A princesa do Caurel
Martes Novembro 28th 2017,
Filed under: Cultura popular,Videocreación

Esta é a adaptación cinematográfica do libro A princesa do Caurel, de OQO editora. Texto de Patacrúa e ilustracións de Javier Solchaga.

E isto que é?

A princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico que recupera os elementos típicos das series da tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… co que as nenas e nenos nenos aprenden a ver relacións, a establecer conexións, a xeneralizar e a facer predicións.

Parte da presentación do personaxe que lle dá título á obra e un acontecemento narrado cunha frase breve: “Esta é a pega que roubou o anel da princesa do Caurel”. A esta acción irán engadíndose, dun xeito matemático, outras novas. O elemento desaparecido constitúe o fío condutor da historia e propicia un desenlace feliz, pechando o ciclo de maneira circular e restablecendo a orde do principio do conto: “Este é pastor que atopou o anel e gañou un bico da Princesa do Caurel”.

A rapidez da acción facilita o seguimento da secuencia e a transición duns acontecementos a outros prodúcese dun xeito que provoca curiosidade e atrae o interese do receptor, para contribuír ao desenvolvemento de capacidades como a comprensión, a imaxinación ou o sentido estético dos máis pequenos.

Fonte: culturagalega.org