A lira. Uxía e Zeca Medeiros
Luns Febreiro 19th 2018,
Filed under: Música,Videocreación

“A lira” é unha canción tradicional das Azores, que Uxía Senlle integrou no seu disco Eterno Navegar cantándoa a dúo con Zeca Medeiros.

O director Mario Iglesias envolveuna cun universo de imaxes propias de gran forza e intensidade.

Linda canción e lindo vídeo!



En nós só manda o vento. Keltoi!
Luns Febreiro 19th 2018,
Filed under: Música

No máis fondo de ti, xurde o rancor de quen repite un erro
De quen busca os culpábeis da súa doma e a súa castración
Como se a historia non fora connosco
Coma un escravo orgulloso de selo
Estamos mudos?, estamos cegos? somos da vila ou so vimos prá festa?
Basta xa de mirarmos pra outro lado. Abonda de tanto choromicar
Abre os ollos e mira prá túa Terra! .Nosa Galiza que hoxe esmorece
Abre a boca e fala coa túa lingua!
Non renunciaremos a quen somos, ás nosas vidas, noso idioma os nos soños
Soños de liberdade, de traballo e de xustiza
Porque ninguén mandan en nós, nen dios, nen vós
A nosa historia farémola nós
Seremos denantes mort@s que escrav@s
E a que agardas pra erguerte nistes tempos de oscuridade i eterno inverno?
E a que agardas pra erguerte canda min?
Sae á rúa e berra coma o vento que afunde barcos e tronza imperios
Saca a raiba que tes dentro de ti!

Álbum: Sons da rúa, de Keltoi!

Fonte: Common People Records



Non haberá perdón. Fred and The Perrys
Luns Febreiro 19th 2018,
Filed under: Música

Somos o povo farto de inxustizas
Xuiz, xurado, brazo executor
Sentenzas absurdas, falso sistema
Que se vende ao mellor postor

Non fago preguntas, non quero respostas
Non agardo explicacion
Ollo por ollo, dente por dente
Non haberá perdon!

Non habera perdon!
Xustiza pola man, xustiza da rua
vixia as túas costas eu vixíos as tuas
o meu alento na tua caluga

Somos a clase farta de mentiras
Fria vinganza contra o explotador
A vosa vergonza o noso orgullo
Peito erguido fronte a decepción

O teu medo, a miña forza
Non preciso xustificación
Ollo por ollo, dente por dente
Non haberá perdon!

Álbum: Non haberá perdón, de Fred and The Perrys

Fonte: Common People Records



Fóra do río. High Paw
Venres Decembro 15th 2017,
Filed under: Música

“Fóra do río” é o tema que abre Searching for the Recipe, o primeiro traballo da galega High Paw.

Vídeo gravado en maio de 2016 na península do Morrazo por Martín Gil, Xabier Jacome e Martín Fiallega de Licor Kafé Films.



93. Darío DK
Venres Decembro 15th 2017,
Filed under: Música

Letra: Darío DK.
Gravación e mezcla: Rives.
Videoclip: Rives.



Temos un Nhu na leira. Airinhos do Cu
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música

“O esperpéntico e ecléctico colectivo Airinhos do Cu ten o prazer de apresentar Temos um Nhu na Leira. Este noso segundo videoclí ben podería ter algunha explicación a modo de prólogo, ou incluso epitafio… iso deixámolo ao voso parecer.”

Con estas palabras se presenta este proxecto cheo de humor.



Romance da bela rosa. Sés
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música

Auditorio de Galicia – 8 de abril 2017



Labregha Berghantiñana. Sés
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música


Ultramarinos – Santiago de Compostela – 26 de nvoembro de 2013



Readmirando a condición. Sés
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música

“Readmirando a condición” é o tema que abre o quinto disco da autora galega, traballo homónimo que recolle ademais as once cancións do seu primeiro álbum, Admirando a condición (2011).
Readmirando a condición está composto por doce tracks escritos, musicados e arranxados pola propia Sés, que exerce nel de produtora musical e executiva.



Non é verán de Estrella Damm. Ezetaerre
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música

Despois de tanto frío xa tardaba este verán
E invaden a terriña eses turistas alemáns
Mollando a sardiña nun cacho de pan
Que aquí non se pide paella, paspán
Non son illas Caimán este grande paraíso
Aínda que o queiran converter noutro luxo para ricos
Cemento e pelotazo, tópicos tan típicos
Galiza tropical éche sitio distinto
Noite, lúa, estrelas sobre a area
Berrarlle a ese pavo que está a roncar na sesta
Perreo salvaxe co son das orquestras
Nin piche no mar, nin lume na foresta
Protesta! Que xa chega o trebón
Que non te pille vendo a televisión
Dá noxo o seu xogo de especulación
Outro desaloxo, outra okupación

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Balcóns e turistas moi ben non casan
Non sei se é un paxaro ou é un avión
Pronuncias Sangenjo con aires da Castellana?
Vas ir directiño a un gulag en Benidorm

Non é verán de Estrella Damm
É o verán da working class
Collimos forzas todo o ano
para expropiarlles o verán

Nós non imos a Cancún que a pasta non sobra
Toca traballar, nin cruceiros, nin tumbonas
Queremos que a Solana sexa pública pra todas
E se isto non se arranxa… Bomba!
Queda ti no iate, eu na praia ao atardecer
Nadando en San Amaro cun frío que corta a pel
Outro festival no que se pon a chover
E o cabrón do Antonio que non pensa aparecer
Non sei se son camareiro ou escravo
Tres meses de explotación e din que baixa o paro
Hoy no hay contrato
Soño dunha noite dun curro precario
Un partido cos colegas á luz do serán
E co son dunha canastra cunha rede de metal
Expropiaremos cada casa en primeira liña de mar
Fódete, Maluma, este é o tema do verán

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Loitar nesta vida pasando do drama
Fuxindo de guiris queimados ao sol
Que é iso que toma o calvo da Panorama?
¡No! ¡Azúcar no!

Retrouso

Espertamos da resaca cun tema de Georgie Dann
Aires de Caribe Mix entre as Ketchup e Chayanne
Unha sesta co Tour pegado ao ventilador
Que esta noite imos de esmorga como ingleses en Salou
Yo sí quiero montarme en tu velero
Poñer rumbo a Lampedusa e asaltar un patrulleiro
Pra vivir mediterraneamente
O mar é o cemiterio dunha Europa indiferente
Vente a construír outro verán
As festas libres de acoso xa non poden agardar
Non máis xentrificación, nin turismo colonial
Non máis curro veraniego, inestable e temporal
E Jordi Cruz a currar nun chiringuito
A tres euros á hora e sen dereito a finiquito
Primo, cadaquén na súa función
Tourist go home and refugees welcome

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Picantes coma os pementos de Padrón
Contemos historias pra rir a cachón
Manel Navarro, o teu tema é un mojón
2018, Ezetaerre a Eurovisión

Retrouso