As operacións de estética en España
Xoves Febreiro 06th 2014,
Filed under: Documentos,Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en As operacións de estética en España

España é o primeiro país de Europa en número de operacións de cirurxía estética e o cuarto do mundo

Os pacientes que se operan son cada vez máis novos: o 10% son menores de idade. As intervencións máis solicitadas son rinoplastias, liposuccións e aumento de mamas.

FONTE: RTVE, 09/04/ 2010

 

España décimo país do mundo en operacións de cirurxía estética

FONTE: La Razón 12/08/2010

 

O ano pasado fixéronse 105.000 operacións de cirurxía estética en España

As intervencións caeron un 27% pola crise

FONTE: El País, 17/12/2010

 

 



Unha aplicación infantil sobre cirurxía estética é retirada por Apple
Mércores Febreiro 05th 2014,
Filed under: Feminino-Masculino
Comentarios desactivados en Unha aplicación infantil sobre cirurxía estética é retirada por Apple

 

Apple anunciou a retirada dunha aplicación destinada a menores sobre cirurxía estética. Con este anuncio, o xigante da informática quere deixar claro máis unha vez que na súa tenda en liña hai un criterio estrito que aplicar, e que nin os contidos eróticos nin aqueles que acheguen costumes e prácticas prexudiciais para os cativos teñen acubillo na plataforma de distribución. A ferramenta retirada responde a este último grupo e consiste nun recurso para realizar intervencións de mellora estética en bonecas Barbies.

A aplicación Plastic Surgery & Plastic Doctor for Barbie Version, de Corina Rodriguez, está destinada a nenas e nenos de máis de 9 anos. O cometido de quen xoga é axudar á boneca a rebaixar graxa e pór en práctica medidas máis drásticas ca unha simple dieta.

A ferramenta recrea o traballo dunha clínica de operacións de estética dirixidas a converter as pacientes en rapazas “delgadas e belas”, animando as nenas a realizar liposupcións por ter engordado. Na descrición do xogo dise con estas palabras: “Desgraciadamente a nena ten moita graxa extra e ningunha dieta pode axudala. Na nosa clínica pode realizar unha operación cirúrxica que a converterá en delgada e bela. Necesitaremos realizar algúns pequeños cortes nas áreas problemáticas e succionar a graxa extra. Poderás operala, doutor?”.

A aplicación foi moi criticada nas redes sociais, e tamén por parte da organización Everyday Sexism Project, que puxo sobre aviso a pais e nais sobre os riscos de achegar un recurso coma este aos seus fillos e fillas, un recurso no que prevalecía un ideal de estética que desbotaba calquera beneficio que puidese ter unha dieta e uns hábitos de vida saudábeis. Ademais, acusouse de sexista e de fomentar un estilo de vida baseado na superficialidade. A organización fixo campaña para que os distribuidores de Internet retirasen o produto das súas tendas, conseguindo a aprobación de Apple.

 

 

FONTES:

“Apple retira unha aplicación sobre cirurxía estética sobre bonecas Barbie” en Código Cero (15/01/2014)

“Apple retira unha aplicación de nenos sobre cirurxía estética” en El País (15/01/2014)