Fals’e traedor
Venres Xaneiro 26th 2018,
Filed under: Videocreación

A gañadora na categoría de centros de Infantil e Primaria do certame VINDEVÍDEOS foi a obra Fals’e traedor, coa que participou o CEIP O Carballal, de Marín (Pontevedra).

Este concurso escolar foi convocado polas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e pretende potenciar a lírica medieval galaicoportuguesa dende un punto de vista actual, co gaio da estancia do Pergamiño Vindel en Galicia.

Parabéns polo premio e polo estupendo traballo realizado!

 

 

Fonte: Carta Xeométrica