Galicia: referente da cultura medieval.
Venres Xaneiro 26th 2018,
Filed under: Videocreación
Comentarios desactivados en Galicia: referente da cultura medieval.

O CEIP Ortigueira, de Vedra (A Coruña), recibiu por este marabilloso vídeo o segundo premio na categoría de Infantil e Primaria no certame VINDEVÍDEOS, convocado polas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura co gallo da estadía do Pergamiño Vindel en Galicia.

Parabéns ao alumnado e profesorado que o fixo posible!

 

 

Fonte: Carta Xeométrica



Fals’e traedor
Venres Xaneiro 26th 2018,
Filed under: Videocreación
Comentarios desactivados en Fals’e traedor

A gañadora na categoría de centros de Infantil e Primaria do certame VINDEVÍDEOS foi a obra Fals’e traedor, coa que participou o CEIP O Carballal, de Marín (Pontevedra).

Este concurso escolar foi convocado polas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e pretende potenciar a lírica medieval galaicoportuguesa dende un punto de vista actual, co gaio da estancia do Pergamiño Vindel en Galicia.

Parabéns polo premio e polo estupendo traballo realizado!

 

 

Fonte: Carta Xeométrica



Marea de mulleres
Luns Xaneiro 22nd 2018,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Marea de mulleres

Retrato colectivo das mulleres de Ares que traballaban nas fábricas de salgadura da zona. A través delas sabemos do seu oficio e das súas condicións laborais, pero tamén das súas lembranzas e arelas.

Marea de mulleres é unha curtametraxe realizada polo  alumnado de 4º da ESO do CPI As Mirandas, de Ares, entre os meses de outubro de decembro de 2017, ao abeiro do programa «Vidas mariñeiras», e estreada nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano.

O sábado 13 de xaneiro de 2018 foi presentada na Coruña, na sala do Centro Galego de Artes da Imaxe.

 

 

Dirección:
Uxía Amorín Gómez, Icía Bermúdez Fornos, Vera Candal Jacob, Vanessa Carpente Martínez, Aitana Feal Vilar, Adrián Fernández Filgueiras, Lara Fonte Allegue, Miriam Giraldo Herrera, Paula López Vilasánchez, Isabel Maceiras Varela, Carmen Martínez Dragó, Yasmina Martínez Oufquir, Paula Mesías Fernández, Julia Roade Conejo, Verónica Rodríguez Martínez, Borja Souto Prego, Judith Zabala Martínez

 

Fonte: Vidas mariñeiras



De corazón, mariñeiro
Luns Xaneiro 22nd 2018,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en De corazón, mariñeiro

A través das palabras de Vituco, da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, mergullámonos na ría de Ferrol para coñecer algunhas das especies que a habitan, ao tempo que coñecemos o traballo que desenvolve o seu equipo científico, entre o que se atopa a eumesa Xela Cunha Veira, ex-alumna do IES Breamo de Breamo.

De corazón, mariñeiro é unha curtametraxe realizada polo alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI A Xunqueira, de Fene, entre os meses de outubro de decembro de 2017, ao abeiro do programa «Vidas mariñeiras», e estreada nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano.

O sábado 13 de xaneiro de 2018 foi presentada na Coruña, na sala do Centro Galego de Artes da Imaxe.

 

 

Dirección:
Ángelo A. Cazorla Villarroel, Paula Leite Pico, Sofía Moure Dopico, María Pérez Seoane, Alicia Prieto López, Marta Seco Ameneiro, Caio Augusto Severiano Artiaga, María Souto Rodríguez

 

Fonte: Vidas mariñeiras



Entre o río e o mar
Luns Xaneiro 22nd 2018,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Entre o río e o mar

Deixándose levar pola corrente do río Eume, alí onde se confunde coas augas do mar, esta peza demórase en conversas cos mariñeiros do porto e a singular paisaxe da desembocadura ao seu paso por Pontedeume.

Entre o río e o mar é unha curtametraxe realizada polo alumnado de 3º de ESO do IES Breamo, de Pontedeume, ao abeiro do programa «Vidas mariñeiras», entre os meses de outubro e decembro de 2017. Foi estreada nos Cines Dúplex de Ferrol o 21 de decembro do mesmo ano e o sábado 13 de xaneiro de 2018 foi presentada na Coruña, no Centro Galego de Artes da Imaxe.

 

 

Dirección: Belén Carballeira Ageitos, Vítor Castelos Pérez, Lucía Cots Vera, María López Álvarez, Cástor Regueira Dosil, Sara Rubido Varela e Emilio Sánchez Ródenas.

Fonte: Vidas mariñeiras