Amélia. Caxade
Martes Xuño 02nd 2015,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Amélia. Caxade

Caxade

 

Amelinha, Amélia, non sejas carota.
Vem e dá-me un beijo dessa tua boca.

Desta minha boca nom cho podo dar.
Está meu pai alerta. Póde-me raiar.

Se está teu pai alerta nom te raia, nom,
Amelinha, Amélia do meu coraçóm.

O meu coraçóm é como a pedra dura.
Fai como a laranja quando está madura.

Tema de Alonso Caxade pertencente ao álbum A danza dos moscas (2023).



Capadores de extraterrestres. Caxade
Martes Xuño 02nd 2015,
Filed under: Música,Videocreación
Comentarios desactivados en Capadores de extraterrestres. Caxade

Capadores de Extraterrestres é o quinto vídeoclip publicado por Caxade a partir dun tema do mesmo título pertencente ao seu disco A dança dos Moscas.

 

Javier ANTELO: dirección, realización e post-produción
Alonso CAXADE: dirección, idea, guión, música, voz e acordeón
Manu PAINO: trompeta e carillón
Manu ESPINHO: bombardino
Xosé TUNHAS: batería
María da PONTRAGHA: extraterrestre
Tânia AMENEIRO: capadora
Moncho PEREIRA: capador
Joám CASAS; capador
Paco NOGUEIRAS: capador

Gravado no Concello de Ames em maio de 2013
Editado no mes de novembro.
Publicado o 30 de novembro de 2013

 

FONTE: Canle de YouTube de Caxade

 



Afiador da realidade. Caxade
Martes Xuño 02nd 2015,
Filed under: Música
Comentarios desactivados en Afiador da realidade. Caxade

Alonso Caxade, ligado á música desde cativo, compartiu proxectos con músicos de estilos moi diversos até que comezou o seu traballo máis persoal no ano 2012 con Caxade.

Nese ano viu a luz o seu primeiro videoclip  Dança dos Moscas. Logo virían Gente Pota e Sr. Xorda.

En novembro de 2013 editou, no selo cooperativo “Discos da Máquina”, o seu primeiro traballo discográfico A Dança dos Moscas coa banda formada por Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o proprio Alonso Caxade (voz e acordeón).

A Dança dos Moscas esgotou nun só mes a súa primeira tirada e conseguiu o aplauso da crítica e do público. Converteuse na grande revelación da tempada e valeulle a Alonso Caxade ser escollido o mellor artista nos Premios Opinión 2014, entre outras moitas nominacións e premios.

A música de Caxade é, segundo se recolle na súa web, “folk-pop cum arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e singela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico”.

Eis unha actuación de Caxade en Atardecer no Gaiás, o 13 de xullo de 2013, pouco antes de que se editase o seu primeiro disco:


Vídeo realizado por Edición Rusa para a Cidade da Cultura de Galicia.

Fonte: Caxade