Facemos un videoclip?
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Cultura libre,Música,Videocreación
Comentarios desactivados en Facemos un videoclip?

carta-axuste

Hai moita música Creative Commons en galego en O TOXO RABUDO NETLABEL.

Tamén hai páxinas desde onde se poden descargar fotos moi boas Creative Commons para facer videoclips ou para os vosos traballos:

PHOTOPIN FOTOS LIBRES

25 BANCOS DE IMAXES DE BALDE

Lembrade que para usar imaxes ou música doutras persoas debedes ter permiso para o seu uso público e indicar ao final do voso traballo quen son as autoras ou autores.



Unha presiña de cancións
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Unha presiña de cancións

TÍTULOS colocados por orde alfabética e por estilo:

DANCE
Sen ti por Dj Son1c Feat. Isis (2010)

POP
Amélia de Caxade (2013)
Camiños de Lamatumbá (2008)
Canto de serea de Magín Blanco e Burgas Beat (2008)
Capador de extraterrestres de Caxade (2013)
Coplas de estrelas de aCadaCanto (2012)
En Leonberg por Manu Clavijo (2011)
Mar maior dos namorados de aCadaCanto (2012)
Maxicamente vello de Roi Casal (2011)
Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)
No mar de Carmen Rey e Pablo Díaz (2009)
Por verte sorrir de Hugo Torreiro (2009)
Rumba das apertas de Magín Blanco, Guadi Galego, Ugia Pedreira e Uxía Senlle (2010)
Segunda división de Ataque Escampe (2011)
Tempestades de sal de Sés (2011)
Unha mañá de setembro de Sés (2013)

POP ELECTRÓNICO
Espida de credo de Fanny + Alexander (2009)
Vou para pior de Projecto Mourente (2012)

RAP
A piques de estoupar de Som do Galpóm
Baila de Som do Galpóm (2013)
Benvido a Mordor de Dios Ke Te Crew (2011)
Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)
Herdeiros da ditadura de Ruxe-Ruxe (2014)
Inconforme de Som do Galpóm
Ninguén de Dios Ke Te Crew e Quempallou (2007)
Non importa de Aid (2009)
Por ti de Aid (2010)

ROCK
Afundido no lixo (tributo a Skacha) de Ruxe-Ruxe (2011)
Chove de Zënzar (2012)
Rock and Roll de Ruxe-Ruxe (2008)
Soños de Ruxe Ruxe (2015)
Tempos malos de Ruxe-Ruxe (2014)
Tiven un bar de Zënzar (2010)
O galego de Zënzar (2013)

SKA
Terra de Dakidarría (2013)

SOUL
Se non podo ir a onde ti estás de Sés (2013)
Tempos de muller por Wöyza (2008)



Matriarcas. Guadi Galego
Martes Novembro 18th 2014,
Filed under: Muller e historia,Música
Comentarios desactivados en Matriarcas. Guadi Galego

“Matriarcas” é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego, Lúas de outubro e agosto que sairá á venda o vindeiro 25 de novembro.

Neste traballo audiovisual realizado por Karlos Abal, Guadi Galego rodeouse das mulleres da súa vida. Algunhas mestras, outras actrices e algunha música; algunhas coñecidas e outras anónimas, moitas nais mais non todas… as mulleres que convoca Guadi Galego para as súas “Matriarcas” son, nas súas palabras “mulleres reais que reflicten a resistencia na vida cotiá”.

 

Vía: Carme Vidal en Sermos Galiza



Making-of do videoclip TERRA
Xoves Xullo 03rd 2014,
Filed under: Música,Videocampaña
Comentarios desactivados en Making-of do videoclip TERRA

Despois dunha semana na rede e máis de 3500 visualizacións, o EDLG do IES de Chapela fai público o making-of do videoclip TERRA no que se poden ver os traballos de preparación e gravación e a implicación de toda a comunidade educativa do seu IES.

Parabéns ao EDLG e a toda a comunidadge educativa do IES da Chapela por tanto traballo e tan ben feito! E grazas por compartilo!

 

 

Fonte: O Berete



“Terra” de Dakidarría
Mércores Xuño 25th 2014,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en “Terra” de Dakidarría

Videoclip oficial do tema “Terra”, da banda DAKIDARRÍA, que recibiu o Premio do público ao mellor videoclip no XI Festival de Cans en maio de 2014.

“Un grupo, once músicos, unha canción, unha equipa, 2222 km, amizades, risas, bocatas, sancións, choiva, mexarelas, entrevistas, estrada, peaxes…” Con estas palabras resumen o traballo que supuxo a rodaxe de “Terra” os seus responsables.

Este videoclip, levado a cabo por Samthing Visual nas tarefas de dirección e realización, supón unha nova maneira de promoción e de traballo da banda, debido a que o extenso recorrido pola xeografía galega e o contacto coas súas xentes son o prato forte deste novo proxecto.

A canción forma parte do disco Utopías emergentes e viu a luz en 2011, nela colaboraron coa banda do Val Miñor músicos tan relevantes como Suso de Soak, Petetas de Tiro na Tesa e Falperrys, Paulo de Skarnio e Liska, Javi de Heredeiros da Crus e Jabón Blue, Esteban de Skacha e Falperrys, Xurxo dos Diplomáticos de Montealto e Os Tres Trebóns, García dos Dios Ke Te Crew, Kike de Kallaikoi, Vituko Ruxe Ruxe e Come de The Skarnivals.

TERRA

Baixar da furgoneta, no cabo de Ortegal
lembrando aquel vello poema xusto antes de tocar,

Ou no Bierzo galego, coa xente do lugar
ceando xuntos nas pallozas na noite de San Xoán,

Verbas de mariñeiro na praia de Massó
mentres o sol quenta con raiba os guindastres de Teis,

Revolta no Berbés, mantendo Vigo en pé,
cidade proletaria.

Historias dunha terra de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos nas voltas que a música nos dá.
Camiñar é facer camiño, escoitar, aprender e compartir.

As dornas de Combarro loitando contra o mar
ou as gamelas de Ares que nunca naufragarán,

Tratorada en Chantada cun frío que nin dios,
resistencia en Montealto e unha nova okupación,

Mencer en Carballiño, coma sempre sen un can,
ir vendo crecer a Iñaki a golpes de Rock&Roll,

A mocidade activa, do noso Val Miñor
berra para facerse oír.

Historias dunha terra de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos nas voltas que a música nos dá.
Camiñar é facer camiño, escoitar, aprender e compartir.

Facendo camiño ao andar nas voltas que a música
nos dá, na cabeza,amizade, xente ceibe
coma o vento ou as ondas do mar,
un vento rebelde que vén de lonxe,
agora en nós nomeámo-lo furacán
e agora que sone a música da colectividade
coas súas historias de cuncas, terra, dignidade e mar.
Salvaterra do Miño, Riotorto, Pardiñas, Cangas, Ordes,
Poulo, Manselle, Montealto, Monteferro, O Courel…
A nosa música é do pobo e é para o pobo!!

Historias dunha terra de cuncas e de mar
que xuntos coñecemos nas voltas que a música nos dá.
Camiñar é facer camiño, escoitar, aprender e compartir.

FONTE: dakidarria.com



“Terra” dos Dakidarría en lingua de signos
Mércores Xuño 25th 2014,
Filed under: Música,Videocampaña
Comentarios desactivados en “Terra” dos Dakidarría en lingua de signos

Grazas ao EDLG do IES de Chapela (Redondela), podemos gozar deste videoclip no que o tema TERRA, dos DAKIDARRÍA, é levado á lingua de signos .

TERRA é un canto de amor a Galiza, ás súas aldeas, barrios, vilas e cidades, ao seu mar e ao seu campo… á Terra. O canto ceibe dun pobo que chama a mocidade activa a berrar e a facer camiño. Unha música que como o vento rebelde que vén de lonxe, clama por unha sociedade aberta que saiba ESCOITAR, APRENDER e COMPARTIR. Foi este o lema que engaiolou á comunidade educativa do IES Chapela e que conseguiu xuntar as enerxías do IES Audiovisual de Vigo no proxecto “Escoitando a Terra”, seleccionado neste curso como “excelente” pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Cando un grupo de alumnas e alumnos do IES Chapela propuxo ao EDLG do Centro a realización dun videoclip en Lingua de Signos, todo confluíu. A música, Galiza, a lingua galega, os dereitos das persoas xordas. TERRA pretende achegar á mocidade de Chapela e da comarca de Vigo unha lingua que día a día perde falantes entre a xente nova, mais tamén quere visibilizar a realidade dun sector da poboación que non oe, pero que escoita, e sobre todo quere ser escoitado. Na defensa da nosa lingua, por unha sociedade que teña en conta as nosas diferenzas en busca da igualdade, aquí está TERRA.

Na gravación implicáronse activamente máis de 250 persoas. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais… que quixeron neste VIDEOCLIP apoiar os dereitos das persoas xordas e dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro… precisa de nós.

FONTE: Canle de YouTube do EDLG A Chapela



“Estamos no verán!!!” de Xoán Curiel
Martes Xuño 24th 2014,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en “Estamos no verán!!!” de Xoán Curiel

Fonte: sinbad.prazapublica.com



Os da Ría brindan por un 2014 “supersenlleiro”
Martes Decembro 31st 2013,
Filed under: Música,Videocreación
Comentarios desactivados en Os da Ría brindan por un 2014 “supersenlleiro”

Súmome a Arturito e Fabián para desexarvos o mellor no 2014 e nos que están por vir e que poidamos seguir compartindo moitas risas:

 



Volver a casa por Nadal. Xabarín & Xababanda
Luns Decembro 24th 2012,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Volver a casa por Nadal. Xabarín & Xababanda

Panxoliña pop interpretada polo Xabarín & Xababanda, recomendada por Luís Lago (3º ESOB). Grazas, Luís! E Bo Nadal a tod@s!

 

Neve nas montañas

tres magos que veñen e van

panxoliñas doces

cantamos porque é Nadal.

 

En primavera hai que voar,

nadar na praia no verán,

pasar o outono en Nova Iorque,

volver a casa por Nadal.

 

Chegou o tempo de soñar,

sen deixarmos de xogar,

nun mundo cheo de paz,

fogares cheos do amor.

Quen colleu o mando da televisión?

 

En primavera hai que voar,

nadar na praia no verán,

pasar o outono en Nova Iorque,

volver a casa por Nadal.

 

Todo o tempo sen parar,

volver a casa por Nadal.

 



O cometido. Chouteira
Luns Decembro 24th 2012,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en O cometido. Chouteira

“O cometido” é unha panxoliña interpretada por Chouteira e publicada en Cantigas de Nadal, un cd recompilatorio editado por BOA Music en 1998.

Recomendóunola Sara Rodríguez (3º ESO B) e vén que nin pintada para estes tempos de crise… Grazas, Sara!!! E a ver se entre tod@s somos quen de darlle unha volta a tanta inxustiza e o mundo se volve un lugar máis amable!!!

 

Foron tres magos de Oriente
a cumprir o cometido,
alagóuselle a patera 
na metade do camiño,
apareceu ao rescate
unha lancha de aduanas.

E de guatemala para guatepeor,
non escapa ninguén
de tanto control (bis)

E fixéchela ben e fixéchela boa
non nos deixan en paz
nin en Noiteboa.
E fixéchela boa e fixéchela ben
que nos deixen en paz
para o ano que vén.

A Virxe e máis o virutas
miran onde se deitar,
non hai sitio nas pousadas
e ocupan un portal.
Dous anxiños de paisano
van facer o desaloxo.

E de guatemala para guatepeor,
non escapa ninguén
de tanto control (bis)

E fixémola ben...

Por entrementras os magos
seguen en comisaría,
con problemas de papeis
fartos de ver a policía.
Aquí no canto da Europa
non é todo cousa linda.

E de guatemala para guatepeor,
non escapa ninguén
de tanto control (bis)

Letra da panxoliña en .pdf para imprimir