Mil nenas e nenos cantan “Chea de vida” con Guadi Galego
Martes Maio 16th 2017,
Filed under: Música

Enmarcada na celebración das Letras Galegas, chéganos esta fermosa iniciativa desde Ferrol.

Por unha lingua chea de vida.
Por un ensino cheo de vida.
Por unha mocidade chea de vida.
Por unha vida chea de música.

A raíz do curso organizado polo CFR de Ferrol “O coro escolar como actividade integradora”, decidiuse xuntar a máis de mil nenas e nenos de centros de ensino de Ferrolterra para estimular a creación de coros escolares a partir do repertorio de músic@s galeg@s actuais.

A canción escollida foi “Chea de vida”, de Pachi García, interpretada por Guadi Galego no seu disco “Lúas de outubro de novembro”.

Esta actividade contou coa colaboración de Navantia, que cedeu unha das súas naves para realizar e gravar a actuación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa participación desinteresada do director dos coros Ramón Bermejo Díaz de Rábago, da cantante Guadi Galego e do guitarrista Guillerme Fernández.