Que pasa cando un presentador de televisión leva o mesmo traxe todo o ano?
Martes Novembro 18th 2014,
Filed under: Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en Que pasa cando un presentador de televisión leva o mesmo traxe todo o ano?

Pois na realidade, non pasa nada.

O presentador australiano Karl Stefanovic fixo o experimento para demostrar que, mentres a súa compañeira é xulgada e, ás veces, duramente criticada por como viste, el levou o mesmo traxe azul de imitación de Burberry en antena durante todo un ano, sen que ninguén se dese conta ou sen que a ninguén lle importase.

“As mulleres son xulgadas de xeito máis duro e máis intensamente polo que fan, polo que din e polo que levan posto”, dixo Stefanovic á  axencia Fairfax Media.

KarlStefanovic

Fontes:

El País (17/11/2014)

The Sydney Morning Herald (15/11/2014)

 

 

 

 

 

 



Matriarcas. Guadi Galego
Martes Novembro 18th 2014,
Filed under: Muller e historia,Música
Comentarios desactivados en Matriarcas. Guadi Galego

“Matriarcas” é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego, Lúas de outubro e agosto que sairá á venda o vindeiro 25 de novembro.

Neste traballo audiovisual realizado por Karlos Abal, Guadi Galego rodeouse das mulleres da súa vida. Algunhas mestras, outras actrices e algunha música; algunhas coñecidas e outras anónimas, moitas nais mais non todas… as mulleres que convoca Guadi Galego para as súas “Matriarcas” son, nas súas palabras “mulleres reais que reflicten a resistencia na vida cotiá”.

 

Vía: Carme Vidal en Sermos Galiza



Lévame contigo – Take Me Home
Martes Novembro 18th 2014,
Filed under: Cine
Comentarios desactivados en Lévame contigo – Take Me Home

Nun refuxio para cans un pequeno sabuxo agarda para ser adoptado. Quere un fogar e alguén a quen querer, pero o tempo pasa e o sabuxo comeza a perder a esperanza…

Take Me Home é unha curtametraxe de animación realizada por Nair Archawattana