Teu nome por mar e terra. aCadaCanto
Mércores Maio 27th 2015,
Filed under: Música

Canción de aCadaCanto (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) a partir dun poema de Carlos Rivero Troncoso.

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curação.