Querido papá. Campaña viral contra as violencias machistas
Domingo Decembro 20th 2015,
Filed under: Feminino-Masculino,Videocampaña

A ONG norueguesa Care Norge vén de lanzar unha campaña que, baseada nun vídeo de 5 minutos, pretende denunciar as violencias machistas “que moitas nenas e mulleres afrontan durante a súa vida”. “A mensaxe da película -di a orgnaización- é que os homes son, poden e deben ser un modelo positivo e renunciar á violencia”, tanto ás agresións físicas como aos micromachismos. Nesta ligazón podes acceder a unha tradución automática ao galego do texto no que Care Norge explica a súa campaña
© Care Norge

Grazas á Coordinadora Galega de ENDL pola súa tradución ao galego.



Que pasa cando un presentador de televisión leva o mesmo traxe todo o ano?
Martes Novembro 18th 2014,
Filed under: Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en Que pasa cando un presentador de televisión leva o mesmo traxe todo o ano?

Pois na realidade, non pasa nada.

O presentador australiano Karl Stefanovic fixo o experimento para demostrar que, mentres a súa compañeira é xulgada e, ás veces, duramente criticada por como viste, el levou o mesmo traxe azul de imitación de Burberry en antena durante todo un ano, sen que ninguén se dese conta ou sen que a ninguén lle importase.

“As mulleres son xulgadas de xeito máis duro e máis intensamente polo que fan, polo que din e polo que levan posto”, dixo Stefanovic á  axencia Fairfax Media.

KarlStefanovic

Fontes:

El País (17/11/2014)

The Sydney Morning Herald (15/11/2014)

 

 

 

 

 

 



As operacións de estética en España
Xoves Febreiro 06th 2014,
Filed under: Documentos,Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en As operacións de estética en España

España é o primeiro país de Europa en número de operacións de cirurxía estética e o cuarto do mundo

Os pacientes que se operan son cada vez máis novos: o 10% son menores de idade. As intervencións máis solicitadas son rinoplastias, liposuccións e aumento de mamas.

FONTE: RTVE, 09/04/ 2010

 

España décimo país do mundo en operacións de cirurxía estética

FONTE: La Razón 12/08/2010

 

O ano pasado fixéronse 105.000 operacións de cirurxía estética en España

As intervencións caeron un 27% pola crise

FONTE: El País, 17/12/2010

 

 



Unha aplicación infantil sobre cirurxía estética é retirada por Apple
Mércores Febreiro 05th 2014,
Filed under: Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en Unha aplicación infantil sobre cirurxía estética é retirada por Apple

 

Apple anunciou a retirada dunha aplicación destinada a menores sobre cirurxía estética. Con este anuncio, o xigante da informática quere deixar claro máis unha vez que na súa tenda en liña hai un criterio estrito que aplicar, e que nin os contidos eróticos nin aqueles que acheguen costumes e prácticas prexudiciais para os cativos teñen acubillo na plataforma de distribución. A ferramenta retirada responde a este último grupo e consiste nun recurso para realizar intervencións de mellora estética en bonecas Barbies.

A aplicación Plastic Surgery & Plastic Doctor for Barbie Version, de Corina Rodriguez, está destinada a nenas e nenos de máis de 9 anos. O cometido de quen xoga é axudar á boneca a rebaixar graxa e pór en práctica medidas máis drásticas ca unha simple dieta.

A ferramenta recrea o traballo dunha clínica de operacións de estética dirixidas a converter as pacientes en rapazas “delgadas e belas”, animando as nenas a realizar liposupcións por ter engordado. Na descrición do xogo dise con estas palabras: “Desgraciadamente a nena ten moita graxa extra e ningunha dieta pode axudala. Na nosa clínica pode realizar unha operación cirúrxica que a converterá en delgada e bela. Necesitaremos realizar algúns pequeños cortes nas áreas problemáticas e succionar a graxa extra. Poderás operala, doutor?”.

A aplicación foi moi criticada nas redes sociais, e tamén por parte da organización Everyday Sexism Project, que puxo sobre aviso a pais e nais sobre os riscos de achegar un recurso coma este aos seus fillos e fillas, un recurso no que prevalecía un ideal de estética que desbotaba calquera beneficio que puidese ter unha dieta e uns hábitos de vida saudábeis. Ademais, acusouse de sexista e de fomentar un estilo de vida baseado na superficialidade. A organización fixo campaña para que os distribuidores de Internet retirasen o produto das súas tendas, conseguindo a aprobación de Apple.

 

 

FONTES:

“Apple retira unha aplicación sobre cirurxía estética sobre bonecas Barbie” en Código Cero (15/01/2014)

“Apple retira unha aplicación de nenos sobre cirurxía estética” en El País (15/01/2014)



Papás e mamás.
Sábado Decembro 07th 2013,
Filed under: Feminino-Masculino,Videocreación
Comentarios desactivados en Papás e mamás.

Mamás Y Papás – Mummies & Daddies (2008)

Moisés Romera e Marisa Crespo dirixiron e produciron esta impresionante curtametraxe en 2008.

Elenco:
Nerea Gómez no papel de Nena
Pepa Gómez no papel de Mamá
Carlos Tormo na voz de Papá



O chocolate e as mulleres
Venres Marzo 08th 2013,
Filed under: Feminino-Masculino,Publicidade,Sustentabilidade,Videocampaña
Comentarios desactivados en O chocolate e as mulleres

Tras a marca é unha campaña de Oxfam que ten como obxectivo que as grandes empresas alimentarias apoien ás familias agricultoras e coiden mellor do planeta.

Este vídeo diríxese ás mulleres consumidoras das marcas de chocolate máis poderosas:



La luna en ti
Luns Novembro 28th 2011,
Filed under: Feminino-Masculino,Vídeo documental
Comentarios desactivados en La luna en ti

Este documental é unha viaxe ás raíces máis profundas da feminidade. Analiza o que actualmente continúa sendo un tabú na nosa sociedade moderna tanto para homes como para mulleres: a menstruación.

Con ironía e humor profundízase no tema a través de referencias persoais e colectivas, desafiando as nosas ideas preconcebidas sobre a feminidade.

Trailer do documental:

VER O DOCUMENTAL EN TV2 Á CARTA



Cuestión de pelotas
Luns Novembro 28th 2011,
Filed under: Feminino-Masculino,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Cuestión de pelotas

As mulleres que en España queren adicarse ao fútbol profesional sofren unha clara situación de desigualdade por razón de sexo.

O documental Cuestión de pelotas amosa a loita dun grupo de mozas por regularizar a súa situación laboral e deportiva e acadar a igualdade de dereitos co fútbol masculino.

VER O DOCUMENTAL EN RTV.es



Violencia de Xénero
Xoves Decembro 16th 2010,
Filed under: Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en Violencia de Xénero

Unidade didáctica da profesora Pilar Ponte sobre a violencia de xénero:



Que non che mintan, princesa
Mércores Decembro 15th 2010,
Filed under: Feminino-Masculino,Videocampaña
Comentarios desactivados en Que non che mintan, princesa

Un documento para a reflexión:


Vídeo exhibido nos buses urbanos da Coruña na campaña Que non che mintan, princesa, da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.