Coma papá
Venres Xaneiro 28th 2011,
Filed under: Videocampaña
Comentarios desactivados en Coma papá

Campaña das bibliotecas finesas para promocionar a lectura:

Fonte: Trafegando ronseis



A hora 11
Xoves Xaneiro 27th 2011,
Filed under: Documentos,Sustentabilidade,Vídeo documental
Comentarios desactivados en A hora 11

The 11th Hour é o título dun documental centrado na difícil situación medioambiental que vivimos. Foi producido e presentado por Leonardo DiCaprio e dirixido por Leila Conners e Nadia Conners.

A TVE emitiuno a semana pasada baixo o título La última hora.

Analizando as causas do problema do quecemento global, The 11th Hour recolle as seguintes declaracións:

“Gástanse 500 mil millóns de dólares en publicidade cada ano. Cando un neno chega á Universidade ou remata os seus estudos e chega ao primeiro ano de Universidade terá visto miles de horas de televisión. De media, catro horas e varios minutos por día. Como resultado, segundo un estudo, poderán identificar mil logotipos corporativos, pero menos de dez plantas e animais nativos da súa propia rexión. Así que non só nos convertimos en consumidores, senón en grandes ignorantes dos termos baixo os cales vivimos na Terra.”

David Orr (Catedrático. Environmental Studies Program. Oberlin College)

“Os estadounidenses están investindo o seu tempo traballando e gastando, é onde vai a maior parte do noso tempo. De media, un estadounidense vai de compras dun xeito ou doutro, cinco veces por semana. Durante o día pasamos a maior parte do tempo traballando para gañar cartos para poder ir mercar. E existe un gran abatemento ao ter que ir ao paso da economía global, ao ter que competir cos demais.

E mentres todo é máis grande, os nosos baños, as nosas casas, os nosos vehículos, as nosas cinturas, acábasenos o tempo. Temos menos das cousas que realmente nos importan.”

Betsy Taylor (Fundadora do Center for the New American Dream)

“En Estados Unidos as persoas están tan illadas pola nosa asombrosa concentración de riqueza. Os estadounidenses gastan máis cartos para coidar os seus xardíns do que a India recauda en impostos federais. O noso presuposto de Defensa, que é unha pequena porcentaxe do Produto Interior Bruto, é superior a toda a economía de Australia. Así que anestesiados pola nosa propia riqueza, esquecemos como vive a maior parte do mundo e, de feito, como se ve a maior parte do mundo..”

Wade Davis (Explorador Residente, National Geographic Society)

Estas declaracións podes escoitalas aproximadamente no minuto 7 do seguinte vídeo:



Comprar, tirar, comprar
Xoves Xaneiro 20th 2011,
Filed under: Sustentabilidade,Vídeo documental
Comentarios desactivados en Comprar, tirar, comprar

Comprar, tirar, comprar from Aprofa on Vimeo.

Comprar, tirar, comprar (2010) é un documental dirixido pola alemá Cosima Dannoritzer que estuda o fenómeno da obsolescencia programada.

Falamos de obsolescencia programada para referirnos ao acurtamento da vida dun produto por parte do fabricante co fin de incrementar as vendas do mesmo, obrigando así ao usuario a comprar un novo produto moito antes do que os avances técnicos permitirían. Este fenómeno prodúcese desde os anos vinte do pasado século.

Este comportamento que dun xeito illado levaría a unha compañía á ruína, está na actualidade dominando o mercado de forma que o usuario acaba convencido de que para seguir a moda é preciso mercar sempre o último. Deste xeito, as persoas convértense en simples consumidoras convencidas de que cada vez precisan posuír máis bens para conseguir a felicidade e son conducidas a unha situación de insatisfacción continua. Porque a obsolescencia programada está intimamente ligada á publicidade que se encarga de manter o desexo social de renovación permanente dos símbolos de identidade e estatus social, é dicir, o consumismo.

Pero o máis perigoso da caducidade permanente é o feito de producir regufallos permanentes que non só non son reciclados, senón que son dispersados aleatoriamente pola natureza, como no caso das chamadas sopas de plásticos nos océanos, ou son enviados impunemente a países asiáticos ou africanos, como o caso de Ghana que aparece recollido neste documental, ben lonxe da vista dos consumidores.

OUTROS DOCUMENTOS DE INTERESE:

Encontro dixital coa directora

Nacidos para morrer antes, artigo de opinión de Xosé Manuel Pereiro publicado o día 15/01/2011

FONTES:

Comprar, tirar, comprar, entrada no blog A profa

Obsolescencia y entropía, entrada sobre o tema na web decrecimiento