Corazón amoratado
Martes Decembro 05th 2017,
Filed under: Videocreación

A curtametraxe Corazón amoratado, protagonizada pola actriz Isabel Blanco e polo actor Xosé Eirín, fala da violencia machista e está contada desde a perspectiva do maltratador.

O seu guión foi realizado por catro alumnas do IES Puga Ramón e premiado pola Deputación da Coruña no ano 2015 no I Concurso de guións contra a violencia de xénero.

 

 

As alumnas autoras do guión son Uxía Carreira Moscoso, Mencía González Rodríguez, María Calvo García e Gara Sandá Flores e foron coordinadas pola profesora Anxos Romeo.

 

Fotografía de Fran Queiruga para La Opinión.