Fóra do río. High Paw
Venres Decembro 15th 2017,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Fóra do río. High Paw

“Fóra do río” é o tema que abre Searching for the Recipe, o primeiro traballo da galega High Paw.

Vídeo gravado en maio de 2016 na península do Morrazo por Martín Gil, Xabier Jacome e Martín Fiallega de Licor Kafé Films.



93. Darío DK
Venres Decembro 15th 2017,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en 93. Darío DK

Letra: Darío DK.
Gravación e mezcla: Rives.
Videoclip: Rives.



Temos un Nhu na leira. Airinhos do Cu
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Temos un Nhu na leira. Airinhos do Cu

“O esperpéntico e ecléctico colectivo Airinhos do Cu ten o prazer de apresentar Temos um Nhu na Leira. Este noso segundo videoclí ben podería ter algunha explicación a modo de prólogo, ou incluso epitafio… iso deixámolo ao voso parecer.”

Con estas palabras se presenta este proxecto cheo de humor.



Romance da bela rosa. Sés
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Romance da bela rosa. Sés

Auditorio de Galicia – 8 de abril 2017



Labregha Berghantiñana. Sés
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Labregha Berghantiñana. Sés


Ultramarinos – Santiago de Compostela – 26 de nvoembro de 2013



Readmirando a condición. Sés
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Readmirando a condición. Sés

“Readmirando a condición” é o tema que abre o quinto disco da autora galega, traballo homónimo que recolle ademais as once cancións do seu primeiro álbum, Admirando a condición (2011).
Readmirando a condición está composto por doce tracks escritos, musicados e arranxados pola propia Sés, que exerce nel de produtora musical e executiva.



Non é verán de Estrella Damm. Ezetaerre
Xoves Decembro 14th 2017,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Non é verán de Estrella Damm. Ezetaerre

Despois de tanto frío xa tardaba este verán
E invaden a terriña eses turistas alemáns
Mollando a sardiña nun cacho de pan
Que aquí non se pide paella, paspán
Non son illas Caimán este grande paraíso
Aínda que o queiran converter noutro luxo para ricos
Cemento e pelotazo, tópicos tan típicos
Galiza tropical éche sitio distinto
Noite, lúa, estrelas sobre a area
Berrarlle a ese pavo que está a roncar na sesta
Perreo salvaxe co son das orquestras
Nin piche no mar, nin lume na foresta
Protesta! Que xa chega o trebón
Que non te pille vendo a televisión
Dá noxo o seu xogo de especulación
Outro desaloxo, outra okupación

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Balcóns e turistas moi ben non casan
Non sei se é un paxaro ou é un avión
Pronuncias Sangenjo con aires da Castellana?
Vas ir directiño a un gulag en Benidorm

Non é verán de Estrella Damm
É o verán da working class
Collimos forzas todo o ano
para expropiarlles o verán

Nós non imos a Cancún que a pasta non sobra
Toca traballar, nin cruceiros, nin tumbonas
Queremos que a Solana sexa pública pra todas
E se isto non se arranxa… Bomba!
Queda ti no iate, eu na praia ao atardecer
Nadando en San Amaro cun frío que corta a pel
Outro festival no que se pon a chover
E o cabrón do Antonio que non pensa aparecer
Non sei se son camareiro ou escravo
Tres meses de explotación e din que baixa o paro
Hoy no hay contrato
Soño dunha noite dun curro precario
Un partido cos colegas á luz do serán
E co son dunha canastra cunha rede de metal
Expropiaremos cada casa en primeira liña de mar
Fódete, Maluma, este é o tema do verán

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Loitar nesta vida pasando do drama
Fuxindo de guiris queimados ao sol
Que é iso que toma o calvo da Panorama?
¡No! ¡Azúcar no!

Retrouso

Espertamos da resaca cun tema de Georgie Dann
Aires de Caribe Mix entre as Ketchup e Chayanne
Unha sesta co Tour pegado ao ventilador
Que esta noite imos de esmorga como ingleses en Salou
Yo sí quiero montarme en tu velero
Poñer rumbo a Lampedusa e asaltar un patrulleiro
Pra vivir mediterraneamente
O mar é o cemiterio dunha Europa indiferente
Vente a construír outro verán
As festas libres de acoso xa non poden agardar
Non máis xentrificación, nin turismo colonial
Non máis curro veraniego, inestable e temporal
E Jordi Cruz a currar nun chiringuito
A tres euros á hora e sen dereito a finiquito
Primo, cadaquén na súa función
Tourist go home and refugees welcome

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Picantes coma os pementos de Padrón
Contemos historias pra rir a cachón
Manel Navarro, o teu tema é un mojón
2018, Ezetaerre a Eurovisión

Retrouso



As 100 palabras galegas para chuvia
Sábado Decembro 09th 2017,
Filed under: A lingua por dentro
Comentarios desactivados en As 100 palabras galegas para chuvia

Un estudo de Santiago sinalou máis de 100 vocábulos para denominar a chuvia. Incorporamos aquí un extracto do artigo de Eduardo Rolland para GCIENCIA adicado a este tema.

Pódese consultar o artigo completo aquí.

Existe a crenza de que os esquimós inuit teñen centos de palabras distintas para designar a neve. Pero é falso. A falacia foi propalada polo antropólogo estadounidense Franz Boas en 1911. En realidade, as linguas inuit son polisintéticas, co que crean longas palabras que funcionan como frases completas. E por iso só teñen dúas raíces léxicas ou ‘palabras’ para a neve: ‘ganik‘, para os copos no aire; e ‘aput‘, para a que se acumula no chan. Que logo, cando se escoitan, parezan longas palabras só responde a que lle suman afijos que en galego serían adxectivos ou preposicións como ‘branca neve’, ‘neve a derreter’ ou ‘neve en po’.

Así que non é certa a lenda dos esquimós e a palabra neve. Pero si é verdade que os galegos teñen máis de cen palabras para designar a choiva, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.

(…)

Aquí tes 61 palabras para dicir choiva en galego

Para resumir aquí están 61 palabras galegas distintas para denominar a choiva. E outras dezaseis máis relacionadas co mesmo concepto:

Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…

Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…

Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…

Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…

Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…

E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…

 

FONTE: GCIENCIA. O PORTAL DA CIENCIA GALEGA (04/01/2016)



Voces dunha paisaxe
Martes Decembro 05th 2017,
Filed under: Vídeo documental
Comentarios desactivados en Voces dunha paisaxe

Voces dunha paisaxe, IES Manuel Murguía (Arteixo), Cinema en curso 2015-2016 from Cinema en curs on Vimeo.

Voces dunha paisaxe é unha curtametraxe documental realizada no curso 2015-16 por alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo, dentro do programa Cinema en curso.

Desde unha perspectiva coral e tamén íntima, a curta achéganos á transformación dun espazo rural en suburbial, destapando a ferida na paisaxe e na xente.



A lenda do tesouro
Martes Decembro 05th 2017,
Filed under: A lingua falada,Cultura popular,Videocreación
Comentarios desactivados en A lenda do tesouro

A lenda do tesouro from Illa Bufarda on Vimeo.

Animación realizada polo alumnado do CEIP Présaras, en Vilasantar, durante o Obradoiro “Animando a tradición oral con plastilina” dentro do Programa Letras Vivas.