Exame ás 10
Domingo Febreiro 28th 2010,
Filed under: Medios de Comunicación,Videocreación
Comentarios desactivados en Exame ás 10

En 1999 Antonio Caeiro realiza cos seus alumnos do taller de vídeo do instituto Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, esta curtametraxe sobre a manipulación dos medios de comunicación, creando unha historia que casualmente cobrou vixencia once días despois da súa estrea, cando dous rapaces de Coloumbine (Denver) a fixeron realidade.

Por outra banda, esta curta foi obxecto de polémica porque na canle de TV Antena 3 acusaron os seus autores de facer apoloxía da violencia.

Exame ás 10 foi galardonado nos certames de Soria, Valencia, Vilagarcia, Viana, Irún e Madrid.



O abandono do rural
Venres Febreiro 26th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en O abandono do rural


ACTIVIDADE

Un ou unha adolescente da túa mesma idade e sexo, habita nunha pequena aldea do Courel na que só viven outras nove persoas. Escribe unha páxina do seu diario describindo un día normal da súa vida.

DOCUMENTOS DE CONSULTA

“Viaxe a Hórreos, unha pequena e “misteriosa” aldea galega abandonada no municipio de Seoane do Caurel”. Artigo publicado nun foro de viaxes en www.cabozo.com, acompañado dunha ampla reportaxe fotográfica da aldea de Hórreos.




Turismo rural
Xoves Febreiro 25th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Turismo rural

PÁXINAS DE CASAS DE TURISMO RURAL EN GALICIA:

Turgalicia

ARTIGOS PUBLICADOS EN XORNAIS E WEBS:

“O turismo rural non achega beneficios ó lugar onde asenta” Publicado en Galicia Hoxe (31/05/2007)



Granxas escola
Mércores Febreiro 24th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en Granxas escola

PÁXINAS DE GRANXAS ESCOLA:

Barreiros. Granxa escola

ARTIGOS PUBLICADOS EN XORNAIS E WEBS:

“A granxa escola El Kiriko promove un xeito de recuperar e aprender a cultura rural” Publicado na web do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)



O horto urbano
Mércores Febreiro 24th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en O horto urbano

PÁXINAS DE INTERESE SOBRE OS MINI HORTOS URBANOS:

Asociación Galega de Horticultura Urbana

Mini Huerto Ecológico

Leopoldo Group Design

ARTIGOS PUBLICADOS EN XORNAIS E WEBS

“Capital Growth” Publicado no blog Mini Huerto Ecológico (11/01/2009) sobre os hortos urbanos en Londres.




A agricultura ecolóxica
Mércores Febreiro 24th 2010,
Filed under: Sustentabilidade
Comentarios desactivados en A agricultura ecolóxica

RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS DESPOIS DE CONSULTAR AS PÁXINAS INDICADAS MÁIS ABAIXO

Que é a agricultura ecolóxica?

Que ten de positivo a agricultura ecolóxica para consumidores e consumidoras?

Que ten de interese para labregos e labregas?

Como afecta a agricultura ecolóxica ao medio ambiente?

Relación entre a agricultura ecolóxica e o desenvolvemento rural.

PÁXINAS DE INTERESE SOBRE AGRICULTURA ECOLÓXICA:

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

Sitio sobre agricultura ecolóxica da Comisión Europea para o desenvolvemento agrícola e rural. (Non ten tradución ao galego, pero si ao portugués)

Fundación Galicia Verde

PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DA AGRICULTURA ECOLÓXICA:

Agroalimentaria do Eume

Horta + Sá. Tenda de agricultura ecolóxica na Coruña

Árbore. Cooperativa de Consumo Consciente

Labregos Daiquí. Sociedade Cooperativa Galega

ARTIGOS PUBLICADOS EN XORNAIS E WEBS

“Recuperación de variedades autóctonas (Agricultores de Pontedeume e Miño propóñense rescatar os tomates e pementos do país seleccionando para iso as mellores sementes de cada froito)” Reportaxe publicada no xornal La Voz de Galicia (22/10/2006)

“Xapón explica en Ourense as claves do seu éxito na agricultura ecolóxica” Artigo publicado en Galiciaé (08/10/2008)

“Levoso convértese na meca galega da ecoagricultura” Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia (09/10/2009)



Contrato que debían asinar as mestras en 1923
Martes Febreiro 23rd 2010,
Filed under: Muller e historia
Comentarios desactivados en Contrato que debían asinar as mestras en 1923

Imaxe do contrato que asinaban as mestras de escola polo ano 1923.
Se premes enriba da imaxe podes vela ampliada. Se voltas a premer aínda se amplía máis.



Algo incrible está esperando a ser descuberto…
Martes Febreiro 23rd 2010,
Filed under: Videocreación
Comentarios desactivados en Algo incrible está esperando a ser descuberto…

Esta curta foi realizada por alumnos e alumnas do IES A Basella de Vilanova de Arousa. Se queredes ver máis curtas dirixidas por Xabier Marqués, profe de inglés en Vilanova e gañador do primeiro premio “Curtas Na Rede” en 2007 pola súa curta “Z”, só tedes que entrar na Canle de Xabier Marqués en YouTube.



Pondal Vs. Gran Purismo
Luns Febreiro 22nd 2010,
Filed under: Opinión
Comentarios desactivados en Pondal Vs. Gran Purismo

Belén Regueira

Artigo de Belén Regueira publicado no xornal A Nosa Terra (14/12/2007)

Con tanta competencia en San Caetano por santifica-lo himno urbi et orbe, a creación de Pondal & Veiga, xa banda sonora habitual de actos solemnes e axiña parte do currículo galescolar, parece condenada a se converter en canción de misa autonómica. Con ou sen playback. Parece equipaxe imprescindible, parte do kit de nación normal: himno, bandeira e selección de fútbol cos que afirmar ou reconstruír a nosa maltreita autoestima tribal.
Tantos anos de furia española predispoñen contra eses símbolos das esencias patrias, pero agora que José Bono recoñece que todas as nacións son un invento, chegou o momento de reivindicar o dereito á autoimaxinación e, máis alá do rito e do incenso, ir á procura doutras cancións emocionantes que nos expliquen quen somos hoxe.

Os buscadores de arreguizos no lombo, emborrachamento sentimental e comuñón colectiva deberían escoitar a pequena gran historia de Galicia que rapea Gran Purismo, isto é, Carlos Abad Garrido, un mozo suízo fillo de galegos. A peza chámase Pardeconde, como o lugar do concello ourensán de Esgos no que este mc fascinado polo barallete pasou os veráns da nenez. Un retrato fachendoso e saudoso da terra na que non viviu, un himno antisolemne que fala das cousas importantes da vida: dos avós mortos e dos amigos da aldea, das bicicletas e das escopetas de balíns, dos domingos de resaca na misa, dos phoskitos como magdalenas proustianas. Pardeconde leva meses soando no bar da comisión de Esgos, e foi o reporteiro da Radio Galega Alberto Rivero quen nola descubriu neste outono de centenarios. Novos tempos, novos bardos. Con ou sen dereito a voto, desde Schaffhausen, Gran Purismo rima “esté en donde esté, eu sei ben de onde. Que carallo. Bop bop, son de Pardeconde”.

Se non podemos renunciar á épica, que sexa desta. Atentos ás súas pantallas esta Noiteboa, que os fillos da diáspora tamén volven polo Nadal.



Ser ou non
Luns Febreiro 22nd 2010,
Filed under: Opinión
Comentarios desactivados en Ser ou non

Artigo de Rosa Aneiros, publicado n’ A Nosa Terra (19/02/2010)

Hai meses, a controvertida pregunta no país galo de qué significa para ti ser francés tivo o seu inevitable eco nos medios de comunicación propios. Ah si? formula Alba. Si, moito se botou a lingua a pacer con respostas complexas que tecían cestos con vimbios procedentes da antropoloxía, da cultura, da psicoloxía ou do marketing para definirmos que é ser galego. E que é?, ri Alba. E eu que sei!, advirto. Porén, ás veces descúbrome ofrecendo respostas sen sabelo. Cando entro nunha tenda, cando escollo un ou outro produto no supermercado, cando vexo unha obra de arte, cando decido a roupa que poño ou onde deposito os meus cartos. A pertenza ao “noso” ten máis de vontade e de empatía ca de designio. Esa é a liberdade que a todos lles esquece cando enarboran a bandeira neoliberal da libre escolla. Non existe liberdade sen coñecemento. Non existe propio sen a vontade de selo. Por iso a cidadanía, convertida en consumidores na sociedade actual, deberiamos exercer o noso dereito de elección con máis contundencia.
Falemos das caixas, de consumo de lácteos ou de téxtil ou mesmo de arte. A partida de nacemento e o domicilio fiscal xa non son determinantes absolutos se non existe unha vontade de formar parte do compartido. Talvez por iso cando Luís Tosar ergue o premio Goya nas súas mans sentimos unha alegría que vén de dentro porque o sabemos de noso. Talvez por iso, optamos por refugar produtos de empresas que teñen de noso o prezo exacto das subvencións que pagamos por medio da Administración que nos representa. Talvez por iso, o verbo ser non sexa tan importante como o de exercer. E velaquí a nosa gran responsabilidade, creo.