Endrezos web radio escolar
Venres Maio 11th 2012,
Filed under: Didáctica,Medios de Comunicación
Comentarios desactivados en Endrezos web radio escolar

Ministerio de Educación: actividades interactivas de formación en liña para docentes e alumnado. Tamén actividades de autoavaliación:
http://recursos.cnice.mec.es/media/radio/index.html

Etapas dun guión radiofónico:
http://usuarios.multimania.es/zabert/radio.html

Clases de radio LCO:
http://estudiantesdecomunicacion.com/lco/

Presentación moi sinxela de capacitación básica en radio:
http://www.slideshare.net/lenguayliteratura/radio-escolar

Proxecto RADIOESCUELA:
http://www.radioescuela.org

Como se proxecta un programa de radio:
http://omcweb.urcm.net/archivo/pdf/PROYECCION_DE_UN_PROGRAMA_DE_RADIO.pdf

Proxecto de audio:
http://territoriosonoro.com/IMG/pdf/taller-audio-Alumno.pdf

Centro de formación, estímulo e creación do relato na radio
http://www.narrativaradial.com

Páxina web “Radialistas apasionadas y apasionados” con artigos e manuais de formación:
http://radialistas.net/clipslist.php?od=140

 



o conto dos tres porquiños por The Guardian
Sábado Abril 28th 2012,
Filed under: Medios de Comunicación,Publicidade
Comentarios desactivados en o conto dos tres porquiños por The Guardian

The Guardian comezou a emitir en Internet e TV este anuncio no que dá conta da hipotética cobertura xornalística do conto dos tres porquiños, exemplificando as diferentes técnicas xornalísticas empregadas (desde cobertura en directo ata análise ou infografía) e a integración da participación cidadá.

Fonte: Capítulo Cero



Xornada de folga na CRTVG
Mércores Decembro 14th 2011,
Filed under: Medios de Comunicación
Comentarios desactivados en Xornada de folga na CRTVG

       

Os/as traballadores/da CRTVG que secundaron a folga do 10 de outubro de 2011 en contra da LEI DOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS, elaboraron un informativo reivindicativo manifestando a súa postura e publicárono en YouTube.

Como consecuencia dese informativo, os presentadores Ana Pérez e Alfonso Hermida foron represaliados pola canle pública de Galicia sendo afastados do programa especial da noite electoral do 20 de novembro.

1ª parte do ESPECIAL INFORMATIVO dos traballadores da CRTVG en folga:

2ª parte do ESPECIAL INFORMATIVO dos traballadores da CRTVG en folga:

Máis información en Galicia Confidencial
Máis información en El Mundo



Reporteiros Sen Fronteiras. Campaña para apadriñar a liberdade de información
Mércores Decembro 14th 2011,
Filed under: Medios de Comunicación,Videocampaña
Comentarios desactivados en Reporteiros Sen Fronteiras. Campaña para apadriñar a liberdade de información

Campaña de RSF “Apadriña a liberdade de información” na que xornalistas famosos apadriñan un colega encadeado para darlle voz.



O século do individualismo
Luns Novembro 28th 2011,
Filed under: Medios de Comunicación,Publicidade,Vídeo documental
Comentarios desactivados en O século do individualismo

Documento para a reflexión:

The Century of the Self (Parte 1) (Subtítulos en español)

Película documental dirixida por Adam Curtis e producida pola BBC.



O naufraxio do Prestige na prensa
Domingo Novembro 13th 2011,
Filed under: Documentos,Medios de Comunicación,Sustentabilidade
Comentarios desactivados en O naufraxio do Prestige na prensa

Na seguinte presentación podemos ver o tratamento que recibiu o naufraxio do Prestige no xornal La Voz de Galicia: Portadas do 14 de novembro de 2002 ao 18 de xaneiro de 2003:



Un suceso real. 4
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Feminino-Masculino,Medios de Comunicación
Comentarios desactivados en Un suceso real. 4

FICHA D: A VÍTIMA

Analiza o seguinte texto:

Fonte: Faro de Vigo, versión dixital, do luns 12 de febreiro do 2007

María Del Carmen Rodríguez Pazo, muller acoitelada polo seu ex-marido en Tui, que se recupera no Hospital do Meixoeiro: “Entrou no meu coche e sacou un coitelo enorme: Non sei nin como estou viva!”

Durante os meus oito anos de matrimonio aguantei o inaguantable. Ao ano de casarnos intentou aforcarme e cheguei a irme da casa, pero despois perdoeino “.

Marta Fontán / VIGO

María del Carmen esperta pouco a pouco dun pesadelo. Esta muller de 34 anos, que a pasada fin de semana foi acoitelada polo seu ex-marido en Tui, recupérase no Hospital do Meixoeiro das graves feridas sufridas. Tombada na cama, o seu rostro non só reflicte a dor das lesións físicas. Os seus ollos énchense de bágoas cando lembra o medo e a impotencia que sentiu durante un matrimonio de oito anos cheo de malos tratos. A separación non foi a solución: as ameazas e as agresións seguiron espreitándoa. “Tiña claro que ía vir por min. Xa o intentou outras veces e el mesmo mo dicía: “ou es miña outra vez, ou mátote “, relátalle a Faro. O seu ex-marido suicidouse tras a agresión. E agora, esta muller, que recibiu tres puñaladas no abdome, só ten un desexo, para ela e para o seu “pequeno” de 6 anos: “Quero vivir feliz, xa me toca, non?”.

– A agresión do pasado sábado non foi unha sorpresa…

– O que ocorreu penseino moitas veces. Son moitos anos os que o levo denunciando. Eu a todo o mundo lle dicía que me ía matar. Desde que me separei, en xullo do ano pasado, xa o intentou unhas tres veces.

– Como foi o seu matrimonio?

– Cando casei ía cumprir 26 anos. Xa sendo noivos agrediume unha vez, pero estaba tan namorado que llo pasei. E o matrimonio? Foron oito anos da miña vida aguantando o inaguantable. Ao ano de casar, intentou aforcarme. Entón denuncieino e cheguei a irme da casa, pero pediume perdón e volvín con el. Lembro que nesa primeira denuncia, a excepción da miña familia e dos meus amigos próximos, non atopei apoio de ninguén. Nin no xulgado nin en ningún sitio. Pola contra, parecía como se eu fose a culpable. Por iso non o volvín denunciar en todo o matrimonio.

– Pero o maltrato era continuo…

-Si. E sempre igual: pegábame ou insultábame e, aos dez minutos, pedíame perdón e botábase a chorar. Lembro que polo seu traballo el íase ás seis da mañá e volvía ás oito da tarde. E o medo apoderábase de min cando el chegaba de traballar: sabía que por calquera cousa, por un calcetín no corredor ou porque non tiña a cea á súa hora, ía montala. E non só era o maltrato físico, senón tamén o psicolóxico: dicíame que no valía para nada, e iso acábalo crendo. Non me coidaba, non me amañaba… E el non me permitía nada: non tiña acceso ao diñeiro, non podía quedar cunha amiga, chegoume a cortar o teléfono. Era moi celoso. E eu cedía porque estaba namorada. Ata o verán de 2006, cando me separei, sempre tiven a esperanza de que cambiaría, ben polo noso fillo ou ben por min.

– Cando se pensou na separación?

– Lembro que, en 2004, el marchou embarcado e deixoume soa. E fíxate, con todo, eu aínda lle suplicaba que non se fose, tíñalle medo á soidade. Pero, ante esa situación, deime ánimos. Díxenme: a traballar e a coidar do meu fillo. E decateime de que había vida fóra das catro paredes da miña casa. Nesa época tamén me metín no centro de axuda a mulleres maltratadas, sen que el o soubese, claro, e iso abriume os ollos. Eu tiña un diñeiro aforrado e decidinme a cumprir un soño, sacar o carné de autobuses e de ambulancia. Cando el regresou, conteille que o conseguira e el deume unha malleira.

– É nesa época cando decide romper a relación?

– De repente, díxenme: acabou. Dérame conta de que podía tirar para adiante soa, que non me facía falta para nada. E, sobre todo, pensei no meu fillo, que non merecía ver cousas tan fortes. Non era vida para min nin para o meu pequeno.

– Como foi a súa vida tras a separación?

– Xa de casados repetíame: “Es miña e, se me deixas mátote e, se te vas con outro, mátote a ti, a el e o neno”.

E, ao mes de separarme, fun á A Coruña á casa dunha amiga e seguiume e intentou atacarme cun coitelo. No xuízo admitiu que ía matarme. E puxéronlle unha orde de afastamento, pero non valía de nada. Seguíame, chamábame ao móbil…

– Que recorda da agresión do pasado sábado?

– Eu baixe á rúa para ir ao supermercado e subín ao coche. El montou detrás de min e sacou dunha bolsa de plástico un coitelo enorme. Non sei nin como estou viva! Quixen agarralo, pero non tiña forzas. E empeceille a dicir o que lle dicía sempre para intentar que me soltase: que lle quería, que volvería con el, que non me matase polo neno… Parecía que se abrandaba e, de repente, notei que unha moza tiraba de min. Despois xa non me acordo de moito: foise, eu levanteime e caín de xeonllos na estrada.

– Tras a súa experiencia, que lles recomendaría a outras vítimas de malos tratos?

– Que denuncien! E á primeira labazada que se vaian, que non aguanten nada. Eu debo dicir que todo o fixen eu soa. Desde que me separei non vin nin unha axuda: eu tiven que buscar o traballo, a vivenda… Téñennos que axudar máis, que somos moitas.

ACTIVIDADES

– Que sentía a vítima?

– Que fixo?

– Que se puido cambiar?

– Como resulta o relato cando escoitamos o contexto, a vítima, a muller que intervén…?



Un suceso real. 3
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Feminino-Masculino,Medios de Comunicación
Comentarios desactivados en Un suceso real. 3

FICHA C: O MALTRATAMENTO E A SOCIEDADE

Analiza o seguinte texto:

Fonte: Faro de Vigo, versión dixital, do luns 12 de febreiro do 2007

Se non estás comigo non estás con ninguén”, dixo o veciño de Tomiño ao apuñalar á súa ex-muller

O home, que se suicidou horas despois na súa casa, será enterrado hoxe, mentres a vítima se recupera no Hospital Meixoeiro.

U. F./E.G. / VIGO/Tomiño

Se non estás comigo, non estás con ninguén”, exclamaba Eduardo Vieira Laranxeira, de 38 anos, mentres acoitelaba polo menos tres veces, a súa ex muller María del Carmen R.P., de 34, no interior dun vehículo no casdo urbano de Tui. A vítima recupérase no Hospital Meixoeiro de Vigo das puñaladas que recibiu no abdome cun gran coitelo de cociña, aínda que ningunha lle afectou os órganos vitais e non se teme pola súa vida.

Consciente e acompañada en todo momento polos seus pais, foi intervida de madrugada e onte esperaba en reanimación pasar a planta. O seu estado é “reservado”, segundo fontes sanitarias que declinaron ofrecer máis datos, dado que o caso se leva no Xulgado de Tui.

A muller salvou a vida grazas aos gritos de auxilio, que levaron ao lugar a numerosos veciños. Ela mesma avisou que fora o seu ex-marido. O homicida frustrado debeu crer que a matara, fuxiu do lugar e quitouse a vida na casa de Figueiró (Tomiño), na que residía só desde que a súa muller o abandonou o pasado verán. O seu corpo sen vida foi atopado aforcado na bufarda da vivenda pola Garda Civil, que o buscaba mediante un amplo dispositivo desde que ás 9 da noite agrediu a súa ex-muller.

Eduardo, como todos os días desde que se separou, comeu o sábado na casa dos seus pais. Con el estaba o único fillo que tivo con María del Carmen, de 6 anos, con quen adoitaba pasar as fins de semana. Explicoulles aos seus pais que ía cear en Marín cuns amigos e, de paso, vería unha lancha que lles interesaba, motivo polo que o neno se quedou a durmir cos avós. “Preguntáronlle se quería quedarse e el dixo que si moi contento, é un neno moi espelido”, aseguraban onte achegados á familia do falecido.

Nin a súa familia nin os seus amigos se explican que puido ocorrer despois. “Non sabemos se o tiña todo preparado ou se xurdiu, aínda que para levar consigo o coitelo algo debía barruntar”, explican. O certo é que Eduardo e María del Carmen tiñan previsto asinar esta mesma semana os papeis da separación e el ía marcharse a traballar a Holanda. “Era un bo soldador e o outro día comentounos que se marchaba porque lle saíra un traballo en Holanda”, explican.

María del Carmen casara con Eduardo un mes de febreiro de hai nove anos. Hai poucos meses, ela operouse da obesidade mórbida que padecía e os seus coñecidos aseguran que xa baixara máis de 30 quilos.

Tras a separación do seu marido o pasado verán, ela trasladouse co seu fillo de 6 anos a un piso que era propiedade do matrimonio, na avenida de Portugal, en Tui. A el regresaba o sábado pola noite, tras facer a compra nun supermercado, cando o seu ex-marido se meteu no coche que ela conducía, sentouse no asento do copiloto e acoitelouna.

Varios veciños do inmoble acudiron na súa axuda e foron quen taponaron as súas feridas.

Foi detido por ameazas e tiña orde de afastamento.

Aínda que os seus veciños aseguran que o matrimonio formado por Eduardo e María del Carmen non era conflitivo de portas afora e que nunca souberon, ata a súa separación, que existise algunha ameaza, o certo é que a Garda Civil facía un control da parella, segundo transcendeu onte.

Ela marchou da casa en xullo e, pouco despois, denunciouno. O pasado mes de outubro, o home foi detido por supostas ameazas de agresión. Tamén a finais de ano se ditou unha orde de afastamento que lle impedía acercarse e comunicarse con María del Carmen. Ante esta situación, iniciouse un control especial por parte das forzas de seguridade.

Os problemas entre o matrimonio agudizáronse e coinciden no tempo coa melloría experimentada pola muller tras a súa operación de obesidade mórbida. O feito de que ela tivese unha nova relación, como cría Eduardo, levouno a intentar matala en plena rúa.

Cruzáronselle os cables, non era mal rapaz”, di o párroco.

O párroco de Figueiró, José Luis Portela, recoñece que a parroquia está consternada con este suceso. Onte prestoulle consolo á nai do homicida frustrado, a quen coñece desde hai tempo, pois trátase dunha familia asentada hai anos. “Eduardo non era mal rapaz. Cruzáronselle os cables. Era un traballador empedernido, pero hoxe en día faltan fundamentos, démoslle as costas a Deus e ante as adversidades…”, explica.

A súa nai pasou a noite rezando para que non lle pasase nada á súa nora. Dicía que el, se quería quitarse a vida, puido facelo sen facerlle dano a ela”, di o sacerdote. O funeral será esta tarde ás 17.30 horas no tanatorio de Guillarei.



Un suceso real. 2
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Feminino-Masculino,Medios de Comunicación
Comentarios desactivados en Un suceso real. 2

FICHA B: O MALTRATAMENTO E A SOCIEDADE

Analiza o seguinte texto:

Fonte: Faro de Vigo, versión dixital, do luns 12 de febreiro do 2007

ISABEL FONTÁN – TESTEMUÑA DO ACOITELAMENTO EN TUI

Vin como lle cravaba varias veces o coitelo no abdome”

Esta moza tratou de sacar do coche a vítima, pero non puido ao tela agarrada o agresor. “Sentín medo porque me viu. Cando souben que se quitara a vida respirei”.

Eva González / TUI

Isabel Fontán Sías, de 21 anos de idade e veciña de Rebordáns (Tui), é a persoa que acudiu primeiro á chamada de auxilio de Carmen R. P., a vítima do acoitelamento que se produciu na avenida de Portugal, sobre as 21.00 horas do pasado sábado. Intentou sacar a vítima do coche mentres vía como o agresor “lle presionaba o abdome cun coitelo grande, como de carniceiro”. Ao ver que non podía frear a agresión, saíu á estrada e cos brazos en cruz parou os coches, pedindo auxilio. E pararon. A actuación desta moza foi providencial para impedir que Eduardo Vieira Laranxeira acabase coa vida da súa vítima.

– Recorda como empezou todo?

– Ía cara a Tomiño co meu coche, pero parei na avenida de Portugal para falar cunha amiga. De repente, escoitei uns gritos: “socorro, socorro, auxilio, que me están asasinando!!!”. Saín correndo e fun cara ao coche próximo, onde pensei que unha parella estaba discutindo. Eu non os coñecía de nada. Ela estaba sentada no asento do condutor e el no de acompañante.

– Que ocorreu despois?

– Todo pasou moi rápido. Vin como o home tiña nas mans un coitelo de folla moi grande e ancha, como de carniceiro, mentres ela estaba inclinada. Entón fun pola parte do condutor e tirei da moza intentando sacala do coche, pero non podía porque o home tíñaa agarrada pola chaqueta. Entón, el ameazoume co coitelo.

– Vostede seguiu alí, a pesar diso?

-Si. Só sei que eu non podía quedar de brazos cruzados, cando estaba vendo como el lle presionaba o abdome varias veces con aquel gran coitelo. Ademais, dicíalle: “ti non vas estar con F. (un nome de varón). Se non estás comigo, non estarás con ninguén”.

– A vítima perdeu o coñecemento?

– Non. Tamén gritaba, ata que perdeu as forzas para facelo. Como vin que non podía facer nada para frear o agresor, planteime no medio da estrada para parar os coches e pedir auxilio para impedir que a matase. Os condutores tiñan dúas opcións: parar ou atropelarme. E pararon. Agrupouse entón moita xente.

-Que pasou entón?

-A xente comezou a gritarlle: “que fas, tolo!” e el optou por irse. A moza saíu do coche e caeu ao chan, xunto ao paso de cebra. Eu corrín ao seu lado e suxeiteina. Entón, un mozo e unha moza presionárono na zona das feridas para deter a hemorraxia. Ela seguiu consciente e pediu un móbil para chamar a F. que, ao parecer, é o seu noivo. Despois, chegaron a Garda Civil, a Policía local, a ambulancia…

– Que sentiu vostede despois?

-Moito medo, pensando que o agresor me vira a cara, e tamén o meu coche, polo que era posible que viñesen por min. Cando souben que se quitara a vida, respirei. Aínda así, só durmín dúas horas antes de ir ao meu traballo, na cafetería do Pilar. Quero ir ver a moza ao hospital en canto poida. Nunca vivín unha situación de malos tratos e quedoume a sensación de impotencia ao non poder evitar, a pesar de todo, que a acoitelasen dese xeito. Creo que o que me pasou son cousas do destino.

ACTIVIDADES

– Que pensas sobre o trato que os medios de comunicación lle dan ao agresor?

– E á vítima?



Un suceso real. 1
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Feminino-Masculino,Medios de Comunicación
Comentarios desactivados en Un suceso real. 1

FICHA A: O MALTRATAMENTO E A SOCIEDADE

Analiza o seguinte texto:

Fonte: Faro de Vigo, versión dixital, do luns 12 de febreiro do 2007

CONSTERNACIÓN EN TOMIÑO

Un matrimonio “normal”

Carmen e Eduardo Vieira nunca lles deron motivos aos seus veciños que permitisen presaxiar a traxedia.

U.F. / VIGO

O ultramarinos da praza de Figueiró era onte un fervedoiro de xente. Os veciños de Eduardo Vieira e María del Carmen defínenos como un matrimonio “normal” que se separou e que nunca deron motivos que permitisen presaxiar a traxedia.

Del destacan que era moi traballador. “Saía da casa ás 7 da mañá e non volvía ata a noite“, explican. Ese puido ser un dos puntos de fricción entre o matrimonio. “Ela comentou moitas veces que o seu marido non lle facía caso, que prefería traballar e nunca saían, nin a levaba cear”, explican quen eran os seus veciños.

Coinciden en que xamais se oíron discusións entre eles e aseveran que Eduardo non era agresivo. “A miña nai é maior e sempre se ofrecía por se tiñamos que levala ao médico. Tamén ela”, explica outra muller.

Cando María del Carmen se foi da casa o pasado mes de xullo, as cousas cambiaron. “Ao pouco tempo, comentounos que fora ameazada por el”, apostilan. Afirman que, ao parecer, María del Carmen acudiu ao Centro de Información á Muller da Guarda, de carácter municipal e o único que opera no Baixo Miño.

“Deixaba o neno coa súa sogra e íase consultar o seu caso. Alí asesorárona. A avoa quedaba co neno, pero non sabía a onde ía a nora”, aseguran.

ACTIVIDADES

– Que pensas sobre o trato que os medios de comunicación lle dan ao agresor?

– E á vítima?