Unha canción en portugués conquista o corazón dos europeos
Domingo Maio 14th 2017,
Filed under: Lusofonía,Portugal
Comentarios desactivados en Unha canción en portugués conquista o corazón dos europeos

 

Como anunciaban todos os prognósticos, Salvador Sobral gañou onte Eurovisión 2017 coa canción “Amar pelos dois”.

É a primeira vez que Portugal gaña este festival e ademais faino ao grande, pois foi a canción máis votada polo xurado e tamén polo televoto, acadando un total de 758 puntos, a maior puntuación que consegue unha canción na historia de Eurovisión.

Como ben dixo Castelao, “a nosa lingua florece en Portugal”.

Eis a interpretación dos irmáns Sobral que fechou a gala, despois de recibir Salvador o micrófono de cristal:



Amar pelos dois. Salvador Sobral (vídeo coa letra)
Xoves Maio 11th 2017,
Filed under: Lusofonía,Portugal
Comentarios desactivados en Amar pelos dois. Salvador Sobral (vídeo coa letra)

Canción vencedora do Festival da Canção 2017

Autora: Luísa Sobral

Intérprete: Salvador Sobral

 

Versión acústica interpretada polos irmáns Sobral ao vivo e en directo no programa BFF da RFM.

 



“Amar pelos dois” cantada por nenos e nenas de Cádiz
Xoves Maio 11th 2017,
Filed under: Lusofonía,Portugal
Comentarios desactivados en “Amar pelos dois” cantada por nenos e nenas de Cádiz

A canción “Amar pelos dois” parte favorita entre as finalistas de Eurovisión 2017 e xa ten moitos fans por Europa adiante, tamén nas escolas.

Eis un vídeo dun cole de Cádiz con alumnos e alumnas animando a Salvador Sobral , #salvadorable.

Fonte: Jornal de noticias (09/05/2017)



Amar pelos dois. Unha balada en portugués parte entre as favoritas para Eurovisión 2017
Xoves Maio 11th 2017,
Filed under: Lusofonía,Portugal
Comentarios desactivados en Amar pelos dois. Unha balada en portugués parte entre as favoritas para Eurovisión 2017

Unha canción de amor composta por Luísa Sobral e interpretada por Salvador Sobral, foi a vencedora do Festival da Canção 2017 e representa a Portugal en Eurovisión. A escolla non estivo exenta de polémica e o mesmo polo que foi criticada é polo que agora é encumada. Unha balada tranquila e intimista, interpretada dun xeito moi persoal e en portugués!

 


Salvador Sobral – Amar Pelos Dois – 1ª Semifinal | Festival da Canção