castellanoparlante

En mi ya largos años de vida en Galicia he observado que si no sabes hablar gallego estás perdido en esta tierra, porque nadie te respeta, nadie te entiende y te consideran un pobrecito paleto (…) cuando no un sospechoso extremista de carácter español. La discriminación es brutal. Todos los documentos oficiales se escriben en gallego, igual que los contratos privados o públicos y la correspondencia privada, empresarial, publicitaria u oficial. A los niños se les obliga a estudiar todas las asignaturas en gallego, menos dos (una de ellas la Lengua española).

Las televisiones y los canales de radio emiten exclusivamente en gallego y los periódicos, como es evidente, niegan espacio a los textos en castellano, relegados en exclusiva al ámbito cultural. Todos los juicios han de celebrarse en gallego y es muy raro que te autoricen un traductor al castellano (…). En las tiendas no se pueden comprar ordenadores porque su lenguaje es el inglés o el gallego (…). Los nombres de las calles de ciudades como La Coruña están rotulados en el idioma colonizador. (…) te miran con desprecio o a lo sumo como un pájaro exótico si te expresas en la lengua de Cervantes (…). Las misas, rezos y homilías se hacen en gallego únicamente. No entiendo el empeño de los ciudadanos de esta tierra por imponer una lengua que (…) no es la propia de Galicia.

Tanta colonización ha provocado en nosotros un histórico complejo de inferioridad hasta el punto de que padres castellano hablantes educan a sus hijos en gallego.

Felisa Conde Pena, “Cartas al director”,

La Voz de Galicia, 21.11.1989

1. Cres que está xustificada a ironía da autora desta carta ao director?
2. Paréceche que existe algunha clase de agresión aos castelán falantes en Galiza?
3. Identifica os ámbitos de uso do idioma que se citan no texto? Cal cres que é a situación lingüística real dos ámbitos que a autora menciona?
4. Cales deses ámbitos che parecen máis importantes no proceso de recuperación lingüística do galego?

 

Fonte: Caderno de Lingua



Guía sexual da Sociolingüística
Domingo Xuño 06th 2010,
Filed under: Documentos,Opinión,Sociolingüística
Comentarios desactivados en Guía sexual da Sociolingüística

Artigo de Séchu Sende

Segundo clasificado no III Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Concello de Carballo 2007

Normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua. Si, pode ser que antes lle chuchemos o dedo a alguén ou que lle mordamos o lóbulo da orella, mais son as nosas linguas as primeiras que nos exploran por dentro en serio, de verdade. A nosa lingua é unha das principais vías para o coñecemento humano.Por iso é difícil esquecer a primeira vez que lle metes a lingua a alguén, a primeira vez que unha lingua entra na túa boca. Porque non deixa de ser a primeira vez que lle permitimos a outra persoa entrar dentro nosa. Ao descubrirmos a nosa intimidade, coa lingua expresamos a nosa identidade.A que non sabías que durante un beixo se moven 29 músculos? E que os batimentos cardíacos aumentan de 70 para 150 e melloran a oxixenación do sangue? Si, o beixo beneficia o corazón. E ademais adelgaza. Nun bo morreo gastamos preto de 12 calorías!

Tamén é importante saber que o morreo é cousa de dous. Un morreo é un diálogo entre papilas gustativas, entre a lingua e o ceo do padal, entre o cuspe e os dentes. E nun diálogo entre dúas persoas hai que dar e recibir, ofrecer e aceptar, avanzar e retroceder, facer ruído e gardar silencio, entrar e saír. Morrear é unha das máximas expresións da comunicación humana.

O proceso de normalización da lingua galega é un proceso comunicativo conflitivo. Os axentes sociais máis críticos denunciamos a ineficaz política lingüística da administración, o desprezo dos media ou a eficacia da escola para desgaleguizar as novas xeracións. É un proceso no que o enfrontamento e a queixa son continuos. A perda da lingua é un drama, abofé. Mais que pasaría se ligásemos o discurso da normalización da lingua ao pracer? Se falásemos desde o discurso da satisfacción e a analoxía do bico? Un pouco de humor tamén é necesario e podemos falar de cousas serias cun sorriso nos labios. Estabamos falando de beixos con lingua…Eis a Guía Sexual da Sociolingüística.

1. Exixamos para a nosa lingua o mesmo pracer do que goza calquera lingua.

2. Se aínda nunca o fixeches busca alguén con quen te sintas cómoda ou cómodo e adiante! Aínda que ás veces facelo con persoas descoñecidas, así de súpeto, resulta mellor.

3. O proceso de normalización é un proceso social que parte de cada persoa e que se basea no intercambio de comunicacións. Podemos facer moitas cousas en solitario…, mais non nos podemos morrear a nós mesmas.

4. Se teu pai e túa nai non che aprenderon nin che dixeron como se fai, non pasa nada… Aínda estás a tempo de aprender pola túa conta.

5. Sobre este tema sempre houbo –e hai– tabús, falsos mitos, pouca información e moita ignorancia… Pasa dos prexuízos doutros tempos e adiante.

6. Hai xente á que lle gustaría probar porque intúen que lles vai gustar mais…, dálles corte! Non te acovardes, desinhíbete e goza coa lingua.

7. Aínda hai xente que pensa que darlle á lingua non é fino e xente que pensa que é un pouco vulgar…. He, non teñen nin idea!

8. A lingua é un instrumento imprescindíbel para relacionármonos, integrarnos, darnos a coñecer e coñecer xente. Sen non usas a lingua fechas portas. Non sexas pechado ou pechada.

9. Pode ser un rollo dunha noite. Ou unha relación para toda a vida.

10. A eficacia da lingua depende da práctica. A lingua mellora co uso. Ninguén nace aprendido!

11. Hai persoas que teñen problemas psicolóxicos que lles impiden darlle á lingua con normalidade. Eses problemas –identificados pola Sociolingüística como diglosia, autoodio…– teñen solución.

12. Hai persoas que teñen problemas ideolóxicos que dificultan ou impiden o uso natural da lingua. Esas problemas teñen máis difícil solución…

13. Isto tamén é un feito cultural. Respecta a cultura da túa sociedade. Se vivísemos no polo norte entre esquimós sería normal dármonos os beixos chocando o nariz.

14. Hai persoas que consideran que a súa lingua é máis útil, máis áxil, máis atractiva e mellor. A ignorancia non ocupa lugar.

15. O morreo, como a lingua, non diferencia ás persoas, é democrático: non debe discriminar por idade, raza, sexo, clase social ou lugar de nacemento.

16. É bo para a saúde e para a túa calidade de vida persoal e social. Unha habilidade necesaria no mundo de hoxe.

17. Hai quen pensa que son as linguas as que lles dan prestixio ás persoas cando realmente somos as persoas as que prestixiamos ou desprestixiamos a nosa lingua. E se nós non valoramos a nosa lingua, quen o vai facer?

A lingua é a mellor forma de descubrirnos e descubrir outras persoas. O mellor é ter como obxectivo vivir a nosa lingua como a nosa sexualidade: de forma libre, satisfactoria, consciente, responsábel e saudábel. Con normalidade!

Da relación da Sociolingüística co sexo oral falaremos noutro momento.

Fonte: Vieiros (19/05/2007)



Prohibir
Xoves Xuño 03rd 2010,
Filed under: Opinión
Comentarios desactivados en Prohibir

Artigo de Miguel-Anxo Murado publicado en La Voz de Galicia (12/02/2004)

MAL ASUNTO cando nin sequera sabemos como se chama o que queremos prohibir. Siguen dicíndolle velo , pero non é un velo. O que ven de prohibir o martes o Parlamento en Francia é que as estudiantes musulmanas leven o hiyyab, que en realidade é só un pano de cabeza. Un pano de cabeza, por exemplo, como o que levaba a miña avoa Aurelia. Ela, e todas as mulleres da Galicia e da España rural (e Francia) ata non hai moito. Velo, en cambio, era o que poñía algunhas veces a miña nai na misa. Era esa redeciña negra e semitransparente que cobría a cara. Usábana entón moitas mulleres, incluso crentes progresistas como a miña nai, e hoxe aínda a levan algunhas viúvas nos enterros para ocultar o rostro apesarado. Outras prefiren as gafas de sol, que cumpren a mesma función que o velo: velar. E tamén o fan os famosos, e os mafiosos e os policías, todos polo mesmo motivo.
Certo que xa non se obriga a ninguén a levar velo, gafas ou pano na cabeza. Tampouco as obrigan a moitas desas rapazas árabes (as empañoladas , chamabamolas cando eu vivía en Xerusalén). Unha contoume que levaba o pano xusto porque llo prohibía o pai, un árabe liberal, de tantos que hai, pese ó que cren os que temen e descoñecen. O hiyyab é tamén moda, coquetería, e ata hai en Ramallah rapazas que o levan cos labios pintados. A vida é máis complexa do que pensan eses que temen e descoñecen.
A moitas outras obríganas os pais, efectivamente. Eses pais tamén lles prohíben fumar, beber e levar a saia curta. Pero a lei francesa que prohíbe o hiyyab non obriga a levar minifalda Sería máis lóxico, se o que se quere combater é o puritanismo ou o control que os pais exercen sobre o roupeiro das fillas. Pero queremos conservar o noso puritanismo combatindo só o deles (Lémbrome das rapaciñas da Compañía de María, preto do meu colexio: recollían as saias canto podían para ir máis á moda. As monxas, os pais cristiáns, reñíanlles).
Que o Islam é unha relixión intolerante é evidente. Como todas. Non pode ser doutra forma: son moi antigas. Tomadas ó pé da letra, son incompatibles co mundo moderno. Por iso evolucionan e a nosa relixión oficial é a Democracia. Pero, curiosamente, tamén a esta lle sucede o mesmo: que tomada ó pé da letra, e aplicada polos que temen e descoñecen, vólvese non menos intolerante que aquilo que pretende erradicar. E prohíbe, prohíbe, prohíbe… Como un pai musulmán ou cristián fanático.



Velación
Xoves Xuño 03rd 2010,
Filed under: Opinión
Comentarios desactivados en Velación

Artigo de María Xosé Queizán publicado n’A Nosa Terra (01/12/2009)

A velación, o feito de que as mulleres deban cubrirse, agacharse, forma parte da concepción patriarcal e relixiosa, e parte da premisa de que son obscenas e o seu corpo e a súa carne produce escándalo. O fogar, o convento, é o seu lugar e, de saír á luz pública, debe velarse. A medida que, coa modernidade, fomos conseguindo identidade e prestixio, fomos perdendo recato, retirando panos e saias, liberando o corpo, facéndoo patente e digno como a nosa personalidade. Pero as mulleres islámicas, aínda hoxe, teñen a obriga de iren veladas e, de non facelo, poden ser reprimidas ou agredidas por certos homes que, segundo lemos na prensa de cando en vez, chegan a converter o desacato en velorio. É a represión e o medo o que as leva a velarse nos países islámicos. Outra cousa é a decisión de moitas inmigrantes de seguir usando velo nos países democráticos onde xa instalamos a transparencia e procuramos a igualdade entre os sexos. En lugar de imitarnos, reclaman o dereito da súa indumentaria ancestral (os seus homes visten como occidentais) e, incluso queren impoñela en lugares inadecuados, como en salas de xustiza. Pretenden usar as liberdades democráticas para volvelas contra a democracia. Queren someter as súas fillas a unha inxusta tradición. Non hai liberdade de non ser libres. Non podemos volver atrás. Xa estivemos onde elas están agora e custounos moito saír. Teñen a obriga de adaptarse ás nosas liberdades, e, por outro lado de apoiar as súas conterráneas, de non ofender as irmás dos seus países que arriscan a morte por gozar das liberdades que elas menosprezan.