Unha canción en portugués conquista o corazón dos europeos
Domingo Maio 14th 2017,
Filed under: Lusofonía,Portugal

 

Como anunciaban todos os prognósticos, Salvador Sobral gañou onte Eurovisión 2017 coa canción “Amar pelos dois”.

É a primeira vez que Portugal gaña este festival e ademais faino ao grande, pois foi a canción máis votada polo xurado e tamén polo televoto, acadando un total de 758 puntos, a maior puntuación que consegue unha canción na historia de Eurovisión.

Como ben dixo Castelao, “a nosa lingua florece en Portugal”.

Eis a interpretación dos irmáns Sobral que fechou a gala, despois de recibir Salvador o micrófono de cristal: