A acentuación
Martes Outubro 14th 2014,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en A acentuación

TIL

 

TEORÍA

Presentación coas regras xerais de acentuación por acereixo:

No seguinte enlace de Galego en Zadar podes descargar outra presentación coas regras de acentuación:

Presentación coas regras de acentuación do galego para descargar

 

No seguinte enlace tes unha completa guía sobre a acentuación gráfica en galego do Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia:

Acentuación gráfica – Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia

 

A continuación podes acceder a un resumo das mesmas regras da Biblioteca de Fillos de Galicia:

Resumo das regras de acentuación do idioma galego

PRÁCTICA

EXERCICIOS PARA IMPRIMIR OU FACER NO CADERNO E CORRIXIR NA CLASE:

Exercicios de ortografía galega – Ogalego.eu

Exercicios de acentuación en lingua galega – ancoralengua.wordpress

EXERCICIOS INTERACTIVOS PARA FACER EN LIÑA:

Acentuación en galego – DTIC Xesús Golmar



O pronome átono precisa o seu sitio
Mércores Maio 16th 2012,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en O pronome átono precisa o seu sitio

Chiste de Gonzalo Vilas



A conxugación verbal
Sábado Decembro 10th 2011,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en A conxugación verbal

CILENIS CONXUGADOR é unha nova ferramenta lingüística que permite conxugar os verbos galegos en liña.

A ferrramenta dispón ademais dunha versión en portugués para facilitar a conxugación dos verbos portugueses.

A que agardas? Entra e escribe o infinitivo que queiras conxugar.

 



Clasificación semántica dos substantivos
Xoves Novembro 10th 2011,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en Clasificación semántica dos substantivos

Antropónimo: nome de persoa (Uxía).
Hipocorístico: variante familiar dun nome propio (Catuxa, Pepe…).
Alcume: denominación dunha persoa que non son o seu nome, normalmente poden afectar a un individuo ou a toda a súa familia ou provir dalgunha característica física (O Roxo, os Farrucos-os do Farruco).
Patronímicos: apelidos (Ponte, Fernández, Queixas).
Topónimos: nomes de lugar (A Pobra do Caramiñal).
Orónimos: nomes de montañas, serras e soutos (serra da Loba).
Hidrónimos: nomes de ríos, lagos e zonas húmidas (río Pedras).

_______
Exónimos: nomes dos topónimos estranxeiros nunha lingua determinada (Londres, Nova York).

___________________________________________________________________________________________________________________

MAPA CONCEPTUAL E EXEMPLOS: PILAR PONTE

Fonte: Blog A Profa



Un idioma preciso
Xoves Abril 14th 2011,
Filed under: A lingua por dentro,Sociolingüística,Videoentrevista
Comentarios desactivados en Un idioma preciso

Xusto Rodríguez fala do seu libro Un idioma preciso e reflexiona sobre a lingua e o seu estándar.

Conversando sobre “Un idioma preciso” from 20editora on Vimeo.



Un modelo de lingua oral
Mércores Abril 13th 2011,
Filed under: A lingua falada,A lingua por dentro,Documentos
Comentarios desactivados en Un modelo de lingua oral

A selección fíxose tendo en conta, en primeiro lugar, criterios esencialmente lingüísticos: buscáronse textos representativos do galego falado nunha área ou subárea, co maior número posible de trazos fonéticos e morfolóxicos caracterizadores e tamén coa maior riqueza léxica posible. A maioría dos textos son dos anos 1974-76 e 1992-95 (entre eles intercálanse algúns que van de 1979 a 1990) dous períodos ben diferentes no que atinxe ó grao de normalización social do idioma, polo que o estudoso pode analiza-la evolución do galego neses vinte anos. Por outra parte, procurouse que na mostra dos tres diferentes períodos da escolma (mediados dos 70, década dos 80, primeiros anos dos 90) houbese mostras de informantes de diversas xeracións, para que se aprecie a variedade e a variación. Ás veces, á hora de seleccionarmos material representativo dunha área (e dunha xeración) preferimos gravacións con deficiencias técnicas, pero con calidade lingüística, no canto dun texto mellor gravado pero pobre temática e lingüísticamente.

En segundo lugar, a escolma de textos fíxose atendendo tamén a criterios extralingüísticos, procurando a maior variedade temática posible, non só para facela amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, senón tamén para que un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima (a de onte e a de hoxe) poida tamén utilizar esta breve mostra: os asuntos tratados son tan diversos que coidamos que investigadores alleos á lingua galega tamén poden tirar partido deste material. Da mesma maneita, consideramos que esta escolma pode ser de boa utilidade para os profesionais que usan habitualmente o galego oral, e de xeito especial para os locutores dos medios de comunicación, dobradores e actores, porque a fonética e a entoación que nos textos se escoita é toda ela autenticamente galega.

Francisco Fernández Rei e Carme Hermida Gulías, A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego, 1996



Unha conversa reveladora
Mércores Abril 13th 2011,
Filed under: A lingua falada,A lingua por dentro,Documentos
Comentarios desactivados en Unha conversa reveladora

Conversaron un pouco de cousas intrascendentes. O señor escoitaba entre atento e abstraído as xeneralidades que os seus convidados lle dicían.
-E é a primeira vez que veñen a Santiago, ou?
-Este meu compañeiro si, eu xa viñen outras dúas, pero hai moito tempo, e olvideime dos sitios.
-Home, moito non haberá, que vosté é ben novo aínda. Máis de quince anos non se lle botan.
Crisóstomo quitou a pata como puido.
-Ah, si, é que eu era moi pequeno daquela. Eso é o que quero dicir, que non me acordo porque era moi pequeno, non que o esquecese. E vostede é de aquí?
-Non, eu son de San Martín de Suarna. Dígolle o nome do sitio, anque é moi pequeno, porque vosté ben debe saber del, un pouco máis abaxo da Fonsagrada. Ben lle coñezo na fala que non é de lonxe de alí. O que non lle dou sabido é a parroquia. Debeu viaxar aínda ben, pra ser así novo, que mestura xeitos de falar dus sitios e doutros.
-E logo coñece de onde é a xente en como fala?
Home, claro, neso non hai mérito ningún. A fala vai variando un pouco dus sitios a outros. É cuestión de estudialo e trazar unhas isoglosas no mapa, e xa tá. O que non dou sabido é de onde vén o seu amigo, nin por aproximación. E estráñame moito, que eu deso aínda lles sei ben. É que tamén falou pouco… Se ficera algo máis de gasto na conversa, ó mellor daba…
Fortunato levantouse.
-É que nos temos que ir xa. Señor, moi agracecidos por deixarnos sentar… A ver, compañeiro, paga e vamos.
-Non, non paguen, que os quero convidar eu… Que teñan unha boa viaxe. E de que sitio será este rapaz? Ser é do Leste… A ver, dixo… Pronunciaba ese ele velarizado, tan raro…
Fortunato e Crisóstomo xa camiñaban pola Virxe da Cerca adiante, Fortunato poñía présa.
-Haiche que andar con ben coidado. Falo un pouco máis, e coma quen non quere a cousa, vai el e sácame a situación de Trasmundi por trigonometría lingüística.

Darío Xohán Cabana, Fortunato de Trasmundi, Xerais, 1996



Os pronomes persoais
Xoves Marzo 31st 2011,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en Os pronomes persoais

O tema está que arde e ata se creou no Facebook a PLATAFORMA POLA DIGNIFICACIÓN DO PRONOME ÁTONO.

A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles.

No vídeo ASÍFALO.EU: OS PRONOMES, ilústrasenos, con interesantes exemplos, sobre esta situación e os diversos tipos de falantes en función de como colocan o pronome e propónsenos ademais unha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre…

Pero, mentres non podemos deixar de usar os pronomes persoais, haberá que aprender a usalos ben.

Que vos parece comezar por unhas nocións teóricas básicas sobre o pronome?

Entra en O PERSOAL (Curso de lingua galega de Wikibooks)

EXERCICIOS PARA IMPRIMIR OU FACER NO CADERNO E CORRIXIR NA CLASE:

EXERCICIOS DE PRONOMES en Google docs (non se inclúe corrector)

EXERCICIOS DO PRONOME PERSOAL en Curso de lingua galega – Wikibook (non se inclúe corrector)

EXERCICIOS DO PRONOME PERSOAL en ogalego.eu (permiten autocorrixirse)

EXERCICIOS INTERACTIVOS PARA FACER EN LIÑA:

Exercicio interactivo con pronomes do Dpto. de Lingua e Literatura do IES Otero Pedrayo.



Curso é-galego
Xoves Marzo 31st 2011,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en Curso é-galego

Os exercicios de VOCABULARIO, COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN do curso multimedia é-galego son todos recomendables.

Os exercicios de GRAMÁTICA non son válidos todos debido a que non están adaptados aos cambios ortográficos de 2003.

Ao responder os exercicios é importantísimo fixarse nos tiles, maiúsculas e as letras en xeral, pois un erro invalida a resposta.

Ademais é importante saber que o programa utiliza o signo de interrogación tamén no inicio, obriga a usar sempre a segunda forma do artigo e só admite ó e ós (non admite ao e aos).

SELECCIÓN DE EXERCICIOS DE GRAMÁTICA DO CURSO é-galego:

UNIDADE 1: PRESENTACIÓNS E RELACIÓNS PERSOAIS

Exercicios de Gramática: 1, 2, 5, 8 e 10

Exercicio 3. Contraccións de preposicións e artigos (o programa só admite ó e ós).

Exercicio 4. Plurais (obriga a usar a 2ª forma do artigo).

UNIDADE 2: O TRABALLO

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 5, 6, 7, 8 e 9.

Exercicio 4. Contraccións prep. + artigo (non acepta ao e aos).

UNIDADE 3: A CASA

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10.

UNIDADE 4: LUGARES E DIRECCIÓNS

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 9 e 10.

Exercicio 8. Artigos e contraccións (obriga a usar ó e ós).

UNIDADE 5: COMIDAS E RESTAURANTES

Exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11.

UNIDADE 6: DE COMPRAS

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10.

UNIDADE 7: AS VIAXE

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10.

UNIDADE 8: A SAÚDE E OS ESTADOS DE ÁNIMO

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10.

UNIDADE 9: TEMPO DE LECER

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9 e 10.

Exercicio 5. Preposicións e contraccións (lembrar que obriga a usar ó e ós).

UNIDADE 10: ALDEA OU CIDADE

Exercicios de Gramática: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10.



Material de Lingua para traballar en liña
Xoves Marzo 31st 2011,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en Material de Lingua para traballar en liña

EXERCICIOS INTERACTIVOS PARA FACER EN LIÑA

O acento diacrítico

Unidade sobre a acentuación diacrítica.

Xogo: o acento en galego

Algúns exercicios de GRAMÁTICAdo curso  é-galego

Dado que o curso non está adaptado ao cambio normativo de 2003, incluímos nesta selección os exercicios de gramática centrados nos  aspectos que non sufriron cambios.

Exercicios interactivos sobre verbos, determinantes, pronomes, ortografía, puntuación, acentuación, castelanismos, léxico e clases de palabras do Dpto. de Lingua e Literatura do IES Otero Pedrayo. Algúns son para descargar e facer sen conexión.