Os pronomes persoais
Xoves Marzo 31st 2011,
Filed under: A lingua por dentro

O tema está que arde e ata se creou no Facebook a PLATAFORMA POLA DIGNIFICACIÓN DO PRONOME ÁTONO.

A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles.

No vídeo ASÍFALO.EU: OS PRONOMES, ilústrasenos, con interesantes exemplos, sobre esta situación e os diversos tipos de falantes en función de como colocan o pronome e propónsenos ademais unha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre…

Pero, mentres non podemos deixar de usar os pronomes persoais, haberá que aprender a usalos ben.

Que vos parece comezar por unhas nocións teóricas básicas sobre o pronome?

Entra en O PERSOAL (Curso de lingua galega de Wikibooks)

EXERCICIOS PARA IMPRIMIR OU FACER NO CADERNO E CORRIXIR NA CLASE:

EXERCICIOS DE PRONOMES en Google docs (non se inclúe corrector)

EXERCICIOS DO PRONOME PERSOAL en Curso de lingua galega – Wikibook (non se inclúe corrector)

EXERCICIOS DO PRONOME PERSOAL en ogalego.eu (permiten autocorrixirse)

EXERCICIOS INTERACTIVOS PARA FACER EN LIÑA:

Exercicio interactivo con pronomes do Dpto. de Lingua e Literatura do IES Otero Pedrayo.