Copiad, malditos!
Xoves Abril 14th 2011,
Filed under: Cultura libre,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Copiad, malditos!

Blog ¡Copiad, copiad, malditos! (derechos de autor en la era digital)

Documental ¡Copiad, copiad, malditos!:

¡Copiad, malditos! (DOC/58’/ES/HD720p 16:9) from elegant mob films on Vimeo.



Un idioma preciso
Xoves Abril 14th 2011,
Filed under: A lingua por dentro,Sociolingüística,Videoentrevista
Comentarios desactivados en Un idioma preciso

Xusto Rodríguez fala do seu libro Un idioma preciso e reflexiona sobre a lingua e o seu estándar.

Conversando sobre “Un idioma preciso” from 20editora on Vimeo.



Un modelo de lingua oral
Mércores Abril 13th 2011,
Filed under: A lingua falada,A lingua por dentro,Documentos
Comentarios desactivados en Un modelo de lingua oral

A selección fíxose tendo en conta, en primeiro lugar, criterios esencialmente lingüísticos: buscáronse textos representativos do galego falado nunha área ou subárea, co maior número posible de trazos fonéticos e morfolóxicos caracterizadores e tamén coa maior riqueza léxica posible. A maioría dos textos son dos anos 1974-76 e 1992-95 (entre eles intercálanse algúns que van de 1979 a 1990) dous períodos ben diferentes no que atinxe ó grao de normalización social do idioma, polo que o estudoso pode analiza-la evolución do galego neses vinte anos. Por outra parte, procurouse que na mostra dos tres diferentes períodos da escolma (mediados dos 70, década dos 80, primeiros anos dos 90) houbese mostras de informantes de diversas xeracións, para que se aprecie a variedade e a variación. Ás veces, á hora de seleccionarmos material representativo dunha área (e dunha xeración) preferimos gravacións con deficiencias técnicas, pero con calidade lingüística, no canto dun texto mellor gravado pero pobre temática e lingüísticamente.

En segundo lugar, a escolma de textos fíxose atendendo tamén a criterios extralingüísticos, procurando a maior variedade temática posible, non só para facela amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, senón tamén para que un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima (a de onte e a de hoxe) poida tamén utilizar esta breve mostra: os asuntos tratados son tan diversos que coidamos que investigadores alleos á lingua galega tamén poden tirar partido deste material. Da mesma maneita, consideramos que esta escolma pode ser de boa utilidade para os profesionais que usan habitualmente o galego oral, e de xeito especial para os locutores dos medios de comunicación, dobradores e actores, porque a fonética e a entoación que nos textos se escoita é toda ela autenticamente galega.

Francisco Fernández Rei e Carme Hermida Gulías, A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego, 1996



Unha conversa reveladora
Mércores Abril 13th 2011,
Filed under: A lingua falada,A lingua por dentro,Documentos
Comentarios desactivados en Unha conversa reveladora

Conversaron un pouco de cousas intrascendentes. O señor escoitaba entre atento e abstraído as xeneralidades que os seus convidados lle dicían.
-E é a primeira vez que veñen a Santiago, ou?
-Este meu compañeiro si, eu xa viñen outras dúas, pero hai moito tempo, e olvideime dos sitios.
-Home, moito non haberá, que vosté é ben novo aínda. Máis de quince anos non se lle botan.
Crisóstomo quitou a pata como puido.
-Ah, si, é que eu era moi pequeno daquela. Eso é o que quero dicir, que non me acordo porque era moi pequeno, non que o esquecese. E vostede é de aquí?
-Non, eu son de San Martín de Suarna. Dígolle o nome do sitio, anque é moi pequeno, porque vosté ben debe saber del, un pouco máis abaxo da Fonsagrada. Ben lle coñezo na fala que non é de lonxe de alí. O que non lle dou sabido é a parroquia. Debeu viaxar aínda ben, pra ser así novo, que mestura xeitos de falar dus sitios e doutros.
-E logo coñece de onde é a xente en como fala?
Home, claro, neso non hai mérito ningún. A fala vai variando un pouco dus sitios a outros. É cuestión de estudialo e trazar unhas isoglosas no mapa, e xa tá. O que non dou sabido é de onde vén o seu amigo, nin por aproximación. E estráñame moito, que eu deso aínda lles sei ben. É que tamén falou pouco… Se ficera algo máis de gasto na conversa, ó mellor daba…
Fortunato levantouse.
-É que nos temos que ir xa. Señor, moi agracecidos por deixarnos sentar… A ver, compañeiro, paga e vamos.
-Non, non paguen, que os quero convidar eu… Que teñan unha boa viaxe. E de que sitio será este rapaz? Ser é do Leste… A ver, dixo… Pronunciaba ese ele velarizado, tan raro…
Fortunato e Crisóstomo xa camiñaban pola Virxe da Cerca adiante, Fortunato poñía présa.
-Haiche que andar con ben coidado. Falo un pouco máis, e coma quen non quere a cousa, vai el e sácame a situación de Trasmundi por trigonometría lingüística.

Darío Xohán Cabana, Fortunato de Trasmundi, Xerais, 1996