Nación no dicionario da RAE
Venres Xuño 11th 2010,
Filed under: Dicionario e ideoloxía
Comentarios desactivados en Nación no dicionario da RAE

A Academia da lingua española confunde ‘estado’ con ‘nación’

A Real Academia Española (RAE) mudou a definición de “nacionalidade” no avance dixital da súa próxima edición. Os partidos nacionalistas xa esixiron unha rectificación.

‘Condición e carácter peculiar dos pobos e habitantes dunha nación’. Esa era, até o de agora, a definición que a Real Academia Española ofrecía do termo “nacionalidade” na súa primeira acepción. Porén, no avance dixital da que será a próxima edición deste dicionario de referencia, esta definición muda por outra como a que segue: “Condición de pertenza a un Estado por razón de nacemento ou naturalización”.

Este cambio xa foi denunciado por diferentes dirixentes nacionalistas do Estado Español, como o portavoz de CIU no Congreso, Josep Antoni Duran i Lleida, quen dixo que, con decisións coma esta a Real Academia está a “facer política”. Tamén se manifestou Joan Ridao (ERC), quen entendeu que a institución lingüística “quere eliminar calquera vestixio de concomitancia entre nación e nacionalidade”, ou portavoces do PNV e Esquerda Unida.

Unha vez xerada a polémica, a RAE recoñeceu que tivo “un erro” que, asegurou, quedará corrixido antes do verán. Deste xeito confirmou que na próxima edición do seu dicionario manterá como primeira definición a que figura no actual.

nacionalidad.

1. f. Condición y carácter peculiar de los pueblos y habitantes de una nación.

2. f. Estado propio de la persona nacida o naturalizada en una nación.

3. f. Esp. Comunidad autónoma a la que, en su Estatuto, se le reconoce una especial identidad histórica y cultural.

4. f. Esp. Denominación oficial de algunas comunidades autónomas españolas.

Fonte: Vieiros (30/05/2010)



‘Gallego-ga’ segundo a Real Academia Española
Martes Abril 06th 2010,
Filed under: Anti-galego,Dicionario e ideoloxía
Comentarios desactivados en ‘Gallego-ga’ segundo a Real Academia Española

A que segue é a definición da Vixésimo segunda edición do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española publicada no ano 2001:

gallego, ga.

(Del lat. Gallaecus).

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.

3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.

4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.

5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).

6. adj. El Salv. tartamudo.

7. m. Lengua de los gallegos.

8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.

9. m. C. Rica. libélula.

10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.

11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

A continuación a definición enmendada no ano 2009 para a Vixésimo terceira edición do Diccionario de la lengua española da Real Academia Española que se publicará no ano 2013:

gallego, ga.

(Del lat. Gallaecus).

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.

3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.

4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.

5. adj. El Salv. tartamudo.

6. m. Lengua de los gallegos.

7. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.

8. m. C. Rica. libélula.

9. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.

10. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

NOTICIAS RELACIONADAS

El Congreso pide a la RAE que revise la definición de ‘gallego’ como ‘tonto’ y ‘tartamudo’ publicado en El País (28/03/2007)

Evolución do termo “gallego” no DRAE publicado no blog da Asociación Cultural Garipano (02/04/2009)

ARTIGOS DE OPINIÓN SOBRE ESTE ASUNTO:

No diario costarricense La Nación, o filólogo Fernando Diez Losada (de orixe galega) publicou os seguintes artigos sobre este tema:

¿Gallego/tonto: costarriqueñismo?
La tribuna del idioma: Acepción de “gallego”, al Congreso.
Academia, gallegos y suecos.
Xunta Galega vs. Academia.
Academia/gallego: final feliz.
La palabra “gallego” dejará de ser sinónimo de tonto.

La RAE mantiene en su web “tonto” como definición de gallego Faro de Vigo (10/07/2009)

CAMPAÑAS DA REDE

Contra a definición do termo “gallego” no dicionario da RAE, naceu a web GALEGO, definición de calidade XA!

Tamén se fixo unha campaña contra esa definición na famosa web Vivamos Como Galegos



Pederasta no dicionario da RAG
Martes Abril 06th 2010,
Filed under: Dicionario e ideoloxía
Comentarios desactivados en Pederasta no dicionario da RAG

Segundo o definición da RAG, as vítimas de abuso sexual infantil nunca son as nenas e os abusadores nunca son heterosexuais. Por se isto fose pouco, o dicionario da RAG considera sinónimos pederasta e homosexual, a pesar de que, na súa maioría, os pederastas son varóns (entre un 80 e un 95% dos casos) heterosexuais e o número de nenas que sofren abusos é entre 1,5 e 3 veces maior que o de nenos. (“Abuso sexual infantil” na Wikipedia).

ARTIGO RELACIONADO

“Pederastia, homosexualidad y diccionarios obsoletos” reportaxe de A. Fraguas publicado en El País (16/04/2010)



A muller e o home no noso dicionario
Martes Abril 06th 2010,
Filed under: Dicionario e ideoloxía,Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en A muller e o home no noso dicionario

Dicionario da Real Academia Galega

Home s.m. 1. Animal da especie humana, a máis evolucionada da Terra, que se caracteriza fundamentalmente por adopta-la posición vertical, ter linguaxe articulada, intelixencia moi desenvolvida e facultade de razoar. É propio do home equivocarse. O home é un ser social. CF. persoa. 2. Individuo da especie humana, de sexo masculino. Os órganos reproductores do home. Homes e mulleres teñen os mesmos dereitos. 3. O ser humano de sexo masculino, considerado desde o punto de vista das súas calidades ou defectos. É un home formal. Un home de acción. Un home tranquilo. 4. O ser humano de sexo masculino, considerado desde o punto de vista das súas relacións profesionais, sociais, etc. Home de letras. Home de estado. 5. Individuo que depende dunha autoridade civil ou militar. O comisario e os seus homes. Vinte mil homes formaban a liña de combate. 6. Ser humano adulto, de sexo masculino. Xa está feito un home. 7. fam. [Con respecto a unha muller] o marido ou, por extensión, o compañeiro. A ver logo se podedes vir ti e mailo teu home. s De home a home. De igual a igual, con franqueza. / ¡Home! 1. Expresa sorpresa. ¡Home, canto tempo! 2. Por suposto. –¿E ti tamén fuches? –¡Home! ¿E logo ti que pensas? 3. Pode adquirir matices de significado diferentes segundo os contextos e a particular entoación, tales como o reproche, a insistencia, etc. ¡Home, por favor, xa está ben! ¡Veña, home; un pouquiño máis! ¡Pero home!, ¿como consentes iso? ¡Si, home, si! O que ti queiras. ¡Home, ¿que queres que che diga? ¡Home, home!, podías ter un pouco máis de coidado. / ¡Home claro! Por suposto. / Home de mundo. Home con experiencia adquirida en moitos ámbitos e en circunstancias diversas. / Home de negocios. Home que se dedica ós grandes negocios. / Home de palabra. Home que cumpre, do que un pode fiarse. / Home lobo. Lobishome. / Non ser morte de home (unha cousa negativa). Non ser moi grave. Non chores, ho, que non é morte de home. / ¡Pobre home! Expresa pena ou dó por alguén. ¡Pobre home!, ¡que mala sorte ten! / Ser home a,ou de,ou para. Ser capaz de, ser quen de. OBS. Emprégase sobre todo en construccións negativas. –¿A que non es home de facelo? –Son home a facer iso e moito máis. / ¡Un home é un home! Expresión con que se pondera, ás veces ironicamente, o éxito dunha acción e a valentía, a forza, etc., de quen a realiza. Así me gusta; ¡un home é un home!

Muller s.f. 1. Persoa de sexo feminino. O primeiro fillo que tivo foi muller. 2. Persoa adulta dese sexo. Esa maneira de pensar é máis propia dunha muller ca dunha rapaza. 3. [Con respecto a un home] aquela que está casada con el. A súa muller foi a súa única moza. SIN. esposa.CF. dona, señora.


Dicionario de Pedagoxía

Home s.m. 1. Primate que se caracteriza pola linguaxe, civilización e emprego de utensilios. 2. Espécime da raza humana. 3. Suxeito macho da especie humana. ℵ Home de Piltdown: home primitivo do que se encontraron restos, en 1912, cerca de Piltdown (Inglaterra) e que ten moita similitude co home moderno, malia que aínda conserva a mandíbula inferior en forma de simio. Home de Cromañón/Crömagnon: home primitivo, considerado como un dos máis antigos representantes do Homo sapiens. Home de Neanderthal: é o home primitivo máis coñecido; os seus restos foron descubertos en Neanderthal (Alemaña) en 1856, e calcúlase que viviu en Europa Occidental e China Central. Home de Pequín: tipo de home primitivo que se correspondería cuns restos encontrados en Pequín (China), e que se supón emparentado co Home de Neanderthal. Home de Xava: VER Pithecantropus erectus. Home marxinal: na socioloxía, persoa que non se identifica con ningún dos grupos sociais que o rodean, e vive á marxe deles.

Muller s.f. Non existe definición.

ACTIVIDADES

Contidos das definicións. Ausencias.

Que aspectos se resaltan en cada unha das definicións?

Utilización da regra de inversión. Proba a cambiar a definición de home pola de muller e viceversa. Que sensación tes?



Achegamento á definición de GALEGO-A nos dicionarios españois desde o século XVIII
Luns Abril 05th 2010,
Filed under: Anti-galego,Dicionario e ideoloxía
Comentarios desactivados en Achegamento á definición de GALEGO-A nos dicionarios españois desde o século XVIII

Imaxe procedente do blog Clic á Lingua (25/02/2010)

Xa falamos aquí da polémica definición do Diccionario de la Real Academia Española que inclúe a acepción de “tonto”, pero a pouco que nos acheguemos á historia da definición de GALEGO-A  nos dicionarios españois vemos que esta nunca foi moi obxectiva nin exhaustiva, pois mesmo as acepcións máis utilizadas do termo (“persoa natural de Galicia” e “lingua dos galegos e galegas”) non apareceron recollidas nos dicionarios até o século XIX.

Eis algúns dos cambios importantes desde o século XVIII:

Ata o século XVIII galego é “cousa pertencente a Galiza”.

Nas edicións do XIX avánzase e galego xa é “o natural de Galicia e o pertencente a aquel Reino”.

Desde 1884 o galego aparece como dialecto.

En 1936 introdúcese un elemento moi despectivo, galego igual a mozo de corda, algo así como criado ou escravo. Esta definición mantívose ata o ano 1970, retirada curiosamente por Camilo José Cela.

No ano 2001, na última edición impresa do Diccionario de la Real Academia Española, a vixésimo primeira, inclúese a acepción de tonto e tatexo co argumento de que se emprega en Costa Rica e no Salvador, aínda que os oriundos destes dous países sudamericanos teñan que facer memoria para decatarse de que existen tales usos, relegados a unha utilización residual e anecdótica.